Amosando publicacións coa etiqueta 100x100Coiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 100x100Coiro. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de febreiro de 2017

EMAO, ano impar

Pois si, 2017 é impar, estamos en Febreiro e xa se está a convertir nunha tradición na nosa Escola, en 2013 coa exposición "100x100 Coiro", en 2015 con "Coiro...ainda que non o pareza" e a partir do 23 de Febreiro..... SORPRESA, polo de agora non podemos adiantar o título, pero si o contido, Coiro, moito Coiro.
Así que xa sabedes ide reservando un oco nas vosas axendas para que o Xoves 23 de Febreiro empecemos por todo o alto.
Estade atentos a este blog e o da Biblioteca para obter máis información, polo de agora soamente podemos dicir que os participantes nesta edición proceden de case catro continentes, temos un montón de actividades programadas e un montón de xente importante que nos vai vir a visitar...

Contamos contigo

venres, 5 de abril de 2013

Os Primeiros Frutos

Despois de que o gran Michael Nadeau, fixera a súa demostración sobre o modelado tres das asistentes decidiron arriscarse e poner en práctica este técnica e alguna outra das que o Mestre nos explicou...
Parabéns a Carmen, Noemí e Mirou polo traballo...
Primeiras Probas de Modelado on PhotoPeach

mércores, 27 de marzo de 2013

Rematando...

Como xa sabedes todos o pasado venres coa conferencia de Franklin Pereira clausuramos a Exposición "100x100 Coiro". Franklin ilustrounos sobre a Historia dos nosos oficios do Coiro, e as vangardas artísticas do coiro na actualidade...
Franklin veu acompañado pola súa muller Ana Caldas, que tamén participou na exposición.
Podedes ver alguna fotos da clausura en:
 http://bibliotecadaemao.blogspot.com.es/2013/03/clase-maxistral-de-franklin-pereira.html
E agora que xa todo rematou, a exposición xa está desmontada, as pezas xa están camiño ós seus autores... Queremos agradecervos a todos a vosa colaboración, as vosas visitas e o voso interés pola exposición, en breve comezaremos a traballar para a exposición de fin de curso de alumnos e quizais empecemos a pensar en outra exposición de coiro, nunca se sabe....
Agradecer tamén o traballo ben feito de un equipo, o de Syncro, Mónica e Fran, que fixeron uns traballos incríbles dunha calidade máis que profesional. GRACIAS
Aquí vos deixamos una ligazón para que vexades o último que fixeron, un video sobre a exposición que merece un Oscar... http://www.syncro-estudio.es/reportaje-industrial.html
A desfrutar das vacacións, para vir coas pilas ben cargadas......

mércores, 13 de febreiro de 2013

Alumnos, antigos alumnos e obradoiros da zona

Bolsos e Mochilas en "100x100 Coiro" on PhotoPeach

Sintoo...

Sintoo moito pero a miña cabeciña xa non da máis, quero darlle as grazas a tres persoas das que me esquecín, Mariña, Miguel e Marta, os tres musicos cos que contamos na inauguración, gaita, tambor e bombo... Moitas Grazas

sábado, 9 de febreiro de 2013

Grazas, Gracias, Thank you, Muito Obrigado

Permitídeme que rompa una norma deste blog e me a vós  dirixa en castelán, xa comprenderedes o porque...
Como la tarde de ayer fue un poco intensa para mí a la hora de hablar y de dar las gracias se me quedó gente en el tintero, así que allá vamos...
Gracias a los alumnos, tanto a los que exponen como a los que no, ya que sin ellos no habría ni Escuela ni Profesor.Gracias.
Gracias a la Escuela, a los profesores, las conserjes (Mercedes, Isabel y María), el personal de limpieza, a Alberto, y a Paco y a Matu, ya que sin ellos lo que hay en la sala de Exposiciones no habría sido posible.Gracias.
Gracias a Carlos Corral, por estar siempre ahí y no decir nunca que no, A Marian, por el mejor cartel que podíamos tener, a Miguel, Federico, Enma, Xaime, Feixo, ayudarnos en la idea y el montaje. A Ramón y Eduardo por el mejor expositor que pudieramos tener, a María Jesús, nuestra comunity manager, por todo, especialmente por el trabajo en la red y en el archivo. Gracias.
Gracias a Rafa, por confiar en mí para esta exposición, por lo que he aprendido Gracias
Gracias a Cristina, Loly, Nieves y Rosa, ya que han cedido parte de su trabajo, de lo que les da de comer para ayudarnos a que la exposición sea única, Gracias.
Gracias a Luly, Eva, Patri, Noni, Noemí, Andrea, Mirou, María por dedicarnos vuestro tiempo y vuestro trabajo, Gracias.
Gracias a los alumnos que las últimas semanas han tenido que hacer un esfuerzo y dedicar su tiempo libre trabajar para la Exposición, Gracias.
Gracias a Munira y a Nuria, por los ánimos, las palabras más bonitas que me han  dedicado en mucho tiempo y por trabajar cada día amando el oficio y luchando por mantenerlo, Gracias.
Gracias a Miguel,el mejor tranzador de Europa, por ser como eres, por las piezas que nos has enviado, que son únicas y hacen única nuestra Exposición. Gracias.
Gracias a Julián, por tu trabajo, por los sabios consejos que me has dado, porque nos encanta lo que hacemos, porque sabemos porque lo hacemos, Gracias.
Gracias a Michael, maestro, porque estás ahí, porque tú no amas el cuero, tú lo siguiente.Garcias
Gracias a Frank y Ana, porque nunca pensé que alguien tan importante en el mundo del cuero pudiera ser  una persona tan cercana y amable, Muito Obrigado.
Gracias a Leo Zoreda, que aunque no haya podido llegar a tiempo, esperamos tu trabajo para admirar tu oficio y maestría. Gracias
Thanks to Emil, because 3.593 km is not distance when we love leather. Благодаря.
Gracias a Syncro por el trabajo que han hecho y el que están haciendo. Gracias.
Gracias a Lourdes, mi profe de inglés y traductora de Emergencia, Gracias
Gracias a mis amigos, por arroparme, como siempre, Gracias
Gracias a Alex, mi copiloto, muchos años despues otra vez en la carretera. Gracias.
Gracias a mi familia por todo, Gracias.
Gracias a Fran y Carmen, por ser mis fans números 1. Gracias
Gracias y perdón a María y a Pepe, ya que mi tiempo libre últimamente ha escaseado, o lo he hecho escasear, en beneficio de la exposición, pero en cierta manera esta exposición es por vosotros. Gracias y perdón...
Si me olvidé de alguien, perdón pero muchas GRACIAS

