venres, 31 de maio de 2013

Sheridan xa ten Emperatriz.

Despois de un tempo con este blog algo paradiño retomamos o traballo nesta data tan especial.
Imos por partes...
Do pasado 17 ó 19 de maio tivo lugar en Sheridan (Wyoming, USA) o "19 Rocky Mountain Leather  Trade Show 2013" a que quizais sexa o encontró máis importante de provedores, artesáns e público en xeral. Estes días se celebran cursos, conferencias, presentacións, e se realiza o "World Leather Debut", que por así dicilo sería o concurso máis importante do noso oficio. O resultado final do concurso foi o seguinte:

The Leather Crafters & Saddlers Journal
Con motivo de este evento ten lugar tamén a entrega do Premio Anual "Al Stohlman Award ", en esta edición a gañadora foi Akiko Okada, una xaponesa de Kanagawa (cerca de Tokio, Xapón), que é una experta no Labrado Tipo Sheridan, do que impartiu cursos por todo o mundo, sobre todo nos EUA. Dende aquí ¡¡Noraboa Akiko!!
The Leather Crafters & Saddlers Journal

Ningún comentario:

Publicar un comentario