luns, 1 de xuño de 2015

Un éxito de Encontros e Reencontros

Franklin durante o curso de Batik
Como xa sabedes esta fin de semana na vila de Allariz se celebraron as Xornadas dos Oficios do Coiro, nos que tiven a oportunidade de participar, e o primeiro que teño que dicir é ¡¡¡¡¡¡Parabens!!!!!!! a Ernesto e Miriam, polo gran traballo ben feito do que puidemos desfrutar.
Os obradoiros foron todo un éxito de participación e de traballo. Por outra banda as Xornadas contaron cunha gran presenza de alumnos e antigos alumnos da Escola e da nosa especialidade.

René Berends asinando unha dedciatoria para os alumnos da EMAO











Como sempre nestes eventos coñecemos xente nova e nos reencontramos con moita xente á que hai tempo que non vemos, este foi o caso, e entre os asistentes estaban René Berends, Tim Swainson, Franklin Pereira, Ana Caldas, Nelson Gómez Callejas, José Villar, José María Ruiz... artesáns de moitísimo nivel cos que puidemos compartir momentos moi divertidos e fructiferos.

Resulta tamén entrañable atoparse con Amigos como Alejandro ou Aurora, cos que estamos acostumbrados a falar a traves dun ordenador, pero ós que por fin lles podes poñer cara e manter conversas... e Cesar, co que había xa tempo con que non falaba.... e por suposto moita xente máis.....
Unha experiencia inolvidable, que recomendo a todo o mundo, por certo, ata o 30 de xuño permanecerá a exposición con pezas incríbles.

Nelson amosando a técnica do Guadamecil Contemporaneo

Antonina e Sara, alumnas no curso de Nelson, Tim Swainson no fondo

Peza de Iván Ríos que forma parte da Expo

Peza de René Berends que forma parte da Expo

Peza de José Bernardo

Pezas de Vidal Revilla na Expo
Aurora Sánz, José Maria Ruiz e Isaac Romero

Ningún comentario:

Publicar un comentario