Esta pasada fin de semana tivo lugar na vila francesa de Firminy o ELWATS 2015 (European Leather Workers and Artists Trade Show), o primeiro encontro europeo de Artistas e Artesáns do Coiro. Os leather trade shows son un evento que se celebra cunha periodicidade anual normalmente,e estan organizados polos coñecidos como Leather Guilds e se distribuen durante o ano en datas concretas nas diferentes zonas xeográficas dos Leather Guilds, é ben coñecido o de Sheridan Wyoming no mes de maio, tamén coñecido coma o Rocky Mountain Leather Show.
En estes eventos se combinan actividades formativas, coa actividade comercial e as divulgativas. Neste caso, en Firminy, as parte formativa con obradoiros impartidos por artesáns da talla de Chris Slickbald Andre, Michael Dale, Chan Geer, Kathy Flanagan, Yves Lesire, Lisa Sorrel, Serge Volken ou Bob Beard entre outros. foi unha oportunidade moi interesante para aprender ténicas e métodos de traballo dos mestres. Cada un de eles compartíu o seu coñecemento e as súas destrezas nas diversas técnicas, procesos de elaboración o incluso do deseño.
A parte comercial reultou moi interesante, xa que o visitante pode tratar directamente con distribuidores e incluso fabricantes, comprar, coñecer os produtos e incluso aclarar dubidas ou pedir consellos, cousa que no caso dos fabricantes ás veces e moi produtivo. Tandy Leather, Fiebing, Barry King, Bob Beard, Leather Crafteres & Saddlers Journal, Jeremiah Watt, Ron Tools, Osborne, Curtisur, Logis de Cords.....
Na parte divulgativa, te podías cruzar cos Mestres dos obradoiros, e tamén cos alumnos, que sempre estaban dispostos a intercambiar impresións, orientar, aconsellar o para tomar un cafe e falar, este quizais é un dos puntos fortes de este evento pola miña experiencia en concreto, xa que tiven a oportunidade de coñecer a moita xente á que admiro e das que segues o seu traballo, que sempre estaban dispostos a pararse un rato a charlar ou o que xurda....
Penso que os eventos de este tipo sempre son enriquecedores, temos unha referencia cercana que son as Xornadas dos oficios do Coiro de Allariz, que non lle teñen nada que envexar en calidade, traballo ou organización. E que sen dubida, co tempo iran crecendo e superandose....
Aquí vos deixo algunhas fotos, e xa sabedes, para o ano que ven apuntadevos......
|
Barry King e a súa esposa no seu posto |
|
O Stand de Fiebings |
|
Con Yves Lesire |
|
O noso Amigo Leder Louis co seu Stiching Pony |
|
Lien Deradaet no stand de Tandy Leather |
|
Peza de Jim Linnell Exposta |
|
Detalle da peza de Linnell |
|
Stand de C.S. Osborne |
|
Peza exposta de Bob Beard |
|
Peza Histórica exposta de Serge Volken |
|
Stand de Logis de Cord |
|
Parte do Stand de Herman Oak |
|
Parte do Stand de Ledermarcher |
|
Parte do Stand de Leather Machine Company |
|
Alf acudiu a Firminy dende Suecia |
|
Con Serge Volken |
|
Le Firmament, o lugar onde se celebrou o evento |
|
Con Chris Slickbald |
|
Coleen Watt |
|
Panorámica do interior |
|
Panorámica do interior |
Que maravilla profe!!! Me hubiera gustado estar ahí! La pieza que más me ha gustado es de Serge Volken! Y tu cara de felicidad ☺
ResponderEliminar