luns, 30 de xullo de 2012

Por se queredes tarea para o verán...

Por se algún de vos lle quere botar un ollo vou poñer un par de enlaces para que vexades algúns traballos interesantes....
Máscaras:http://www.etsy.com/shop/Merimask?ref=shop_sugg
Patrones sencillos (Templates): http://www.marthastewart.com/904573/leather-ipad-sleeve
Diferentes técnicas:http://www.csmeja.com/index.html
Emil Gatev:http://www.emilgatev.com/
Franklyn Pereira:http://www.frankleather.com/site/
Son soamente algúns, se queredes compartir algún xa sabedes que facer....




¡¡¡Chegaron as vacacións!!!

Comezan as vacacións, mañán concretamente, así que podo dicir que rematou o curso, ademáis do mesmo xeito que comezou... con virus no ordenador. Este foi un ano moi intenso, cargado de traballo( que é unha sorte) e de cousas aprendidas, así que agora toca descansar un pouquiño...
O blog sigue aquí, e tentarei facer algunha entrada, ainda que non o prometo. Un saudo a todos e Feliz Agosto!!!!

luns, 23 de xullo de 2012

Interesante proxecto...


Está a punto de nacer en Pontevedra un novo espazoadicado á arte e a artesanía, o seu nome "A Formiga no Carreiro", se trata de un espazo diferente, unha tenda colaborativa, é dicir, un espacio compartido por autores corto e pego a información que me envian por si vos interesa... Moito ánimo e sorte para que este proxecto saia adiante.
Para máis info:  aformigatenda@gmail.com

TENDA COLABORATIVA, QUE É

A idea de tenda colaborativa é un concepto innovador con moitas ventaxas para os

artistas e artesáns que queren vivir da súa arte. O/ a autor/a ten a oportunidade de
vender os seus productos co prezo real, que o/a artista elixe, pagando tan só un aluguer
mensual por ocupar o espazo que elixa da tenda,. Todas as vendas das pezas de cada
artista serán directamente para eles/as a tenda que ofrece o seu espazo non recibe
ningumha porcentaxe das vendas.
Este tipo de tendas atópanse con frecuencia en varios países de Europa e incluso no Brasil
onde tenhen tanto éxito que até contan con listas de espera para os artesáns que queren
ocupar os seus espazos nestas tendas,.


ONDE E CANDO?
A situación da tenda é en Pontevedra cidade, numha zona moi céntrica e comercial perto

da Facultade de Belas Artes,.
A apertura está prevista para a primeira semana de agosto.


“A FORMIGA NO CARREIRO”


Pretende ser un espazo onde destaque a artesanía e a arte en xeral, un lugar onde cada
persoa que entre poida atopar pezas únicas e orixinais. Dar umha oportunidade a novos
artistas que intentan vivir da súa arte. A tenda componse de estanterias divididas en
módulos de diferentes tamanhos onde cada colaborador/a elixe o espazo que desexa
ocupar coas suas pezas,, tamén se ofrece a posibilidade de ocupar o escaparate,, un
percheiro ideal para desenhadores de moda, ou umha parede que vai estar dedicada a
exposicións temporais.
Os artistas son os responsabeis de levar as suas pezas persoalmente á tenda ou de facer
os envios por correo. A tenda será un escaparate das obras e difundirá estas a través de
internet, facebook, blog, e publicidade por distintos puntos da cidade.
O 100% das vendas será beneficio dos/as artistas, e só terán que pagar o aluguer de
espazo na primeira semana de cada mes en persoa ou por transferencia bancaria.
O contrato celebrado entre as duas partes ten duración de dous meses, permitindo que as
obras tenhan un tempo razoábel para ter a oportunidade de vender,. Polo tanto cada
dous meses os/as artistas deciden se queren continuar colaborando na tenda ou non, ou
se por outra banda prefiren deixar o aluguer por un tempo e continuar máis adiante.

OBRADOIROS

Outra idea que se pretende levar a cabo na tenda é a de organizar distintos obradoiros
impartidos pol@s artistas que o desexen sobre os diferentes tipos de artesanía que eles
elixan. Cada autor pode programar os seus obradoiros cumha duración de dous meses ao
igual que o aluguer dos espazos. Umha vez que se concrete como vai ser o obradoiro a
impartir, terá a máxima difusión para intentar crear un grupo amplio de alumn@s
Neste caso a persoa que imparte o obradoiro é responsábel de incluir o material necesario
para as clases. A tenda cobra un porcentaxe do 40% sobre os ingresos de cada obradoiro
e a persoa que imparte as clases terá un beneficio do 60%.
Esta actividade non é obrigatoria para as persoas que deciden alugar o espazo, é
simplemente umha proposta máis co fin de aproveitar o espazo da tenda e de ter umha
oportunidade máis de divulgar o traballo de cada artista.


EXPOSICIÓNS


A tenda terá un espazo dedicado ás exposicións que queiran realizar @s artistas.
Serán exposicións temporais con duración dun mes, e intentarase dar a máxima
difusión para que sexan visitadas polo máximo posíbel de xente.
O espazo para exponher é umha parede da tenda con tanza e ganchos para
pendurar as obras de pintura, ilustración, fotografía, etc ainda que tamén hai espazo
suficiente para realizar outro tipo de exposicións por exemplo de escultura.
A tenda non cobra nada por deixar o espazo, o único que se pide é que @s artistas
corran cos gastos da inauguración (pinchos, bebidas, etc) e tamén que asuman os
gastos de cartazes, folletos etc. que farán a publicidade da exposición.


ESPAZOS DISPONHIBEIS


-Duas estanterias divididas en módulos de diferentes tamanhos.
-Umha parede para exponher ilustración, fotografía, pintura...etc con ganchos pendurados
por tanza
-Percheiro ideal para desenhadores/as de moda
-Dous espazos no escaparate
-Espazo para realizar obradoiros.

xoves, 19 de xullo de 2012

Dando luz

Lembremos alguns traballos feitos  neste curso e nos pasados... hoxe tocan Lampadas
Noemí 2012. Cerámica, tireta de coiro de potro
e pergamino

Elisa 2012. Filigrana ou calado en coiro de potro

Patricia 2011- Coiro trenzado, moldeado e modelado

Noni 2011- Coiro repuxado e policromado

Fiti 2011 Coiro cosido e repuxado

luns, 16 de xullo de 2012

Novidades 3

Aquí vos quedan algunhas das pezas realizadas por Andrea Piñeiro no seu proxecto de Aula Aberta durante o pasado curso. Un 10.
Pulseira de coiro de vaca moldeado e con puntilla feita en arame de latón

Pulseira feita en coiro de vaca

Pulseira en coiro de vaca "torneado por capas"

Pulseira decoiro de vaca e arame.

Broche en coiro modelado e prata envellecida.

venres, 6 de xullo de 2012

Novidades 2

Repuxado figurativo e policromado no que se representa a figura dun páxaro elaborada por Esperanza Iniciación A, unha obra de arte.  Que vos guste....

Novidades....1



Luisa, de Iniciación B, fixo en pel de bufalo, esta bonita e sinxela funda para unha Requinta, esperamos que vos guste...

luns, 2 de xullo de 2012

A nova mascota da Clase

Mini Pepe
Este é o agasallo que os alumn@s de Iniciación B, que a partir de agora pasa a ser a mascota da Clase. Moitas grazas tod@s......

O fin de Curso.

Como xa sabedes o pasado venres tivo lugar o acto de fin de curso da Escola, este foi presidido polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a Concelleira de Educación , Raquel Díaz. asistiron moitos alumnos da nosa Escola para rendírlle homenaxe ós seus compañeiros que durante este curso remataron a súa formación en cada unha das especialidades.

A concelleira de Educación Raquel Diaz e o Alcalde Abel Caballero
admirando a serigrafía que se lles obsequiou ós alumnos.
Alguns dos alumnos da nosa especialidade que recibiron Diploma:
Felisa, Ángela, Carlos, Isabel, María e Iria











Carlos, Ángela, O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, Isabel e Felisa

Recomendación para o verán

Museo de Pontevedra
 Este sábado tiven a oprtunidade de visitar no Museo de Pontevedra a exposición Motos históricas. Cen anos sobre rodas no edificio Sarmiento do Museo. Nela expóñense 58 motos –dun total de 131- do coleccionista pontevedrés Manuel Gómez González, co que colabora o seu fillo Rubén.  E me diredes que ten que ver a colección de motos co coiro, pois bastante, xa que no soamente os asentos das máis das motos eran de coiro, senon que tamén algunha alforxa, mini caixas de ferramentas, prolongacións de guardabarros, e o que me parecu máis curioso era unha correa de láminas de coiro remachadas, un traballo impresionante. Por iso recomendo que o vexades, xa que ademáis da beleza das motos e o seu perfecto estado de conservación podense  buscar detalles en cada moto que nos asombraran.
Museo de Pontevedra