mércores, 9 de outubro de 2013

Xogando co Coiro

Hai algún tempo que coñecín a un Mestre do Coiro e cando lle pedín un consello para os meus alumnos me dixo que xogasen co coiro e que divertidose aprenderían máis... así que estes días os alumnos de P2 xogaron cuns retallos de coiro e auga, espero que vos guste o resultado.
"Elefante" Luisa P2B

"Home sentado en cadeira psicodélica diante
do lume" Loly P2B

"Mini eleffante Hindú" Alex P2B

Alguns dos traballos realizados na clase


"Dinisaurio" Vanesa P2A

Anacos  de coiro "molecularmente alterado"

"Pseudo Flor"

xoves, 26 de setembro de 2013

¡¡¡¡Parabens!!!!

Tal día coma hoxe, hai soamente 127 anos, se inauguraba o Primeiro curso da nosa Escola, así que Parabens, e que o sigamos celebrando 127 anos máis.

martes, 17 de setembro de 2013

Catro Esquinas

Estes meses de parón serviron para redistribuir o espazo da aula. Aquí podedes ver as catro esquiniñas da nosa aula...




mércores, 11 de setembro de 2013

A Lotería

Está mañán ás 9.30 no salón de actos da Escola tivo lugar o sorteo para sabr por que letra van a comezar a ser chamados os alumnos preinscritos para este curso nas especialidades da Emao. Os "afortunados" para a nosa especialidade son aqueles cun apelido que comece a partir das letra GL.

venres, 6 de setembro de 2013

A man de Fátima en mans de Alba


Despois de falar no mes de xullo varias veces sobre ideas para traballos en común entre os talleres de Serigrafia Artisitica e Artesania en Coiro, Alba Pardo, a mestra de serigrafía e máis eu  decidimos deixar para setembro algunhas probas, e acabamos de realizar a primeira no tórculo, esperamos que vos guste. 

luns, 2 de setembro de 2013

A volta ó Cole

Xa comezou o mes de setembro, ainda que o mestre non se incorporará ó seu posto ata o vindeiro mércores, pouco a pouco imos volvendo á rutina. Así que nesta pequena entrada me gustaría lembrar que ata o vindeiro dia 6 de setembro está aberto o plazo de preinscripción da nosa Escola para o vindeiro curso 2013-14, e que dende hoxe o podedes facer online ou de maneira presencial. Pincha aqui para obter máis información Compartídeo