mércores, 9 de xaneiro de 2013

Historia

O vindeiro venres os alumnos de Perfeccionamento 2 ás catro da tarde comezarán a clase complementaria de Historia do Traballo do Coiro. Esta actividade forma parte do Plan de Normalización Curricular da nosa Escola e dende a nosa clase coñeceremos a importancia do coiro no desenvolvemento da historia da humanidade, baixo o punto de vista da estetica e a utilidade.
O coiro é algo máis que unha materia prima, serviu como abrigo, protección, material para fabricar ferramentas, armas e tamen como soporte para pezas de arte coma os guademecíes.
Noni Duarte 2011
Así pois este trimestre vira cargado de feitos históricos nos que o coiro tivo unha gran relevancia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario