As Pezas Gañadoras do certame. http://www.oficioyarte.info/ |
Recentemente a Diputación de A Coruña fixo públicos os gañadores do VIII Premios Antonio Fraguas Fraguas de artesanía. Os gañadores foron os pontevedreses Elena Ferro Lamela e Miguel Sánchez Iglesias nas categorías de Artesanía Contemporanea e Artesanía Tradicional respectivamente.
Elena Ferro, que é o caso que coñezo pertence a unha saga de artesans vinculados ó mundo do coiro, os zoqueiros. O traballo de Elena e un traballo que todos coñecemos, xa que nas numerosas feiras que hai na nosa terra é moi fácil de atopar o seu posto, e como ela di nunha recente entrevista non se pode vivir soamente dos zocos, e ten que elaborar tamen pezas de marroquinería e bixutería. Nesta mesma entravista no Diario de Poentevedra Elena dí que o reto que ten agora é traballar o Coiro nun torno para elaborar pezas decorativas como si de madeira se tratase. ¿Posible? ¿Imposible?
Mazos de Coiro da EMAO versión 1.0 |
Posible, na EMAO levamos un tempo intentando facelo, e xa temos algún resultado. coa colaboración de Carlos Corral, profesor de CAIM- Gaita, o que tanto lle dou a brasa, a finais de setembro elaboramos a primeira versión galega dos leather mauls americanos. A pimeira proba que xa estamos a mellorar foi elaborada con diferentes coiros de vaca, e hai algun que xa está desbotado porque dificulta bastante o traballo.
Outra opción moi pouco coñecida e que aporta moitas opción para a decoración de pezas é o "engastado" do coiro, parte de cor amarela. Pode ser considerada como a versión da talla en madeira aplicada ó Coiro. O unico segredo está en como unir as pezas para facer un bloque.
Visita http://www.selim.es/ e no apartado Bestiario observa os detalles das pezas, ¿de que material esta feito todo?
´Considero incrible os detalles da Tarataruga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario