Por parte do noso obradoiro serán 22 os alumnos que recibirán este recoñecemento, 22 leznas (e o escribo así para diferencialas da subela...) alá por outubro de 2011 foron 36 os que comezaron en dous grupos, e 18 son os que chegaron, (xa que os outros catro proveñen do ano aterior e se incorporaron o curso pasado a estes dous grupos), os outros 18 foron quedando polo camiño, uns porque atoparon traballo, outros porque non o atopaban, outros porque non o vían claro... mañán os botaremos en falta a todos, pero sobre todo a un, que sabía o que era levar trenzas, Luís, tamén haberá unha lezna para ti...
Estes tres anos foron sen dúbida de aprendizaxe, pero tamén de risas, de traballo, de experimentos e de xogos, e o único que espero é que serviran para facerlles ver a 22 alumnos que o traballo do coiro é algo diferente a unha manualidade, un entretemento ou un hobbi. Espero que vos derades conta de que o que fixemos forma parte dun Oficio con miles de anos de dedicación e que o principio cada unha das persoas que iba descubrindo o coiro descubría que este material era algo máis que un simple anaco de pel morta dun animal.... era un anaco de coiro e como puidestes descubrir durante estes tres anos, O COIRO É MÁXICO
Moitas Grazas, Rosi, Marcos, Consuelo, Rosa, Balbina, Carmen, Marina, Vane, Lourdes, Esperanza, Ana, Celso, Ania, Loly, Alex, David, Miriam, Sebastian, Raquel, Mariña, Luisa e Rafa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario