O pasado mércores día 14 de xuño de 2017 o
Museo do Coiro se reuníu o xurado do Concurso “700
anos da Festa do Boi” formado por Antonio Blanco, membro da
Asociación Cultural Xan de Arzúa, Ernesto Sánchez , Artesán do Museo do
Coiro de Allariz, Nelson Gómez Callejas, Artesán do coiro e Juan Antonio Seara, técnico de cultura tendo en conta o voto emitido polos visitantes que visitaron a exposición “700 anos da Festa do Boi” na que
estiveron expostas as pezas presentadas ó concurso e que estivo aberta ó público do 3 de maio ao 11 de xuño de 2017 no Museo do Coiro.
Como sabemos, a Festa do Boi é unha
manifestación cultural que se mantén na
localidade de Allariz dende fai VIII séculos, é unha festa de orixe Medieval
que recorda ás disputas sociais entre
xudeus e cristiáns no ano 1317. Na actualidade representa un compromiso coas raíces, na que a música, as danzas tradicionais e
os gremios, ademais das famosas “Carreiras do Boi” que son parte de esta festa.
O Xurado acordou conceder :
-O primeiro premio de 400€ á peza “DCC ANNI” de José Villar.
-O segundo premio de 300€ á peza “O Boi, un cadaver exquisito” dos alumnos de primeiro curso da especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Arte e Oficios do Concello de Vigo.
-O terceiro premio de
200€ á peza “Os Curtidores” de Miriam Campomar,
Por outra banda ante a calidade das
pezas presentadas decidiu por unanimidade concederun accésit de
100 € a peza que leva por título “Boi”
de Michael Nadeau.
 |
| Peza de Michael Nadeau |
 |
| Peza de Miriam Campomar |
 |
| Peza dosAlumnos da EMAO |
 |
| Peza de José Villar |
Gracias ó Concello de Allariz por ter organizado esta actividade e a Ernesto e Miriam pola súa labor no Museo do Coiro e á cabeza das Xornadas dos Oficios do Coiro.