mércores, 30 de decembro de 2015

Moito Coiro 2016



Este ano que hoxe remata foi sen lugar a dúbidas un ano moi intenso na EMAO, e máis para a especialidade de Artesanía en Coiro.
En Febreiro inauguramos unha gran Exposición 

Con un título moir suxestivo 

O acto foi presidido polo Alcalde de Vigo Abel Caballero e varios concelleiros 

Os nosos amigos de Tandy Leather colaboraron cunha presentación  e demostración dos seus produtos

Recibimos a visita de Enric Ferrer 

O público foi numeroso

Recibimos a visita dos noso amigos de Alento

Nunha conferencia Sonia Seco nos introduciu na Restauración de obxevtos de Coiro

Recibimos a visita de Tim Swainson (NZ)

Asisitiron moitos amigos, de preto e de lonxe

Fomos de excursión ó Museo do Coiro de Allariz

E fomos todos, gandes e pequenos



Tivemos a gran oportunidade de ter entre nós a José Bernardo dende México
Ó seu encontro acudiron amigos como Franklin Pereira  e Ana Caldas dende Portugal ou José Villar

   
O peche do ano correu a cargo de  Toni Reyes


Pois si que foi intenso.............. así que a rematar ben o 2015 e

MOITO COIRO 2016

mércores, 23 de decembro de 2015

Bo Nadal e Mellor 2016

Dende o Obradoiro de "Artesanía en Coiro" da Escola Mucipal de Artes e Oficios de Vigo queremos desexarvos un Bo Nadal e que o vindeiro 2016 sexa un gran ano para tod@s, que desfrutedes das festas e Moito Coiro 2016

martes, 22 de decembro de 2015

Avance de Cintura

Como xa sabedes, estamos a realizar os cinturóns decorativos no grupo de Superior B, aquí vos deixamos un pequeno avance...
Cinturón de Loli

Cinturón de Loli

Cinturón de Loli

Cinturón de Rosa

Cinturón de Rosa

Cinturón de Rosa

Cinturón de Rosa

Chaleco-Cinturón de Marta

Chaleco-Cinturón de Marta

venres, 11 de decembro de 2015

Conversa productiva

Esta tarde na hemerotca da EMAO tivemos o pracer de desfrutar dunha  conversa moi productiva cun visitante moi especial, que dende Ibiza está a realizar a súa particular volta a España.
Toni Reyes, sevillano asentado dende hai anos en Ibiza, pasou a trade cos alumnos da nosa especialidade, durante dúas horas nos falou sobre os seus comezos, e como foi desenvolvendo trucos para traballar, as súas motivacións, pero sobre todo da súa paixón, O Coiro.
Para a nosa Escola, e moi en especial para mín foi unha sorte contar con Toni e Ana esta trade, que modificaron  parte da súa ruta para pasar esta tarde con nós, así que só me queda dicir GRAZAS, e .... vos teremos ó tando do productiva que vai a resultar esta charla.







Fotos de Marta Montenegro

mércores, 9 de decembro de 2015

Visita na EMAO

Conversa co artesán do coiro Toni Reyes na Hemeroteca da EMAO

Mañán xoves recibiremos a visita na Escola de Artes e Oficios de Vigo do artesán do coiro, asentado en Ibiza, Tony Reyes; con tal motivo manteremos con el unha conversa na Hemeroteca da Escola, a partir das 18.00 horas.

Este artesán do coiro e dos metais leva traballando máis de trinta anos na illa e goza de gran prestixio no oficio. Os seus traballos foron parte da exposición "Coiro... aínda que non o pareza" que se celebrou en febreiro e marzo no Espazo EMAO.

Podedes coñecer máis sobre Tony Reyes no seu perfil de Facebook  ou no video que enlazamos.

Lugar: Hemeroteca da EMAO
Data: Xoves 10 de decembro de 2015
Hora: 18.00

Entrada restrinxida ao alumnado da Especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO

No seguinte enlace podedes ver un video presentación do traballo de Toni