Grazas, moitas grazas, infinitas grazas, sempre dicía un admirado amigo.
Pois ben, o pasado mércores pola mañán recibimos na Emao a visita de dous GRANDES amigos, que ademáis son GRANDES artesáns, Franklin Pereira e Ana Caldas, a súa visita foi para disfrutar dunha visita guiada por Eduardo Alvarez, mestre de Ourivería, á exposición "Ángel Mareque e a creación do obradoiro de Ourivería da Escola Municipal de Artes e Oficio". Sen dubida unha visita guiada co mellor anfitrión.
O Mércores pola tarde acompañaronnos a GUIMARAES, onde eles nos guiaron na súa exposición "Pele com Pele, Transfiguración e Transformación" unha viaxe polos couros dourados ibéricos, e o GUADAMECÍ. Despois completamos a visita coñecendo a Zona de Couros, onde esta cidade lusa acadou gran importancia pola súa industria do curtido.
O xoves pola mñán un grupo de alumnos de Iniciación das mañáns repetimos a viaxe, esta vez coa soa guia do mestre, pero ainda así repetimos a ruta e as palabras de Franklin para poder ilustrar a viaxe.
Como xa dixen Grazas a todos, especialmente a Franklin e a Ana
Ningún comentario:
Publicar un comentario