Copio e pego o post que o Director da Escola colgou no blog da Biblioteca compartindo as súas verbas.
Nelson Villalobos, ¡ata sempre!
Vaise. Sempre o dixo: o meu paso pola Escola de Artes e Oficios é temporal; quero ensinar, comunicar o que sei, transmitir a miña experiencia, compartir co alumnado, durante un tempo, unha vivencia de coñecemento e creación en común. Correspóndeme devolver á sociedade, deste xeito, unha parte do que a sociedade me deu. Pero o seu tempo é para a creación libre (como él). Non quixemos crélo, non desexabamos crélo. Pero Nelson é dos que cumpren, e acaba de anunciarnos que deixa xa a docencia na EMAO para adicar todos os seus esforzos e tempo á creación artística, ao seu obradoiro, aos seus proxectos editoriais, a todo iso esencial que se volvera incompatible coas esixencias dun centro educativo. ¿Deixar un traballo seguro en plena crise?... pero ¿hai pior crise que a de non facer o que un desexa esencial e fondamente?... e iso sábeo ben este cubano vigués que encandilou ao alumnado do seu obradoiro na Escola nos últimos catro cursos cos segredos da súa paixón pola arte e o traballo ben feito, sen gardarse nada, como fan as persoas sabias. Botarei de menos a súa presencia na Escola, a súa aportación ao obxectivo de abrila ao que ocorre no mundo exterior. Pero non botarei de menos as longas e pausadas paroladas con el: esas continuarán, sen a pesada carga de exercer de director cando un o que desexa, neses momentos, é ser amigo. E queda agora no vello caserón de García Barbón o soave arrecendo que deixa o Caribe nas areas desa Cuba que amamos, e que ti tamén nos trouxeches sen a penas nomeala. Déixame rematar co poema de Alexandre O´Neill que me veu á cabeza cando me comunicaches a túa firme decisión que, con toda a mágoa da conciencia da perda que a túa marcha supoñía para a Escola, comprendín de inmediato:Perfilados de medo, agradecemos o medo que nos salva da loucura.
Decisão e coragem valem menos e a vida sem viver é mais segura.
Aventureiros já sem aventura,
perfilados de medo combatemos irónicos fantasmas à procura do que não fomos, do que não seremos. Perfilados de medo, sem mais voz, o coração nos dentes oprimido, os loucos, os fantasmas somos nós. Rebanho pelo medo perseguido, já vivemos tão juntos e tão sós que da vida perdemos o sentido…
Sorte Nelson! Grazas e ata sempre!
Rafael Ojea Pérez Director en funcións da EMAO Permíteme o atrevemento de encabezar esta despedida con ese retrato teu que fixemos onte no meu despacho (compartindo esa común afección á fotografía), aproveitando esa luz tenue que cada día entra polas ventás da rúa Pontevedra para lembrarnos o compromiso que temos de reencontranos con esta cidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario