Amosando publicacións coa etiqueta Maestros do Coiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Maestros do Coiro. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de marzo de 2017

CONVOCATORIA. Artesanía en Coiro: actividades complementarias exposición #handmadenothomemade

ARTESANÍA EN COIRO 

CLASES MAXISTRAIS, CONFERENCIA E DEMOSTRACIÓN
COMPRÓBESE se o acceso é libre ou por inscrición

Dentro da programación formativa e divulgativa complementaria da Exposición #handmadenothomemade Coiro: cor e volume --que se mostra no Espazo EMAO ata o 7 de abril-, o Obradoiro de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), --unha vez rematados os encontros con Jim Linnell- oferta o seguinte

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
(todas se realizarán, nos días e horas indicados, na sala de Hemeroteca da EMAO, agás a do día 7 de abril)

* Venres 17 de marzo. 18:15  horas
Clase maxistral: Trenzas Trucos e Botóns
Impartida por: Isaac Romero Esteras  (Vigo) e José Bértolo Pichel (Vigo).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade
Prazas limitadas
Estes dous artesáns de longa traxectoria no mundo do Coiro, van amosar como traballan o coiro para realizar a tira para trenzar, realizar diferentes trenzados planos e cilíndricos, botón e tamén nos darán trucos e consellos para realizar o bruñido e acabado da peza.

Venres 24 de marzo. 18:15  horas
Clase maxistral: Aplicación do Guadamecil Contemporáneo 
Impartida por: Nelson Gómez Callejas (Colombia).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidade
Prazas limitadas
A técnica adquire con Nelson unha fasquía especial: a cor, o xeito de aplicalo, os productos empregados.  Ademais dunha introdución histórica faranos comprender a obra do mestre, pai do Guadamecil Contemporáneo que, sen dúbida, non só nos aprenderá a traballar o Coiro senon que tamén nos amosará  como transformar en arte o que levamos dentro.
Luns 27 de marzo-16:30 horas 
Clase maxistral: Moldeado básico e con area 
Impartida por: José Villar (Silleda).
Destinatarios: público en xeral (previa inscrición) e alumnado da especialidadePrazas limitadas
Cunha traxectoria envidiable, de experimentación e formación, José faranos una introdución rápida á técnica do moldeado sobre molde e, para avanzar, explicará unha técnica tradicional de moldeado con area quente, que ten a peculiaridade de que, ademais de dar forma, endurece o coiro. Na exposición podemos apreciar varias técnicas realizadas con esta técnica.
Mércores 29 de marzo 18:00 horas
Conferencia: Coiro Tridimensional dende o século V a. de C.
Impartida por: Franklin Pereira (Portugal).
Destinatarios: público en xeral, entrada libre ata completar afor
Profesor visítanos para amosarnos parte do seu traballo realizado durante anos: investigar e divulgar o traballo do Coiro, as suas técnicas e as diferentes formas de traballalo en todo o mundo; nesta ocasión  facilitaranos a comprensión da evolución das técnicas de volume no coiro e a tipoloxia de pezas.
Venres 7 de Abril 17.00 horas 
Demostración : Así se traballa o Coiro na EMAO
A cargo de: Alumnado actual e que rematou os seus estudos de coiro na EMAO 
Destinatarios: Entrada libre ata completar o aforo
Lugar: Espazo EMAO (Sala de exposicións)
Como xa fixemos na pasada exposición Coiro… aínda que non o pareza, para a clausura temos preparada unha macrodemostración, baixaremos as mesas da clase e en cada unha farase unha demostración de cada unha das técnicas que se ensinan na nosa especialidade, coa novidade de que estas faranas íntegramente  alumnado actual e e antigo da Escola.

IMPORTANTE PARA A INSCRICIÓN

Para solicitar a inscrición nestas actividades deberá enviarse un correo electrónico a emao@vigo.org coas características que se detallan:

* Clase maxistral de Isaac Romero e José Bértolo:
Indicar no Asunto: “Trenzas trucos e botóns”
No corpo da mensaxe  indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data límite inscrición: xoves 16 de marzo ás 14.00

* Clase maxistral de Nelson Gómez Callejas :
Indicar no Asunto:  “Guadamecil contemporaneo”
No corpo da mensaxe  indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data Límite: Mércores 22 de Marzo ás 14.00

