Amosando publicacións coa etiqueta Museo de Pontevedra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Museo de Pontevedra. Amosar todas as publicacións

luns, 2 de xullo de 2012

Recomendación para o verán

Museo de Pontevedra
 Este sábado tiven a oprtunidade de visitar no Museo de Pontevedra a exposición Motos históricas. Cen anos sobre rodas no edificio Sarmiento do Museo. Nela expóñense 58 motos –dun total de 131- do coleccionista pontevedrés Manuel Gómez González, co que colabora o seu fillo Rubén.  E me diredes que ten que ver a colección de motos co coiro, pois bastante, xa que no soamente os asentos das máis das motos eran de coiro, senon que tamén algunha alforxa, mini caixas de ferramentas, prolongacións de guardabarros, e o que me parecu máis curioso era unha correa de láminas de coiro remachadas, un traballo impresionante. Por iso recomendo que o vexades, xa que ademáis da beleza das motos e o seu perfecto estado de conservación podense  buscar detalles en cada moto que nos asombraran.
Museo de Pontevedra

venres, 16 de marzo de 2012

De volta ó Museo

http://www.artencordoba.com/MUSEOS/Museos-Cordoba-Arte-sobre-piel-obras.html
Esta tarde como complemento á clase complementaria de Historia do Traballo do Coiro asistiremos ó Museo de Pontevedra. O Obxectivo da visita é coñecer en primeira persoa as pezas que de coiro labrado (cadeiras, bancos, arcóns) e os seus Guadamecís.
O Guadamecí é unha técnica decorativa que ten unha gran importancia xa que durante os seculos XV, XVI e XVII supuxo a máxima expresión do traballo artístico do coiro en España, que se exportaba por todo o mundo. A técnica consiste no repuxado, dourado, policromado e ferreteado sobre pel de carneiro (badana). Xa vos contaremos máis...