martes, 8 de marzo de 2016

O primeiro Maestro Galego na EMAO

Esta tarde puidemos desfrutar na EMAO da visita de unha persoa á que persolmente admiro, coincide que é un bo amigo, e non dos de Facebook, tratase de José Villar.
Este artesán de Silleda é o primeiro Maestro galego que nos visita e ilustra co seu coñecemento, hoxe os alumnos de Superior B pasaron unhas horas aprendendo a facer as súas propias ferramentas para o coiro partindo de materiais máis ou menos domésticos. Nos falou dos seus comezos no mundillo do coiro, nos deu consellos e nos enseñou a coser co punto de guarnición.
Unha moi boa tarde, agradecidos, contentos e con moitas ganas de poñer en práctica moitas cousas.
Personalmente un pracer e un orgullo, MOITAS GRAZAS MAESTRO!!!!!











xoves, 3 de marzo de 2016

Leather hunting in Vigo

Tras a miña ausencia por motivos de saúde estas dúas semanas na Emao, e de que me avisase o meu amigo Isaac de unha gran oportunidade, esta mañá, despois de clase un grupo de valentes nos diriximos a un emblemático lugar na historia "cueristíca" de Vigo, o Taller dos Irmáns Platero.
Por motivos de "loxistica" están valeirando o local, así que nós achegamos ata alí para botarlles unha mán.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes para que vos fagades unha idea do tesouro atopado.
























mércores, 27 de xaneiro de 2016

Presentación de Avel Hispania

Esta tarde, na biblioteca da EMAO, recibimos a visita de José Antonio Ruiz, director comercial de Avel-Saphir-Tarrago, que veu a presentarnos a sua gama de productos para o coiro. puidemos coñecer de primeira mán trucos, consellos, e diferentes metodos de aplicación de cores e acabados para diferentes peles e coiro.




venres, 22 de xaneiro de 2016

Comezamos Monográficos

Esta tarde, ás 18.15 arrancamos unha novidade no Plan de Estudos, os cursos monográficos, e así será, Serígrafia e Debuxo Do Debuxo á Autoedición, escultura e Talla en Madeira Gravado en relevo: xilografía, e nós, Artesanía en Coiro, Tallado e pulido por capas (laminado en coiro). teredes cumprida información sobre o que vamos facendo neste blog. 


Aquí vos deixamos alguns traballos que con esta ténica se realizaron neste curso







xoves, 7 de xaneiro de 2016

Monográficos 2016

Unha das actividades que se comtemplan no novo plan de Estudos que este curso se está a implantar na EMAO, é a posibilidade de realización de cursos monográficos, e este trimestre imos arrancos cos primeiros, as especialidades de Debuxo e Serigrafía por unha banda e Artesanía en Coiro por outra banda.
Na nosa especialidade imos desenvolver un curso no que faremos unha introducción á técnica do tallado e pulido por capas, tamén coñecido como Laminado en Coiro ou Xoiería en Coiro, na nosa Escola levamos xa uns anos realizando pezas con esta técnica que conta hoxe en día un gran pulo.
Aquí vos deixo o cartaz da convocatoria e algunhas pezas que con esta ténica realizamos durante o que vai de curso.


Alex Sup A

Verónica Sup-A

Sandra Sup A


Sonia P2A