Amosando publicacións coa etiqueta Premio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premio. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de setembro de 2012

Para quedar coa boca aberta....




"Sin Título" Narciso Galán Hernandez. Fotográfía COARTE

Como aperitivo do novo curso vos deixo unha peza incríble, o seu autor é Narciso Galán Hernandez do obradoiro "Un nido de culebras", o nome da peza é "Sin título"e a verdade é que non se me ocurre un mellor, porque sen palabras é como me quedei...

Pois ben, esta peza é a gañadora do XVII Concurso de Artesanía Pieza Única de Burgos e podedes atopar máis información no último número da revista Oficio y Arte que podedes atopar na Biblioteca da Escola.

Queda polo tanto demostrado que o trenzado non soamente serve para facer pulseiras...

Grazas dende aquí a Pilar Prieto de Coarte Burgos por facilitarme a foto.


mércores, 5 de xaneiro de 2011

¡¡Xa chegaron!! Quen vai ser, os Reis.

Hoxe é unha das datas que implica nervios, compras, presas e agasallos. Pois podo adiantarvos que as Suas Maxestades xa pasaron pola EMAO, e na aula de Artesania en Coiro deixaron un moi bo agasallo para os alumnos, que a partir do dia 10 poderan desfrutar.

Novas adquisicións da Biblioteca
 Pola Biblioteca do centro tamen pasaron e deixaron bastantes cousas, un surtido de libros, que na nosa especialidade son limitados, cun contido moi variado, técnicas, patróns, debuxos...
Prometemos que lles vamos a sacar moito partido.




 

Misterio do Belen do CEDRO
Esta tarde remata a exposición do Concurso de Belens de NovaCaixaGalicia, o gañador, como xa comentei hai uns dias e o presentado por CEDRO, aqui vos deixo unhas fotos para que vexades.                

 

Detalle do Belen do CEDRO

 Se trata dun Belen montado integramente en coiro, e as figuras son modeladas sobre  figuras de Xeso, ou eso parece, a verdade é que o traballo é incrible, todo, incluso as palmeiras estan feitas en coiro. Ampliade as imaxes e veredes.  Esperamos que os Reis se porten  moi ben con vos.


Panoramica

Masi detalle do misterio do Belen do CEDRO

Detalle dunha Casa



mércores, 20 de outubro de 2010

Coiro e madeira, madeira e coiro.


As Pezas Gañadoras do certame.
http://www.oficioyarte.info/

 Recentemente a Diputación de A Coruña fixo públicos os gañadores do VIII Premios Antonio Fraguas Fraguas de artesanía. Os gañadores foron os pontevedreses Elena Ferro Lamela e Miguel Sánchez Iglesias nas categorías de Artesanía Contemporanea e Artesanía Tradicional respectivamente.
Elena Ferro, que é o caso que coñezo pertence a unha saga de artesans vinculados ó mundo do coiro, os zoqueiros. O traballo de Elena e un traballo que todos coñecemos, xa que nas numerosas feiras que hai na nosa terra é moi fácil de atopar o seu posto, e como ela di nunha recente entrevista non se pode vivir soamente dos zocos, e ten que elaborar tamen pezas de marroquinería e bixutería. Nesta mesma entravista no Diario de Poentevedra Elena dí que o reto que ten agora é traballar o Coiro nun torno para elaborar pezas decorativas como si de madeira se tratase. ¿Posible? ¿Imposible?

Mazos de Coiro da EMAO versión 1.0

Posible, na EMAO levamos un tempo intentando facelo, e xa temos algún resultado. coa colaboración de Carlos Corral, profesor de CAIM- Gaita, o que tanto lle dou a brasa, a finais de setembro elaboramos a primeira versión galega dos leather mauls americanos. A pimeira proba que xa estamos a mellorar foi elaborada con diferentes coiros de vaca, e hai algun que xa está desbotado porque dificulta bastante o traballo.




Outra opción moi pouco coñecida e que aporta moitas opción para a decoración de pezas é o "engastado" do coiro, parte de cor amarela. Pode ser considerada como a versión da talla en madeira aplicada ó Coiro. O unico segredo está en como unir as pezas para facer un bloque.
Visita http://www.selim.es/ e no apartado Bestiario observa os detalles das pezas, ¿de que material esta feito todo?
´Considero incrible os detalles da Tarataruga.