Amosando publicacións coa etiqueta Toni Reyes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Toni Reyes. Amosar todas as publicacións

venres, 11 de decembro de 2015

Conversa productiva

Esta tarde na hemerotca da EMAO tivemos o pracer de desfrutar dunha  conversa moi productiva cun visitante moi especial, que dende Ibiza está a realizar a súa particular volta a España.
Toni Reyes, sevillano asentado dende hai anos en Ibiza, pasou a trade cos alumnos da nosa especialidade, durante dúas horas nos falou sobre os seus comezos, e como foi desenvolvendo trucos para traballar, as súas motivacións, pero sobre todo da súa paixón, O Coiro.
Para a nosa Escola, e moi en especial para mín foi unha sorte contar con Toni e Ana esta trade, que modificaron  parte da súa ruta para pasar esta tarde con nós, así que só me queda dicir GRAZAS, e .... vos teremos ó tando do productiva que vai a resultar esta charla.







Fotos de Marta Montenegro

mércores, 9 de decembro de 2015

Visita na EMAO

Conversa co artesán do coiro Toni Reyes na Hemeroteca da EMAO

Mañán xoves recibiremos a visita na Escola de Artes e Oficios de Vigo do artesán do coiro, asentado en Ibiza, Tony Reyes; con tal motivo manteremos con el unha conversa na Hemeroteca da Escola, a partir das 18.00 horas.

Este artesán do coiro e dos metais leva traballando máis de trinta anos na illa e goza de gran prestixio no oficio. Os seus traballos foron parte da exposición "Coiro... aínda que non o pareza" que se celebrou en febreiro e marzo no Espazo EMAO.

Podedes coñecer máis sobre Tony Reyes no seu perfil de Facebook  ou no video que enlazamos.

Lugar: Hemeroteca da EMAO
Data: Xoves 10 de decembro de 2015
Hora: 18.00

Entrada restrinxida ao alumnado da Especialidade de Artesanía en Coiro da EMAO

No seguinte enlace podedes ver un video presentación do traballo de Toni