*Clase maxistral de José Villar:
Indicar no Asunto:  “Moldeado básico e con area”
No corpo da mensaxe  indicaranse nome e apelidos do/a solicitante
Data Límite: Xoves 23 de Marzo ás 14.00

A admisión, ata completar as 40 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado.
relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade de Artesanía en coiro
Enviarase ás persoas admitidas un correo electrónico de confirmación.

martes, 8 de marzo de 2016

O primeiro Maestro Galego na EMAO

Esta tarde puidemos desfrutar na EMAO da visita de unha persoa á que persolmente admiro, coincide que é un bo amigo, e non dos de Facebook, tratase de José Villar.
Este artesán de Silleda é o primeiro Maestro galego que nos visita e ilustra co seu coñecemento, hoxe os alumnos de Superior B pasaron unhas horas aprendendo a facer as súas propias ferramentas para o coiro partindo de materiais máis ou menos domésticos. Nos falou dos seus comezos no mundillo do coiro, nos deu consellos e nos enseñou a coser co punto de guarnición.
Unha moi boa tarde, agradecidos, contentos e con moitas ganas de poñer en práctica moitas cousas.
Personalmente un pracer e un orgullo, MOITAS GRAZAS MAESTRO!!!!!











sábado, 21 de febreiro de 2015

Un anaquiño de historia

Podo dicir moi cheo de razón que onte e hoxe foron dous días especiais para mín...
Se o xoves mentres estaba a facer unha visita na exposición recibín unha visita dunha peza fundamental da nosa Escola e da nosa Especialidade, e me agradou moitísimo, hoxe venres podo presumir de ter pasado o día con un mestre do coiro. Alguén que desenvolveu unha técnica decorativa propia, alguén que desfruta do que fai dende o primeiro momentoata cando explica como se fai
Hoxe recibimos a Enric Ferrer,un artesán de Igualada(Barcelona), unha gran persoa á que tiven a oportunidade de coñecer hai dous anos grazas a un amigo común, Julián Sañudo. E agora con motivo do campionato de España de natación en categoria Master que estes días se está a celebrar en Pontevedra  no que está a participar.
Enric esta tarde lle explicou ós asistentes á hemeroteca como se desenvolveu a sua técnica de bordado en tireta de coiro, como o elabora e algunhas mostras do seu traballo.
Por último nos explicou como se desenvolveu un dos seus traballos e dos que está máis orgulloso, a elaboración a partir duns documentos atopados dun estandarte deseñado por Gaudí para o concello de Reus, e que na actualidade está exposto na Sagrada Familia de Barcelona...
Por último os asistentes lle cantaron a Enric o "Cumpleaños Feliz" xa que hoxe cumpliu 81 anos.... Parabéns Enric e moitas grazas


























martes, 22 de xullo de 2014

Semana dos Oficios do Coiro

Por segundo ano consecutivo, na vila ourensana de Allariz, os nosos amigos Ernesto e Miriam poñen en marcha ó longo de esta semana no Museo do Coiro de Alllariz a Segunda Mostra dos oficios do Coiro.

 Esta iniciativa é moi interesante, xa que contén propostas moi variadas e como xa sabedes este tipo de eventos do noso oficio son prácticamente inexistentes...
Por unha banda, ata o día 30 de Agosto no patio do museo podemos desfrutar da Exposición "Pele com Pele, Tranfiguración, Transcendencia" que visitamos en Guimaraes, na que ademáis aparecen novas pezas dos seus autores Franklin Pereira  e Ana Caldas.
Hoxe día 22 comeza o Obradoiro de creación artística impartido por Nelson Gómez Callejas, no que explicará o proceso creativo da técnica do Guadamecil Contemporáneo.
E a fin de semana, terá lugar a Mostra dos oficios do Coiro, no que haberá Taller, ferramentas, libros, pezas.... o sábado pola noite terá lugar un concerto de sitar de Franklin Pereira....
Merece a pena pasar



