Amosando publicacións coa etiqueta Museo do Coiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Museo do Coiro. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de xuño de 2017

"700 anos da Festa do Boi"


O pasado mércores día 14 de xuño de 2017 o Museo do Coiro se reuníu o xurado do Concurso “700 anos da Festa do Boi” formado por Antonio Blanco, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, Ernesto Sánchez , Artesán do Museo do Coiro de Allariz,  Nelson Gómez Callejas, Artesán do coiro e Juan Antonio Seara, técnico de cultura tendo en conta o voto emitido polos visitantes que visitaron a exposición “700 anos da Festa do Boi” na que estiveron expostas as pezas presentadas ó concurso e que estivo aberta ó público do 3 de maio ao 11 de xuño de 2017 no Museo do Coiro.
Como sabemos, a Festa do Boi é unha manifestación cultural que se mantén  na localidade de Allariz dende fai VIII séculos, é unha festa de orixe Medieval que recorda ás disputas  sociais entre xudeus e cristiáns no ano 1317. Na actualidade representa un compromiso coas raíces, na que a música, as danzas tradicionais e os gremios, ademais das famosas “Carreiras do Boi” que son parte de esta festa. 

O Xurado acordou conceder :
-O primeiro premio de 400€ á peza “DCC ANNI” de José Villar.
-O segundo premio  de 300€ á peza “O Boi, un cadaver exquisito” dos alumnos de primeiro curso da especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Arte e Oficios do Concello de Vigo.
-O terceiro premio de 200€ á peza “Os Curtidores” de Miriam Campomar

Por outra banda ante a calidade das pezas presentadas decidiu por unanimidade concederun accésit de 100 € a peza que leva por título “Boi” de Michael Nadeau.



Peza de Michael Nadeau

Peza de Miriam Campomar

Peza dosAlumnos da EMAO 
Peza de José Villar




Gracias ó Concello de Allariz por ter organizado esta actividade e a Ernesto e Miriam pola súa labor no Museo do Coiro e á cabeza das Xornadas dos Oficios do Coiro.

venres, 12 de xuño de 2015

Onte e hoxe, días intensos

Onte pola tarde os alumnos de Artesanía en Coiro viaxamos a Allariz, afcendo a nosa partícular peregrinaxe á visita "Formas do Coiro" e completando a nosa excursión de fin de curso ó Museo do Coiro. Alí fomos atendidos por Ernesto e Miriam, como sempre moi ben, Ernesto nos contou a historia do Museo e a tradición do Coiro en Allariz, a continuación baixamos ós píos, a ver as diferentes fases do curtido, as ferrementas que se empregaban, as molinetas, os bombos....
A continuación fixemos unha visita guiada á exposición que conta con traballos de artesáns de gran peso internacional como René Berends, Franklin Pereira, Ana Caldas, José Bernardo..., e tamén a nivel nacional como Michael Nadeau, Jose Villar, José María Ruiz, Ernesto Sánchez, Pilar García Lasheras, Vidal Revilla, Fernando Martínez Sousa........
Aquí vos deixamos algunhas imaxes
Ernesto durante a visita guiada

Peza de René Berends

Detalle da peza de Rene Berends

Peza de René Berends

Plumas de Coiro de René Berends

Caixa de Fernando Martínez Sousa

Detalle dunha peza de Vidal Revilla

Ernesto

Parte baixa do Museo onde se situan os Píos

Os visitantes da Emao e algúns futuros alumnos, jejeje

Peza de José Villar

Peza de José Bernardo

Ademáis da nosa viaxe, a semana non perde intesidade, xa que esta tarde na sala de Exposicións, Espazo EMAO,as nosas veciñas de planta e amigas farán unha pasarela de moda onde mostrarán o seu traballo. Moitísima sorte e NORABOA polo esforzo que estades a realizar no voso Traballo.




Este venres, 12 de xuño ás 19:00 h
Pasarela Tocado e Afundido
actividade coordinada pola mestra da
Aula de Deseño e Encaixe de Palillos 
Márian Núñez


luns, 1 de xuño de 2015

Un éxito de Encontros e Reencontros

Franklin durante o curso de Batik
Como xa sabedes esta fin de semana na vila de Allariz se celebraron as Xornadas dos Oficios do Coiro, nos que tiven a oportunidade de participar, e o primeiro que teño que dicir é ¡¡¡¡¡¡Parabens!!!!!!! a Ernesto e Miriam, polo gran traballo ben feito do que puidemos desfrutar.
Os obradoiros foron todo un éxito de participación e de traballo. Por outra banda as Xornadas contaron cunha gran presenza de alumnos e antigos alumnos da Escola e da nosa especialidade.

