venres, 17 de xaneiro de 2014

Entrevista a Rafael Varo Atalaya

 Para Romper a parentese das vacacións volvemos á normalidade da mán dun dos Maestros  que conservan e manteñen unha parte do oficio que sen dubida representa un fito na Historia da Arte en Coiro os guadamecíes, tradicionais da cultura da súa cidade, Córdoba. Rafael Varo Atalaya a quen dende Vigo lle envíamos unha aperta e unha Mensaxe, "Esperamoste"

-¿Como empezaches no coiro?
O meu comezo no coiro foi un pouco casual, estaba a estudar "deseño publicitario" pero dedicarme á publicidade non me seducía.
-¿Como descubriches o nobre material?
Me pasaron uns retallos de coiro e empecei a facer cousiñas e engánchoume... logo metinme na especialidade de "Coiros Artísticos" e dende entón non parei case 30 anos e fixen de todo.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
 Isto é difícil de explicar... algo ten que engancha.
                                                   -¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Coraza Romana Anatómica
Hai moitas técnicas que me gustan, das tradicionais os guadamecíes, o que pasa é que estou continuamente inventando novas técnicas máis orixinais e persoais que englobo en "pintura sobre coiro" e son estás novas técnicas as miñas favoritas.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Pintura sobre Coiro
Un mural tridimensional de grandes dimensións.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que hai que investigar e aprender de todo canto vexas pero sendo orixinal.
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
 As mellores ferramentas son aquelas que un se fabrica dependendo das necesidades do momento, burís, mateadores, recanteadores...
Máis info sobre Rafael e o seu Traballo en (http://www.cuerosghadames.com/)





















Cordoban Tridimensional

Ningún comentario:

Publicar un comentario