luns, 21 de marzo de 2011

O coiro en Terras de Pontevedra

Fachada lateral da Fábrica de Curtidos.

Nas últimas semanas e grazas a unha alumna de Iniciación, descubrimos unha Fábrica de Curtidos no Concello de Ponte Caldelas. A Fábrica de Curtidos  Arruty empezou a traballar hai uns 150 anos e xunto con outras dúas foi un motor importante para a economia do municipio. Esta curtidoira debeu ter unha gran importancia xa que conta cuns 30 caleiros de gran tamaño, un gran muiño para a cortiza, do que se extraerían as substancias curtintes, e unha prensa para escurrir os coiros totalmente feita de madeira. Na segunda planta conta co secadoiro un balcón para secar os coiros ó sol.





Muiño da Cortiza.
O que máis chamou a miña atención é que normalmente as curtidoiras estaban situadas a corón dos rios, pero neste caso non é así, a auga provén dunha mina que pasa por baixo do edificio principal. Atopei tamén as ferramentas que se empregaban no traballo, nun estado moi bo, tendo en conta que esta fábrica pechou despois da Guerra Civil. A verdade é que este achado me sorprendeu totalmente, xa que somos moitos os que pasamos bastantes veces por diante desta casa e nunca pensamos o que podía haber alí dentro.

Quero dende aquí darlle as grazas á familia propietaria da curtidoira pola visita guiada que me fixeron e as facilidades que me deron para visitala. 

Retrato do Señor Arruty.

O venres 18, pola tarde  os alumnos de Perfeccionamento II fixemos unha visita á cidade de Pontevedra, non para ir as festas de Campolongo, senon para visitar o Museo de Pontevedra.
Tamen levei unha gran sorpresa, e como pontevedrés teño que darme un tirón de orellas, xa que con todos os anos que levo vivindo en Pontevedra, e o tempo que traballei para o concello guiando visitas do Roteiro Castelao (unha parte da visita era por dentro do museo), nunca me parara a observar as pezas de coiro que forman parte desta colección. Foi grazas a María Jesús (responsable da bliblioteca da EMAO) que me achegou o nome dun articulo do portugués Franklyn Pereira "As cadeiras em Couro Lavrado e os Guadamecís do museo de Pontevedra". Investigamos un pouco e fixemos a visita para completar a asignatura de "Historia do Traballo do Coiro"
Alí pudemos ver o in situ o que é un guadamecí é diferenciar os diferentes tipos de labrado do coiro. Dende aquí queremos agradecer tamén o Museo de Pontevedra e a nosa guia as atencións prestadas.



2 comentarios:

  1. Me gustaria visitar esta curtiduria ¿Es posible?

    ResponderEliminar
  2. Boas tardes:
    Escribolles dende Bordons- Sanxenxo. Represento a unha Asociación Cultural, chamada "Asociacion cultural San Pedro de Bordons".
    O noso obxetivo e buscar Artesáns para a nosa II Festa Labrega que se celebrará o próximo dia 20 de Agosto.
    Aproveitando o tirón do turismo na nosa vila (Sanxenxo) e o bonito do centro da nosa Parroquia (Bordons), gustarianos que tralo grande éxito que tivemos o ano pasado na nosa primeira edicion, esta segunda edición sexa mellor e mais concurrida.
    E polo que, lles pedimos que si algún artesán da sua Asociación estivese interesado e participar na nosa Festa, estaríamos encantados de recibilo.
    Calquer dúbida ou cuestión poden poñerse en contacto polas seguintes vias:
    asociacionculturalbordons@gmail.com
    659 59 95 57

    ResponderEliminar