domingo, 30 de setembro de 2012

Dia do Maestr@

Cartel de hai uns anos para a
 celebración desta data.
Dende hai nove anos a FAD( Fundación de Axuda contra a Drogadicción) celebra o dia de hoxe o dia do Maestr@. Así pois imos rendirlle dende aquí unha homenaxe ós nosos mestres, ós que tivemos cada una de nós e os que ainda nos quedan por ter... xa que podemos dicir que cada dia aprendemos algo podemos dicir que aquel que nos ensina algo é un mestre, e nos oficios os mestres son algo moi importante xa que son os que transmiten a tradición. Dende Aquí o noso homenaxe a todos os Mestres.
Para máis información: http://www.fad.es/Home

venres, 28 de setembro de 2012

Hoxe é o último día do mes de setembro, e a partir do luns haberá na Escola una cara coñecida menos e unha nova, a cara que deixaremos de ver con tanta frecuencia é a do Mestre de Serigrafía Artística, Nelson Villalobos. A nova cara é a de Alba Pardo, a nova Mestra, á que dende aquí lle damos a benvida. A Nelson, non sei moi ben que decirlle, o primeiro que se me ocurre é dicir GRAZAS, ¿porqué? pois por todo... polo que compartimos, polo que falamos, polas fotos... por todo. Unha aperta Maestro.
Copio e pego o post que o Director da Escola colgou no blog da Biblioteca compartindo as súas verbas.

Nelson Villalobos, ¡ata sempre!

Vaise. Sempre o dixo: o meu paso pola Escola de Artes e Oficios é temporal; quero ensinar, comunicar o que sei, transmitir a miña experiencia, compartir co alumnado, durante un tempo, unha vivencia de coñecemento e creación en común. Correspóndeme devolver á sociedade, deste xeito, unha parte do que a sociedade me deu. Pero o seu tempo é para a creación libre (como él). Non quixemos crélo, non desexabamos crélo. Pero Nelson é dos que cumpren, e acaba de anunciarnos que deixa xa a docencia na EMAO para adicar todos os seus esforzos e tempo á creación artística, ao seu obradoiro, aos seus proxectos editoriais, a todo iso esencial que se volvera incompatible coas esixencias dun centro educativo. ¿Deixar un traballo seguro en plena crise?... pero ¿hai pior crise que a de non facer o que un desexa esencial e fondamente?... e iso sábeo ben este cubano vigués que encandilou ao alumnado do seu obradoiro na Escola nos últimos catro cursos cos segredos da súa paixón pola arte e o traballo ben feito, sen gardarse nada, como fan as persoas sabias. Botarei de menos a súa presencia na Escola, a súa aportación ao obxectivo de abrila ao que ocorre no mundo exterior. Pero non botarei de menos as longas e pausadas paroladas con el: esas continuarán, sen a pesada carga de exercer de director cando un o que desexa, neses momentos, é ser amigo. E queda agora no vello caserón de García Barbón o soave arrecendo que deixa o Caribe nas areas desa Cuba que amamos, e que ti tamén nos trouxeches sen a penas nomeala. Déixame rematar co poema de Alexandre O´Neill que me veu á cabeza cando me comunicaches a túa firme decisión que, con toda a mágoa da conciencia da perda que a túa marcha supoñía para a Escola, comprendín de inmediato:
Perfilados de medo, agradecemos o medo que nos salva da loucura.
Decisão e coragem valem menos e a vida sem viver é mais segura.
  Aventureiros já sem aventura,
  perfilados de medo combatemos irónicos fantasmas à procura do que não fomos, do que não seremos. Perfilados de medo, sem mais voz, o coração nos dentes oprimido, os loucos, os fantasmas somos nós. Rebanho pelo medo perseguido, já vivemos tão juntos e tão sós que da vida perdemos o sentido…
Sorte Nelson! Grazas e ata sempre!
Rafael Ojea Pérez Director en funcións da EMAO Permíteme o atrevemento de encabezar esta despedida con ese retrato teu que fixemos onte no meu despacho (compartindo esa común afección á fotografía), aproveitando esa luz tenue que cada día entra polas ventás da rúa Pontevedra para lembrarnos o compromiso que temos de reencontranos con esta cidade.

mércores, 26 de setembro de 2012

Preparados para o comezo do curso

Traballos dos Alumnos on PhotoPeach

Brindemos por 126 Máis!!!

Hoxe é un día especial para os que traballamos na Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo, tal día coma hoxe hai 126 anos se inaguraba o primeiro curso da nosa Escola. Así pois hoxe é un gran dia para os traballadores, alumnos, antigos alumnos e debemos celebralo, xa que en outras cidades as Escolas de artes e oficios foron desaparecendo, mentres en Vigo segue aberta e a pleno rendemento, así que dende aquí compartimos este video para alegrarvos o dia...

Celebradeo como se merece....

venres, 21 de setembro de 2012

Comeza a conta atrás!!!



Hoxe é o dia D, hoxe se abre o plazo de matrícla na EMAO tedes toda a información Neste enlace .
Se vos interesa ou coñecedes a alguén a quen lle interese reenviadelle o enlace ou que pase pola Escola para obter máis información.
Os que xa sodes alumnos xa sabedes que nos vemos a partir do dia 2 de Outubro.

xoves, 20 de setembro de 2012

Échame una mano prima!!!!!!

Pulsera "La Gamba". Pepe Pereira
Quentando motores para o novo curso ó que parece que lle queda menos para comezar quero plantexarvos un exercicio de busqueda de información. Estamos plantexando unha remodelación do blog, para poder darlle máis contido e capacidade de información.
Por iso estamos a facer unha recompilación de webs, blogs, perfís de facebook ou calquera outro tipo de conexión virtual, por iso te pedimos que nos botes unha mán, seguro que coñeces ou tes algunha que queres compartir, así que podemos facer un macro listado de enlaces que podemos agrupar en :


- Museos ou Institucións vinculados ó coiro
-Asociacións de artesans do Coiro
-Proveedores
-Obradoiros.
Esperamos a vosa colaboración que para efectos practicos podedes engadir como comentario, así´podedes ir vendo os que vaian poñendo os demais e evitaremos que se repitan.
Grazas por Adiantado.

luns, 17 de setembro de 2012

Para quedar coa boca aberta....




"Sin Título" Narciso Galán Hernandez. Fotográfía COARTE

Como aperitivo do novo curso vos deixo unha peza incríble, o seu autor é Narciso Galán Hernandez do obradoiro "Un nido de culebras", o nome da peza é "Sin título"e a verdade é que non se me ocurre un mellor, porque sen palabras é como me quedei...

Pois ben, esta peza é a gañadora do XVII Concurso de Artesanía Pieza Única de Burgos e podedes atopar máis información no último número da revista Oficio y Arte que podedes atopar na Biblioteca da Escola.

Queda polo tanto demostrado que o trenzado non soamente serve para facer pulseiras...

Grazas dende aquí a Pilar Prieto de Coarte Burgos por facilitarme a foto.


luns, 3 de setembro de 2012

De volta ó traballo

Chegou setembro, sube o Ive, suben as temperaturas e volvemos o traballo, xa queda pouco para volver ás clases... e volver á rutina. Con moitas ganas comezamos o novo curso ainda que os tempos parecen revoltos seguiremos amando o que facemos e esforzandonos día a día por facelo o mellor posible.
Un saúdo e xa sabedes onde estamos....