xoves, 7 de febreiro de 2013

100x100 Coiro


Exposición: 100 x 100 coiro

 

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo referente en España no traballo do coiro: 

A finais dos anos corenta do século pasado, se comeza a impartir aquí a especialidade de Repuxado en Metais e Coiro. Aquela tradición, continuada no tempo, segue a ter hoxe no  noso Obradoiro de Artesanía en Coiro, un lugar de conservación e innovación deste oficio.

Amósanse neste exposición traballos realizados, con distintas técnicas, por destacados artesáns procedentes de Galicia, Castela, Catalunya, Madrid, Baleares, Andalucía e Madrid, e a participación, tamén, de tres artesáns de Portugal e Bulgaria.

 

Pasado, presente e futuro

O pasado. Andrea, Mercedes e Virginia, durante moitos anos mantiveron como mestras nesta Escola, o repuxado en coiro, facendo do noso Centro unha reserva desta técnica. Exhíbense pezas elaboradas por unha das primeiras alumnas desta Escola e por ferramentas e documentación dese momento inicial da formación.

O presente: exhíbense traballos de alumnado actual e xa egresado e pezas elaboradas por obradoiros artesáns  xurdidos da formación impartida no vello edificio de García Barbón que hoxe, co seu traballo profesional, danlle tamén proxección a esta, debedores como son da formación e conservación das técnicas impartidas pola Escola Municipal de Artes e Oficios viguesa.

O futuro está representado nesta mostra, no traballo de artesáns de primeira liña que, mesturando a tradición e a innovación, fan do coiro un oficio de mañá.  

Con esta exposición quérese facer partícipe ao público do labor de conservación, formación e innovación na especialidade de Artesanía en Coiro da xa centenaria Escola de Artes e Oficios de Vigo. Pretendemos que poida recoñecer o coiro como un material que serve máis alá que de soporte dun moedeiro ou dunha carteira: que o límite no traballo neste material está na imaxinación da persoa que o traballa, no agarimo co que o trata e o respecto á súa nobreza.

Finesse, delicadeza, ese era o consello que Al Stohlman lle daba a cada un dos seus aprendices. Delicadeza, agarimo, repecto, son as ferramentas que cada día centos de artesáns seguen empregando para que cada una das pezas que fan realidade conteña estes sentimentos. Así o sentimos cando o cortamos, o cosemos ou o transformamos con   calquera das técnicas do oficio.

Os antigos oficios do coiro mantéñense, transfórmanse ou se modernizan, pero a materia é a mesma e ofrécesenos con infinidade de posibilidades: o repuxado, o labrado, o estampado, o modelado, o trenzado… técnicas milenarias nas mans dos que hoxe as traballan e innovan.

Organiza: Escola Municipal de Artes e Oficios

Comisario: Pepe  Pereira (mestre do Obradoiro de Artesanía en Coiro da EMAO)


luns, 4 de febreiro de 2013

100x100 Coiro

Este é o nome da exposición que se vai a ianugurar o vindeiro venres dia 8 ás 8 da tarde, e máis de 8 serán os traballos que alí veremos...
Tres pilares son os que sosteñen esta exposición:
O Pasado, a tradición que conservamos con traballos realizados nos primeiros anos da especialidade, alá polos anos 50 do século pasado...
O Presente, que reflexa o traballo realizado polos alumnos, antigos alumnos ou os obradoiros que dun xeito ou outro se formaron na Escola...
O Futuro, que é o espello no que nos queremos mirar, conservando a tradición, pero tamén innovando, con novas técnicas, materiais ou pezas... Esta parte estará representada por artesáns de primeira liña a nivel mundial, procedentes de Cataluña, Andalucía, Baleares, Madrid, Castela e León,Portugal e Bulgaria
Dende aquí queremos invitarvos a que o vindeiro venres vos acheguedes ó Espazo Emao, se non podedes... estará aberta ata o día 22 de marzo...

venres, 4 de xaneiro de 2013

A conta atrás comezou...

http://www.sbearstradingpost.com/


Xa queda menos para o gran día... en pricipio será en Febreiro, así que todos a recargar ben as pilas que este ten toda a pinta de que vai a ser un trimentre de moito traballo do que imos aprender moitísimo máis.