domingo, 29 de marzo de 2015

Clausura

Como xa sabedes onte se rematou esta Exposición, "Coiro...aínda que non o pareza", e para celebralo nos alistamos nos Días Europeos da Artesanía realizando unha multidemostración, para que o público asistente poidese coñecer dun xeito claro as diferentes técnicas que se desenvolven en coiro.
Aquí vos deixo algunhas fotos dos participantes.
Falta alguha foto, pero pronto haberá máis....
Fotos de Marta Montenegro, moitas grazas Marta
Moitas Grazas a todos.

Noemí

Carmen

Vilas

Vane

Jaime

Douglas

venres, 27 de marzo de 2015

Despedida y Cierre



Xa quedan soamente unhas horas para que esta experiencia tan bonita chamada "Coiro... aínda que non o pareza" chegue ó seu final. Estamos botando toda a carne no asador, ó coincidir, o día 27, a clausura desta exposición co primeiro dos tres Días Europeos da Artesanía, faremos unha "Quedada de amigos do coiro", na que faremos demostracións de diferentes técnicas e oficios vencellados a este material. As mesas do taller desprazaranse ao Espazo Emao e serán ocupadas por profesionais, afeccionados, alumnado e antigo alumnado, que realizarán demostracións de diferentes técnicas e procesos en pel e coiro. Con esta actividade pretendemos achegar los procesos e as técnicas que realizamos ao publico en xeral dun xeito ameno, próximo e divertido. Realizaremos costuras, tallados, serigrafías, estampado, texturizados, labrados, tinguidos, policromados e metalizados co coiro como soporte, que seguro sorprenderán.... 

Unha actividade aberta a todos os públicos e gratuita. 
Lugar: Espazo EMAO, Rúa Rosalía de Castro esquina r/Pontevedra. 
Vigo 
 Hora: de 17.00 a 20.30
 Entrada libre hasta completar aforo. 
 Días Europeos da Artesanía: http://diasdelaartesania.es/node/2447?i=5&r=12&atelier=1&manifestation=1&centre=1&nb=6#.VRSPDPmG9PA

xoves, 26 de marzo de 2015

Restauración- Conservación

Onte pola tarde tivemos a oportunidade na EMAO de desfrutar da conferencia de Sonia Seco Lanzós na hemeroteca. A mestra da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ilustrounos os diferentes conceptos básicos de Restauración- Conservación- Reciclado- Reparación.
Ademáis nos amosou imaxes dos diversos procesos de traballo en pezas de coiro como tapicerías de coches, cadeiras, gorras ou murais de Guadamecí.



luns, 23 de marzo de 2015

Traca Final



Como xa sabedes quedan só 5 días para que remate a nosa Exposición "Coiro... aínda que non o pareza" no Espazo EMAO.

Con este motivo este mércores teremos na nosa Escola unha conferencia impartida por Sonia Seco Lanzós, . Conservadora- Restauradora de bens arqueolóxicos con experiencia en intervención en Coiro. Profesora da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
Baixo o título:  "Conservación- Restauración de Coiro, o seu achegamento ó Material e ó Oficio”, na sua disertación este Mestra nos explicará as diferenzas entre “ reutilización, reparación e rehabilitación” baseandose en algún exemplos reais. Diferencias entre conservación e restauración. Metodoloxia de traballo en Conservación – Restauración   

Esperamosvos
Data: 
Mércores 25 de Marzo, 19.00 h

Lugar: 
Hemeroteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigp
Garcia Barbón 5
Vigo
Entrada Libre


       

sábado, 14 de marzo de 2015

As alumnas.... demostrando

Como algúns xa sabedes, onte pola tarde no Espazo EMAO, e dentro das actividades complementarias de "Coiro... aínda que non o pareza" un grupo de alumnas da nosa especialidade realizaron unha demostración de diferentes técnicas coa finalidade de que os asistentes puideran ver dun xeito práctico como se elaboraron algunhas das pezas presentes na exposición.
Verónica Duarte e Vane Míguez nos amosaron varias maneiras de tinguir  e pintar o coiro. Patri Péreznos explicou como se realiza un repuxado e por último Ania Pereira e Carmen Mariño nos ensinaron como tallar e realizar o pulido por capas.
Moitas Grazas ás alumnas e tamén ós asistentes







mércores, 11 de marzo de 2015

Juan Ruiz


Hoxe resposta ás seis preguntas da EMAO, Juan Ruiz, outro dos artesáns que participan en "Coiro...aínda que non o pareza" dende Boborás, Ourense.

