xoves, 9 de novembro de 2017

PROXECTOS 2017

Mañán ás 19.00 no Espazo EMAO vai ter lugar a inauguración da Exposición "Proxectos 2017", esta mostra é o escaparate onde os alumnos que durante o pasado curso no Nivel Avanzado.
Nesta ocasión a representación da nosa Especialidade esta formada por seis alumnas que cos seus proxectos van amosar unha vez máis asinfinitas posibilidades do Traballo do Coiro.
Antonina, Sandra, Loli, Elisa, Iria e Sara

“Como posta en práctica do aprendido durante o meu paso pola Escola decidín afondar no volumen, sobre todo en técnicas como o modelado, o conformado ou o moldeado con area, e despois de moitas probas, e de xogar moito co Coiro aquí vos presento o meu Coirobol”.


                                            Sandra.


“En Rusia,Jojlomá é o nome dunha antiga técnica de pintura decorativa, unha das máis destacadas ememorables da tradicion popular. Apareceu no século XVII, cerca de Nignii Novgorod, cidade, que se atopa na beira do gran rio Volga. O nome de este arte, procede dunha pequeña vila, así chamada,onde vivian os artesans da madeira que facian vaixelas cunhas pinturas preciosas, por iso decidín combinar a tradición co aprendido na Escola xogando cun material tan versátil como é o Coiro para desenvolver o meu proxecto.”

Antonina.

“Hoxe en día os dispositivos electrónicos forman parte da nosa vida, así que para desplazarnos precisamos de unha protección que soamente o Coiro lle pode dar, por iso neste proxecto elaborei fundas para ttransportar unha tablet, un portátil e un móvil”


                                               Elisa


“Shieldmaidens, en Danés skjoldmø, en Noruego skjoldmøy, en Sueco, sköldmö y en Alemán, Schildmaid, dentro da mitoloxía escandinava, estos termos representan á muller que se entrega á loita e se convirte  en guerreira no campo de batalla. Con esta coraza de inspiración vikinga, resultado de un minucioso proceso de investigación e elaboración, ademáis de presentar os coñecementos adquiridos nesta Escola, se pretende  alabar, de forma simbólica, a todas aquelas mulleres loitadoras que existiron ó longo da historia.” 
Iria.


“Ante os obstaculos que atopamos á hora de aprender a trenzar, os libros ou están el Inglés ou teñen uns gráficos que non son claros, decidín plantexar un proxecto que acabara con esta dificultade, así pois , aquí vos presento a miña compilación de guías de apendizaxe no que traballei para facilitarlle a tarefa @s que veñan despois”

                                      Sara.



“Tras descubrir a revista francesa “L' Artisan Pratique”, publicada durante as décadas dos 20 e os 30 do século XX, decidín tomala como fonte de inspiración para este proxecto aplicando os deseños das ilustracións como decoración para un moble moderno de liñas simples.empregando as técnicas de traballo e as formas de tinguido da época.”


                             Dolores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario