Está a punto de nacer en Pontevedra un novo espazoadicado á arte e a artesanía, o seu nome "A Formiga no Carreiro", se trata de un espazo diferente, unha tenda colaborativa, é dicir, un espacio compartido por autores corto e pego a información que me envian por si vos interesa... Moito ánimo e sorte para que este proxecto saia adiante.
Para máis info: aformigatenda@gmail.com
TENDA COLABORATIVA, QUE É
A idea de tenda colaborativa é un concepto innovador con moitas ventaxas para os
artistas e artesáns que queren vivir da súa arte. O/ a autor/a ten a oportunidade de
vender os seus productos co prezo real, que o/a artista elixe, pagando tan só un aluguer
mensual por ocupar o espazo que elixa da tenda,. Todas as vendas das pezas de cada
artista serán directamente para eles/as a tenda que ofrece o seu espazo non recibe
ningumha porcentaxe das vendas.
Este tipo de tendas atópanse con frecuencia en varios países de Europa e incluso no Brasil
onde tenhen tanto éxito que até contan con listas de espera para os artesáns que queren
ocupar os seus espazos nestas tendas,.
ONDE E CANDO?
da Facultade de Belas Artes,.
A apertura está prevista para a primeira semana de agosto.
“A FORMIGA NO CARREIRO”
Pretende ser un espazo onde destaque a artesanía e a arte en xeral, un lugar onde cada
persoa que entre poida atopar pezas únicas e orixinais. Dar umha oportunidade a novos
artistas que intentan vivir da súa arte. A tenda componse de estanterias divididas en
módulos de diferentes tamanhos onde cada colaborador/a elixe o espazo que desexa
ocupar coas suas pezas,, tamén se ofrece a posibilidade de ocupar o escaparate,, un
percheiro ideal para desenhadores de moda, ou umha parede que vai estar dedicada a
exposicións temporais.
Os artistas son os responsabeis de levar as suas pezas persoalmente á tenda ou de facer
os envios por correo. A tenda será un escaparate das obras e difundirá estas a través de
internet, facebook, blog, e publicidade por distintos puntos da cidade.
O 100% das vendas será beneficio dos/as artistas, e só terán que pagar o aluguer de
espazo na primeira semana de cada mes en persoa ou por transferencia bancaria.
O contrato celebrado entre as duas partes ten duración de dous meses, permitindo que as
obras tenhan un tempo razoábel para ter a oportunidade de vender,. Polo tanto cada
dous meses os/as artistas deciden se queren continuar colaborando na tenda ou non, ou
se por outra banda prefiren deixar o aluguer por un tempo e continuar máis adiante.
Outra idea que se pretende levar a cabo na tenda é a de organizar distintos obradoiros
impartidos pol@s artistas que o desexen sobre os diferentes tipos de artesanía que eles
elixan. Cada autor pode programar os seus obradoiros cumha duración de dous meses ao
igual que o aluguer dos espazos. Umha vez que se concrete como vai ser o obradoiro a
impartir, terá a máxima difusión para intentar crear un grupo amplio de alumn@s
Neste caso a persoa que imparte o obradoiro é responsábel de incluir o material necesario
para as clases. A tenda cobra un porcentaxe do 40% sobre os ingresos de cada obradoiro
e a persoa que imparte as clases terá un beneficio do 60%.
Esta actividade non é obrigatoria para as persoas que deciden alugar o espazo, é
simplemente umha proposta máis co fin de aproveitar o espazo da tenda e de ter umha
oportunidade máis de divulgar o traballo de cada artista.
EXPOSICIÓNS
A tenda terá un espazo dedicado ás exposicións que queiran realizar @s artistas.
Serán exposicións temporais con duración dun mes, e intentarase dar a máxima
difusión para que sexan visitadas polo máximo posíbel de xente.
O espazo para exponher é umha parede da tenda con tanza e ganchos para
pendurar as obras de pintura, ilustración, fotografía, etc ainda que tamén hai espazo
suficiente para realizar outro tipo de exposicións por exemplo de escultura.
A tenda non cobra nada por deixar o espazo, o único que se pide é que @s artistas
corran cos gastos da inauguración (pinchos, bebidas, etc) e tamén que asuman os
gastos de cartazes, folletos etc. que farán a publicidade da exposición.
ESPAZOS DISPONHIBEIS
-Duas estanterias divididas en módulos de diferentes tamanhos.
-Umha parede para exponher ilustración, fotografía, pintura...etc con ganchos pendurados
por tanza
-Percheiro ideal para desenhadores/as de moda
-Dous espazos no escaparate
-Espazo para realizar obradoiros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario