Xa non queda nada, esta tarde celebramos a Festa de fin de Curso no patio de Cerámica e mañá, o venres terá lugar ás 18,30 horas, no
Salón de Actos da Escola a ENTREGA DOS
DIPLOMAS CONMEMORATIVOS DA FINALIZACIÓN DOS ESTUDOS NA EMAO aos alumnos e
alumnas que remataron neste curso 2011-2012 o último nivel da súa especialidade
(Nivel II en CAIM, Cerámica, Encadernación Artística e Serigrafía artística;
Perfeccionamento II no resto das especialidades). Os
diplomas individuais serán entregados polo Excmo. Alcalde da nosa cidade no
transcurso do acto, xunto cunha serigrafía de agasallo
para cada un, producida e seriada especialmente para este ocasión polos
obradoiros da Escola. A aportacióndo noso obradoiro será persoal e recolleran os seus diplomas Carlos, Iria, Elisa, Felisa, Isabel, Ángela, María e Luisa...
Dende aquí quero que saibades que estou moi contento destes tres anos xuntos, as clases, as merendas inesperadas, as risas, a gran preocupación por Ortega Cano... todos os momentos que pasamos, sen esquecer ós compañeiros que foron quedando polo camiño pero que seguen ahi. Grazas por todo, grazas por cada clase, cada soriso e por cada momento que con vós foi divertido.
Moitisimas GRAZAS e xa sabedes onde estamos... e tende por seguro que vos imos a botar de menos.
xoves, 28 de xuño de 2012
Sandalias para a descalza de Santiago
Hai alguén que vai poder pisar os charcos de Compostela estreando unhas sandalias feitas no noso obradoiro, esperamos que lle gusten e Siempre pa´lante
mércores, 27 de xuño de 2012
Pulseiras
Pulseira repuxada con punto español simple.Miguel IA |
Pulseira Reciclada dun cinturon. Manuel PIA |
Correa para reloxo troquelada e punto español dobre. Teresa PIA |
Pulseiras con diferentes técnicas e costuras. Carmen IA |
Pulseiras con diferentes técnicas e costuras combinadas con apliques reciclados Rosa IA |
Non lle busques os tres pés ao gato, búscallos ao banco
venres, 22 de xuño de 2012
Outro Lume...
A Escola segue a prender lume na vida cultural Viguesa, copia e pega do blog da Biblioteca... alí estaremos esperendovos...

Expo
Fanzine GB5, é o resultado do proxecto de ideación e creación dun fanzine
por parte de alumnado da especialidade de Serigrafía artística da Escola, baixo
a coordinación do seu mestre, Nelson Villalobos. Nela despréganse os
orixinais que se inclúen na publicación, bocetos, obra serigrafiada e orixinal
sobre papel ata un total de 50 obras individuais. A través das obras e
instalacións e videos que compoñen a mostra, danse a coñecer tamén os procesos
de desenvolvemento da idea, creación, producción e impresión desta publicación,
que será presentada o día da inauguración da Exposición.
GB5
é o nome con que se bautizou ao fanzine elaborado no derradeiro
trimestre do curso 2011-2012, no Obradoiro de Serigrafía artística da EMAO polo
alumnado de primeiro curso desta especialidade, que será
presentado o día de inauguración desta
mostra.
A idea deste proxecto creativo e técnico, xurdíu de diversas conversacións
na aula-obradoiro, sobre arte, arte urbana, a serigrafía como ferramenta de
expresión artística, e sobre as posibilidades que, aínda hoxe, segue a ofrecer
esta técnica no mundo da arte, da imaxe, da comunicación visual, do
deseño
da moda, da publicidade, etc. Con este proxecto quérese amosar a
todo o mundo o que se fai neste obradoiro, o que o alumnado é quen de crear e
transmitir; que mellor maneira de que os nosos traballos cheguen ao público en
xeral que editalos nunha publicación sinxela, creativa e artística á par que
artesanal. Esa é a esencia do fanzine, unha publicación libre ao alcance de
todos.
EXPO FANZINE
GB5. Con esta nova exposición no Espazo EMAO da Escola Municipal de
Artes e Oficios de Vigo, preséntase publicamente esta edición, acompañada dunha
zona didáctica na que se explica un pouco o proceso serigráfico realizado polo
alumnado, a elaboración do fanzine, bocetos do mesmo e doutras obras,
serigrafías, instalacións, video, etc. que resumen dalgunha maneira o que foi
este primeiro ano de traballo en equipo, creatividade, ilusión, e sobre todo
MOITA ARTE!!!. A exposición, comisariada polo alumno da Escola, Santiago
Zubizarreta, contou co asesoramento técnico e artístico do mestre da
especialidade de Serigrafía artística da EMAO Nelson Villalobos e do de Debuxo
técnico e Volume e modelado, Federico Fernández, así como da antiga alumna desta
especialidade, Yellice Rodríguez, que foi invitada a participar.
Zubizarreta, Iria Vázquez Costas, Ana Villegas,
Esteban Bernárdez, Flor Villar, Xandra Costas, Marcos González, Ramón Lopez,
Sergio Covelo Moreira y María Almazán, alumnado de Serigrafía Artística I da
EMAO.
Cada un dos integrantes colabora con dúas obras da súa propia autoría, con total liberdade de expresión e técnica.
Cada un dos integrantes colabora con dúas obras da súa propia autoría, con total liberdade de expresión e técnica.
Inauguración: 22 de xuño ás 19
horas
Datas: ata o 18 de setembro de 2012 (agosto
pechada)Horario: de luns a venres de 19:00 hs. a 21:00 hs.
Lugar: Espazo EMAO (Escola Municipal de
Artes e Oficios de Vigo). Entrada polas rúas Pontevedra e Rosalía de Castro.
Organiza: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO)
Máis información no blog dos alumnos de Serigrafía artística da EMAO
Mini zapatos
Manuel PIA |
Raquel e Raquel Iniciación |
Teresa PIA |
Gaudencio PIA |
Raquel PIA |
venres, 15 de xuño de 2012
A EMAO conquistando Vigo
Vigo arde culturalmente polos catro costados, e a EMAO é quén está a provocar este lume.
Primeiro lume-Hoxe ás 20,30 H, terá lugar no Auditorio da
Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, un concerto a cargo do departamento deMúsica Antiga do Conservatorio "MANUEL QUIROGA" de
Pontevedra.
Esta actuación forma parte das actividades de colaboración que desde hai anos mantén ese Centro de ensino coa EMAO, especialmente co obradoiro de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM-Luthería antiga).
Unha estupenda oportunidade para escoitar, en vivo, música dos séculos XVI, XVII e XVIII, interpretada cos seus instrumentos orixinais: viola de gamba, teorba, guitarra barroca, frauta de bico…
A entrada é libre ata completar o aforo
Segundo lume-O alumnado dos distintos niveis da especialidade de Pintura da Escola
Municipal de Artes e Oficios de Vigo, organizou unha mostra colectiva cos
seus traballos pictóricos que, baixo o título "Abstracción Sine qua
non", terá lugar na sala de Exposicións do BBVA entre os días 1 e 21 de
xuño.
A exposición está coordinada pola mestra de Pintura da EMAO, Paula Mariño.
Unha oportunidade de apreciar os resultados creativos da aprendizaxe na nosa Escola.
DATOS EXPOSICIÓN:
TÍTULO: Abstracción sine qua non
LUGAR: Sala de Exposicións do BBVA (r/ García Barbón,2 -2º andar)
DATAS: do 1 ao 21 de xuño
HORARIO: de 17 a 21 horas de luns a venres
Terceiro e cuarto lume- O mestre de Serigrafía Artistica da Escola inaugurou onte dúas exosicións na cidade, unha na Casa das Artes e a outra "Detrás do Marco" que estarán abertas ata o vindeiro 15 de Xullo.
Así pois, a traballar para segguir dando ¡LUME!

Esta actuación forma parte das actividades de colaboración que desde hai anos mantén ese Centro de ensino coa EMAO, especialmente co obradoiro de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM-Luthería antiga).
Unha estupenda oportunidade para escoitar, en vivo, música dos séculos XVI, XVII e XVIII, interpretada cos seus instrumentos orixinais: viola de gamba, teorba, guitarra barroca, frauta de bico…
A entrada é libre ata completar o aforo

Unha oportunidade de apreciar os resultados creativos da aprendizaxe na nosa Escola.
DATOS EXPOSICIÓN:
TÍTULO: Abstracción sine qua non
LUGAR: Sala de Exposicións do BBVA (r/ García Barbón,2 -2º andar)
DATAS: do 1 ao 21 de xuño
HORARIO: de 17 a 21 horas de luns a venres
Terceiro e cuarto lume- O mestre de Serigrafía Artistica da Escola inaugurou onte dúas exosicións na cidade, unha na Casa das Artes e a outra "Detrás do Marco" que estarán abertas ata o vindeiro 15 de Xullo.
Así pois, a traballar para segguir dando ¡LUME!
luns, 11 de xuño de 2012
Aula Aberta e abrindo aula...
Algunhas das pezas de Noemí. |
O venres da semana pasada volveu de Genalguacil (Málaga) Noemí, alumna de Aula Aberta, que estivo uns días realizando un curso co MESTRE José Luis Bazán, as pezas que troxo para amosarnos son incríbles, aquí podedes ver algunhas e vós me contaredes... A verdade é que polo que dixo Noemí aprendeu moitísimo do gran mestre, dende aquí e morrendo de envexa enviamoslle un forte abrazo.
http://www.artenazari.com/
Andrea Torneando un brazalete |
venres, 8 de xuño de 2012
De ben nacidos é ser agradecido
Como comentou Anónimo na anterior entrada "de ben nacidos é ser agradecido" Así pois grazas a catro persoas especialmente, Tony, Charlie, Brian e Lien, estes catro nomes resumen a un amplo équipo de traballo o de TLF. Grazas por apostar por nós e por axudarme a facer as máis das entradas de este ano, grazas personalmente polo trato recibido, polo interese no nóso traballo e por as continuas demostración de interese. Grazas ós fundadores da nosa Escola e a todos os que co seu traballo por ela fixeron que a nosa Escola esté onde está e seguirá estando. Nós dende aquí seguimos traballando, para non baixar o listón e seguir traballando para que os Oficios, no meu caso os do coiro, non se perdan e os artesáns do presente e os do futuro conservemos a tradición e non se perda nin unha soa técnica, ferramenta, peza ou calquera outra parte do oficio.
Así pois, GRAZAS...
As it commented Anonymous in the entered previous one "of well borne it is to be thanked" for So thanks to four people, especially Tony, Charlie, Brian and Lien, these four names summarize to a wide equipment of work that of TLF. Graces for betting for us and for helping me do the more of the entries of this year, graces personally for the received treatment, for the interest in our work and for the continuous ones demonstration of interest. Thanks to the founders of our School and to all those that with his work for it made our School be where it is and will continue being. We from here continue working, so that does not lower the lath and it continues working so that the Crafts, in my case those of the leather, are not lost and we, the craftsmen of the present and those of the future, preserve the tradition and itself does not waste even a single technique, tools, piece or any other part of the crafts.
So, THANK YOU A LOT...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)