Unha das actividades que se comtemplan no novo plan de Estudos que este curso se está a implantar na EMAO, é a posibilidade de realización de cursos monográficos, e este trimestre imos arrancos cos primeiros, as especialidades de Debuxo e Serigrafía por unha banda e Artesanía en Coiro por outra banda.
Na nosa especialidade imos desenvolver un curso no que faremos unha introducción á técnica do tallado e pulido por capas, tamén coñecido como Laminado en Coiro ou Xoiería en Coiro, na nosa Escola levamos xa uns anos realizando pezas con esta técnica que conta hoxe en día un gran pulo.
Aquí vos deixo o cartaz da convocatoria e algunhas pezas que con esta ténica realizamos durante o que vai de curso.
|
Alex Sup A |
|
Verónica Sup-A |
|
Sandra Sup A |
|
Sonia P2A |
Ningún comentario:
Publicar un comentario