 -¿Cómo empezaches no coiro?
- O coiro e a miña pasion de toda a vida, pois sendo ven neno pasaba os dias mirando como traballaba Isidro Sanchez, un guarnicionero que vivia na miña rua, ali funme familiarizando con certas ferramentas e co material



-¿Que ten o coiro que 
non teña outro material?
O coiro e un material nobre e moi versatil po lo que permite multiples xeitos de ser traballado
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita? Non teño preferencia por ningua tecnica, pois penso que calquera e valida, todo depende da peza que un estea a desenrolar
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Teño algun proxecto (sobre todo en volumetria) pero nunca lles dou prioridade ata que teño a peza ben diseñada na miña mente, logo ven a parte mais leda que e levalo a cabo manualmente
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Non son de dar consellos. Pero a miña opinion e que todo o respeto co que se trate ó material vaise ver reflexado no producto final
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
Non teño ferramentas especiais, o igual que dicia cas tecnicas

luns, 9 de marzo de 2015

Escultura de Cuir




Ola, son Núria Clotet Simon do taller Escultura de Cuir e son a encargada de contestar a estas preguntas sobre o noso oficio. Tamén me gustaría agradecer á xente que está a facer posible esta exposición sobre o coiro cun titulo tan próximo ao noso traballo: "Coiro... aínda que non ou pareza. "
¿Cómo empezaches no coiro?
A miña formación no oficio é esencialmente directa, xa que bebe das fontes que fai xa case 30 anos o crearon. Estou a falar do oficio da creación de esculturas en coiro. Todo empezou en Francia onde unha parella de artesáns do coiro deron un novo sentido á técnica veneciana do modelado da badana, aplicándoa á arte figurativa. Eles, Corinne Lancelin e Joel Dethy, ensináronme o oficio. Eu ensineillo á miña nai Rosa Simon Pujols e o meu compañeiro Xavier
Guillaumet Calabuig. Os tres traballamos no noso taller Escultura de Cuir.



-¿Cómo descubriches o nobre material?
O coiro, como xa dixen antes, descubrino a partir de descubrir o traballo dos meus mestres. Pero de descubrir o coiro a coñecelo, foi un proceso lento. Primeiro empecei recortar patróns, onde descubrín que a pel non é papel, e que non é regular, e que cambian moito as propiedades dependendo que parte cortase. Polo tanto, dependendo de que debe servir un patrón, é moi importante encontrar a parte coas propiedades axeitadas.

Despois xa empecei a modelar. Non foi nada doado. Tiña que recrear o efecto que dá a gravidade na roupa dos personaxes; facer que os personaxes tivesen unha expresión corporal verosímil, e non só iso, que expresaran cousas, en certo modo, que tivesen alma. Era moi habitual pasarme un puñado de horas intentando facer un personaxe e que este non se puidese aproveitar para nada. Paseime moitas horas no taller traballando para que me saíse un produto digno. Fixábame na caída de todas as teas que vía, en como poñía os brazos e as pernas á xente do meu arredor para traballar ou expresarse. Estaba gratamente obsesionada, xa que encontrara a miña vocación.

Ao pouco tempo me atrevín coa pintura. Pintamos o coiro con aerógrafo e cores translúcidas, así conseguimos unha alta gama de tonalidades, reforzando a intensidade das dobras do coiro. Foi un pracer aprender a pintar. Ir combinando capas de cor e crear cores novas cunha pequena combinación de cores primarias.
O proceso de aproximación ao coiro foi similar para o resto de integrantes do taller.

-¿Que ten o coiro que non teña outro material?

O primeiro que me vén á cabeza é o seu tacto e olor. No noso oficio o que valoro máis é a súa elasticidade para o modelado, a medio camiño entre o barro e o papel, pois modelamos o coiro coas mans coma se fose barro, pero lle damos tridimensionalidade a un material esencialmente bidimensional como é o coiro, coma se fose papel. Ademais, a textura do coiro permítenos conseguir acabados realistas que os nosos personaxes fantásticos necesitan.

-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Actualmente empezamos a coser e pirograbar coiro, pero a técnica máis usada no taller é o modelado do coiro con auga. Esta técnica é a base creativa do noso taller. O uso do aerógrafo para pintar as pezas é unha técnica moi versátil, que nos proporciona unha gran liberdade nos acabados.

-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Temos moitas ganas de ampliar o catálogo de personaxes do taller, así como abrir novas coleccións. Te ganas de empezar a facer animais, elefantes, rinocerontes, galos, dragons... e seguir coa colección de coches clásicos en coiro, que actualmente só conta coa furgoneta WV T2, ampliándoa co WV beattle, C 2 CV, seat 600. Tamén nos gustaria ampliar a oferta de bixutería, creando novos tipos de follas e motivos ornamentais.

-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Recomendaría perseveranza, intentar as cousas unha e mil veces ata conseguir un traballo digno de ser compartido, e nesta perseveranza adquirir a habilidade suficiente para que traballar o coiro sexa como andar ou respirar, entón non descoidar os pequenos detalles, dedicándolle a cada peza o tempo necesario para que sexa única.
Feiras e exposicións son bos laboratorios para probar o teu traballo, xa que hai miles de ollos que valoran, critican, gozan e rexeitan a túa obra. Ser capaz de aprender dos clientes é vital para manter a túa obra con vida.