René Berends asinando unha dedciatoria para os alumnos da EMAO











Como sempre nestes eventos coñecemos xente nova e nos reencontramos con moita xente á que hai tempo que non vemos, este foi o caso, e entre os asistentes estaban René Berends, Tim Swainson, Franklin Pereira, Ana Caldas, Nelson Gómez Callejas, José Villar, José María Ruiz... artesáns de moitísimo nivel cos que puidemos compartir momentos moi divertidos e fructiferos.

Resulta tamén entrañable atoparse con Amigos como Alejandro ou Aurora, cos que estamos acostumbrados a falar a traves dun ordenador, pero ós que por fin lles podes poñer cara e manter conversas... e Cesar, co que había xa tempo con que non falaba.... e por suposto moita xente máis.....
Unha experiencia inolvidable, que recomendo a todo o mundo, por certo, ata o 30 de xuño permanecerá a exposición con pezas incríbles.

Nelson amosando a técnica do Guadamecil Contemporaneo

Antonina e Sara, alumnas no curso de Nelson, Tim Swainson no fondo

Peza de Iván Ríos que forma parte da Expo

Peza de René Berends que forma parte da Expo

Peza de José Bernardo

Pezas de Vidal Revilla na Expo
Aurora Sánz, José Maria Ruiz e Isaac Romero

mércores, 20 de maio de 2015

Semana Grande do Coiro

Avisamos con tempo para que vos vaiades organizando, a vindeira semana, na vila de Allariz (capital galega do Coiro), terá lugar un evento que por terceiro ano consecutivo se está a convertir nunha referencia a nivel Nacional, as Xornadas dos Oficios do Coiro, do 27 ó 31 de este mes.
as actividades comenzarán cun curso impartido polo artesán René Berends, que virá dende Austria a dar a coñecer a Técnica do Coiro 3D.
O Venres se inaugurará a Exposición "Formas do Coiro" que estará aberta ata o 30 de Xuño.

O Sábado haberá obradoiros de diferentes técnicas de traballo do coiro impartidos por profesionais de primer nivel como Nelson Gómez Callejas, Franklin Pereira, Fernando Martínez Sousa ou Vidal Revilla. Pola noite a xornada rematará cun concerto de sítar de Franklin Pereira.
O Sábado e o Domingo no patio do Museo haberá un mercado de pezas, ferramentas e publicacións....
Ali estaremos, o mestre e algúns alumnos aprendendo, e pasandoo moi ben de seguro. Esperamosvos.






luns, 28 de xullo de 2014

Allariz vestíuse de Coiro

Como xa sabedes, durante toda a semana pasada en Allariz tivo lugar a Semana dos oficios do Coiro, esta actividade intensificouse durante a fin de semana coa Mostra dos Oficios do Coiro. Este evento e o segundo ano que se organiza, e para mín foi o primeiro que puiden asistir, e teño que dicir: ¡¡¡¡¡¡Parabéns!!!!!
Parabéns a Ernesto e a Miriam, polo bo traballo realizado de organización e convocatoria, Parabéns a todos os que participaron durante toda a semana nas actividades, xa que ademáis de colaborar na difusión dos oficios do Coiro seguro que aprenderon moito e o pasaron moi ben.
Eu personalmente teño que ademáis de felicitar polos resultados, agradecer o trato recibido, a todos, e colaborar para que este tipo de eventos se sigan a celebrar e a fomentar para que o público en xeral coñeza de primeira mán o que facemos.
Espero voltar a vervos o vindeiro ano.

Entrada principal do Museo do Coiro
Algunhas das pezas de Fernando Martínez Sousa
Peza de Ivan Ríos

Peza de Jose Villar (Taller 1924)

Ferramentas de Ivan Ríos

Guadamecil Contemporaneo realizado por Franklin Pereira

Guadamecil Contemporaneo de Nelson Gómez Callejas

Guadamecil Contemporaneo de Nelson Gómez Callejas

Ferramentas de Ivan Ríos

Guadamecís contemporaneos realizados durante o curso da semana pasada

Bibliografia e documentación de Franklin Pereira

Algunhas das Pezas de Juan Ruiz

De Esq. a Der.Ernesto, Franklin, Nelson, Fermín, Pepe e Pepe