luns, 17 de febreiro de 2014

A visita da Semana

O pasado martes 11 ó mediodia chegou á Escola o Mestre Artesán Louis Landwehr. Louis, representa a unha xeración de traballadores do coiro que non só o traballan, senon que o aman e o sinten... O Movemento
Louis está de vacacións en España, e comezou o seu tour o pasado sábado dende a súa casa en Hombrechtikon e o domingo pola noite chegou a Oviedo, Louise vai recorrer España coñecendo ós seus amigos de Facebook, e a nos nos visitou grazas a que o noso amigo Julian Sañudo lle falou moi ben de nós.
Luis estivo con nós ata o xoves e a pesar de estar de vacacións non parou de traballar nin un so momento, os alumnos de Perfeccionamento 1 aprenderon a coser con fío de xeito reforzado empregando un pony de costura o martes pola tarde. 
O mercores pola mañan visitou as cadeiras de coiro labrado e os guadamecís do Museo de Pontevedra, e a primeira hora da tarde me deu unhas clases particulares de afiado de ferramentas de corte, e ás 17.30, se enfrentou a unha clase maxistral con máis de 60 alumnos ós que lles ensinou u tipo de nudo de cabeza de turco. 
O Xoves pola mañán compartiu a clase de iniciación de mañán, ós que puideron aprender a realizar un nudo de cabeza de turco. Pola tarde ós alumnos de Perfeccionamento 1 lles deu tempo a preguntarlle dubidas sobre a elaboración do nudo que nos explicou na Master Class, e nos amosou como se emprega unha máquina para a elaboración e preparación de tireta chamada Lace Master.
O máis importante de todo é o interese que Louis demostrou pola nosa Escola e polo noso traballo. Unha das ensinanzas que nos transmitiu é o cariño, incluso Amor, que se lle pode ter ó oficio e sobre todo ó Coiro, algo que pode facer que un home viaxe so máis de 2000 kilometros, coa maleta cha de ferramentas, coiro, queixo e chocolate... o que isto baixo o meu punto de vista representa é que o que facemos na Escola  e coñecido e valorado así que o que nos queda é seguir traballando e esforzandonos por facelo mellor, para que os grandes mestres acrecenten o seu interés por nós.
No plano personal esta visita  me axudou moito a comprender a historia  presente do traballo do coiro, me achegou a un número un a nivel mundial, e puiden aprender moito, máis ben moitísimo... aprendín que adicarlle tempo ó oficio non sirve de nada se non o fas con cariño, e como dixo él hai que facer as cousas mal tres veces antes de facela ben, porque así aprenderemos a facela mellor. Xa sei oque quero ser de maior, eu quero ser como Louis...
Por último Louis deixou un consello para o noso Muro da Fama, que a partir de esta tarde poderedes ler.

Louis con un grupo de alumnos durante a Master Class

Louis Facendo unha trenza de media caña de oito cabos

Louis Cortando un  anaco de coiro

Louis cosendo no stitchin clamp que inventou

Alumnos esperando na biblioteca a que comezase a Master Class 

A Master Class
 
Louis explicando a cabeza de turco, axudado por Edith(P1) que fixo de traductora


Louis transferindo un debuxo cunha ferramenta de invencion propia

Afilando unha Medialúa

Explicandolle a Carlos Corral a imporatancia do pulido no afiado


Coa clase de Iniciación A facendo unha Cabeza de Turco

Durante a Master Class

Trenzando na Clase

venres, 18 de outubro de 2013

O Maestro José maría Ruiz


Retrato do Maestro
Esta semana seguimos coñecendo persoeiros do mundo do coiro polas terras do sur, se a semana pasada estabamos en Ubrique, capital da Marroquinaría, esta semana estamos en Córdoba, capital do traballo Artístico no Coiro. O Maestro José María Ruiz responde o noso cuestionario. Podedes seguir o seu traballo en Facebook (El-Taller-del-Artesano). Traballos clásicos e técnicas innovadoras... amor polo oficio...

 -Como empezaches no coiro?
Pura casualidade, o meu irmán por entón tonteaba coa zapataría e eu estaba demasiado ocioso.
-Como descubriches o nobre material?
A miña cidade ten unha longa tradición do coiro e aínda que nunca me dediquei ao traballo artístico, ata agora, era unha constante na artesanía de aquí.
-Que ten o coiro que non teña outro material?
Creo que o coiro como calquera material nobre ou natural, ofrece mil posibilidades para traballalo. Non menosprezo outros. Calquera traballo feito con amor á materia que o conforma pode resultar unha xoia.




-Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Dentro do traballo máis artístico que desenvolvín nos últimos anos, sen dúbida o "Coiro fervido"
-Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Todas as que me quedan por facer. Sempre a seguinte.
-Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que goce e investigue, pero que teña en conta o que xa está descuberto, non paga a pena tratar de inventar a pólvora.

                                                                                   -Tes algunha ferramenta "especial"?
Adoro as ferramentas, quizais a miña pequena colección de pulidores son do que máis me gusta.