-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
Utilizamos ferramentas moi comúns, tesoiras e marcadores de pel. Quizais a ferramenta máis usada sexa as nosas mans, xa que modelamos a pel con elas.
O aerógrafo sería a ferramenta máis sofisticada que utilizamos.

Se queredes coñecernos máis, recentemente actualizamos a nosa traxectoria no noso blogspot. Pásovos o link:
http://esculturadecuir.blogspot.com.es/2013/04/trajectoria.html












Nuria

Rosa

Xavi




xoves, 5 de marzo de 2015

Un Maestro que comeza unha nova vida

Eduardo Álvarez, Ana Caldas e Franklin Pereira o curso pasado
 na EMAO
Quero facer unha parentese na temática de "Coiro...aínda que non o pareza" para darlle as grazas a un compañeiro que hoxe vai a vivir un día moi especial...
Xa que a saúde me impide estar na Escola estes días quero aproveitar para darlle as Grazas a Eduardo Álvarez Blanco, mestre de Ourivería da EMAO, que despois de máis de 40 anos hoxe impartirá a súa clase, sen dúbida, máis especial....
Un Maestro moi especial que fixo unha labor especial durante moito tempo.
Grazas Eduardo polos favores, polos consellos, por as ensinanzas e os trucos aprendidos........
Agora te vamos a botar de menos, na Escola, no Claustro, no café....
Unha Aperta e que teñas moita sorte nos novos proxectos que teño seguro que vas comezar, por que xubilar te xubilarás, pero quieto todos sabemos que non vas quedar......

martes, 3 de marzo de 2015

Jim Linell

Retomamos as entrevistas que temos por costume facerlle ós artesáns que nos visitan ou cos que temos trato. Nesta ocasión lle facemos o cuestionario a Jim Linell das seis preguntas da EMAO.
-¿Como empezaches no coiro?
 As primeiras leccións que recibín sobre o traballo con coiro foron en 1966 nunha clase na escola á que ía. Gustoume traballar con coiro, e non tardei en adquirir un xogo básico de mateadores eu mesmo, e empecei a practicar con cada anaco de coiro que puiden encontrar.
-¿Como descubriches o nobre material?
Co tempo, empecei a facer cousas para un fabricante de selas, así como un montón de traballos de personalización con coiro para outra tenda de selas. Isto deume a oportunidade de mellorar a miña habilidade posto que realizaba pedidos para clientes. En 1978 fun a traballar para Tandy Leather Company. Co paso dos anos, puiden traballar con moitos dos grandes mestres do oficio.

-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
O coiro é un material único. Pode ser gravado, moldeado, costura, coloreada, transformada en escultura, e moito máis. É unha fibra natural, e un recurso renovable. É un dos materiais máis antigos cos que o home traballou.
-¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
A creación de arte en tres dimensións é o máis desafiante para min. Rétame a encontrar os límites de cada anaco de pel; e o potencial do que podo chegar a facer con coiro utilizando estas técnicas é tan ilimitado como a miña imaxinación.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Estou a desexar crear a tamaño real, unha escultura en tres dimensións da cornamenta dun alce americano. É un proxecto que leva varios anos na miña cabeza. Tamén planeei un proxecto que unirá técnicas tridimensionais e o clásico repuxado do oeste.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Alguén que estea a empezar a traballar con coiro debe intentar encontrar un mestre que o guíe a través das bases do traballo en coiro. E practicar moito e moi a miúdo.
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
A ferramenta que considero importante para un mestre é a coitela xiratoria. É o inicio e o final de moitos gravados en coiro.
How did you take your first steps towards leather? The first lessons that I had in working with leather was in 1966 in a class at the school I was attending. I enjoyed working with leather and soon acquired a basic set of stamping tools of my own and started practicing on every scrap of leather I could find.


How did you discover the “fine” material? I eventually started doing work for a saddle maker as well as a lot of custom leather work for another saddle shop. This gave me the opportunity to refine my skills as I completed orders for customers. In 1978 I went to work for Tandy Leather Company. Over the years I have been able to work with many of the great masters of the craft.


– What has leather got that other materials lack? Leather is a unique medium. It can be carved, molded, sewn, colored, sculptured and more. It is a natural fiber and a renewable resource. It is one of the oldest materials that man has worked with.


– Among all the techniques that you know, which one would you choose as your favourite? I find creating three dimensional art to be the most challenging. It challenges me to find the limits of each piece of leather and the potential of what can be done with leather by utilizing these techniques are as limitless as the imagination.


– What piece are you really looking forward to making and you haven´t made it yet? I am looking forward to creating a life-sized, three dimensional sculpture of a moose antler. This is a project that has been created in my mind for a couple of years. I also have a project in the plans that will incorporate three dimensional techniques and classic western style carving.


– What would you advice to a person who is just starting? Someone starting to work with leather should try to find a mentor to guide them through some of the basics of working with leather. Practice much and often.


- Do you have any “special” tool? The tool that I think are important to master is the swivel knife. It is the beginning and end of many leather carvings.