domingo, 12 de febreiro de 2017

EMAO, ano impar

Pois si, 2017 é impar, estamos en Febreiro e xa se está a convertir nunha tradición na nosa Escola, en 2013 coa exposición "100x100 Coiro", en 2015 con "Coiro...ainda que non o pareza" e a partir do 23 de Febreiro..... SORPRESA, polo de agora non podemos adiantar o título, pero si o contido, Coiro, moito Coiro.
Así que xa sabedes ide reservando un oco nas vosas axendas para que o Xoves 23 de Febreiro empecemos por todo o alto.
Estade atentos a este blog e o da Biblioteca para obter máis información, polo de agora soamente podemos dicir que os participantes nesta edición proceden de case catro continentes, temos un montón de actividades programadas e un montón de xente importante que nos vai vir a visitar...

Contamos contigo

Ningún comentario:

Publicar un comentario