Amosando publicacións coa etiqueta Labrado en Coiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Labrado en Coiro. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de xuño de 2017

Monogáfico de Verán "“INTRODUCCIÓN AO LABRADO”

 Dentro da programación prevista no Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios (PEMAO15), faise a seguinte convocatoria de cursos monográficos de verán a desenvolver no mes de xullo de 2017, dirixidos ás persoas interesadas que cumpran os requisitos fixados e que non estean matriculadas no presente curso 2016-2017 na EMAO.
*Aula de Artesanía en coiro: “INTRODUCCIÓN AO LABRADO” 
Impartido por Pepe Pereira, mestre da especialidade na EMAO 
Destinatarios: Prioridade para persoas que remataran a especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO e persoas con coñecementos básicos demostrables. 
Datas: do 10 ao 21 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas 
Inscrición ata o 30 de xuño 
Duración: 30 horas 
Número de prazas: 15 

Programa
Presentación
O labrado, técnica decorativa que tanto pulo ten nestes días, ten unha orixe ibérica e aquí acadou unha gran importancia, con Hernán Cortés cruzou o Atlántico e nos últimos anos vén de volta cun ritmo moi forte. 
Con este curso pretendemos introducirnos na orixe histórica desta técnica e nas súas variantes técnicas incisado e gubiado, os diferentes tipos de mateadores que se empregan e os efectos que con eles se poden conseguir. 
Afondaremos tamén nos diversos estilos que hoxendía teñen máis difusión e coñeceremos aos seus autores máis coñecidos. 
Contido
Presentación histórica da técnica e as ferramentas para aplicala. 
Diferenciación do labrado co repuxado e o estampado 
O incisado. E Labrado invertido. 
Modelado. 
Labrado Xeométrico, e en Cesta. 
Labrado Floral. 
Labrado de Nudos. 
Follas de Carballo e Landras. 
Plumas. 
Labrado Mixto. 

Material a aportar polo alumnado: 
Burís, vaquetilla en pasta, bisturí e coitelas xiratorias no caso de que as teñan 
O resto do material, ferramenta e maquinaria que se é o caso fose necesaria, será aportado pola EMAO. 

CONDICIÓNS COMÚNS A TÓDOLOS CURSOS 

Duración: 30 horas 
Prazas limitadas: véxase o número máximo para cada curso 
Inscripción: gratuíta, exclusivamente mediante envío de correo electrónico ao enderezo emao@vigo.orgcos seguintes datos (imprescindibles):

- Asunto: [nome do curso]
- Nome e apelidos do/a solicitante:
- DNI:  

- Anos nos que cursou estudos da especialidade na EMAO: [no caso en que sexa condición, ou se teña prioridade por telos cursado, para acceder ao monográfico seleccionado] 

Admisión de solicitudes: 
Non poderán inscribirse as persoas que estean matriculadas na EMAO no curso 2016-217 
Só se admiten persoas maiores de 16 anos. 
Só serán válidas as solicitudes que cumpran as condicións indicadas nesta convocatoria para cada curso monográfico en concreto 
A inscrición farase, trala aplicación das prioridades que se indican en cada durso, por estricta orde de recepción do correo electrónico de solicitude ata cubrir o máximo de prazas ofertadas. 
A confirmación da matrícula realizaráa a EMAO exclusivamente por correo electrónico. No caso de producírense vacantes no primeiro día do curso, convocarase aos reservas

Material: o material indicado para cada curso será aportado polo alumnado. As características concretas do mesmo explicaranse na primeira sesión de cada un. A Escola porá a disposición do alumnado para o desenvolvemento do monográfico, os equipos, a maquinaria e a ferramenta propias do Obradoiro.