Amosando publicacións coa etiqueta Eventos de Coiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eventos de Coiro. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de xuño de 2017

"700 anos da Festa do Boi"


O pasado mércores día 14 de xuño de 2017 o Museo do Coiro se reuníu o xurado do Concurso “700 anos da Festa do Boi” formado por Antonio Blanco, membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, Ernesto Sánchez , Artesán do Museo do Coiro de Allariz,  Nelson Gómez Callejas, Artesán do coiro e Juan Antonio Seara, técnico de cultura tendo en conta o voto emitido polos visitantes que visitaron a exposición “700 anos da Festa do Boi” na que estiveron expostas as pezas presentadas ó concurso e que estivo aberta ó público do 3 de maio ao 11 de xuño de 2017 no Museo do Coiro.
Como sabemos, a Festa do Boi é unha manifestación cultural que se mantén  na localidade de Allariz dende fai VIII séculos, é unha festa de orixe Medieval que recorda ás disputas  sociais entre xudeus e cristiáns no ano 1317. Na actualidade representa un compromiso coas raíces, na que a música, as danzas tradicionais e os gremios, ademais das famosas “Carreiras do Boi” que son parte de esta festa. 

O Xurado acordou conceder :
-O primeiro premio de 400€ á peza “DCC ANNI” de José Villar.
-O segundo premio  de 300€ á peza “O Boi, un cadaver exquisito” dos alumnos de primeiro curso da especialidade de Artesanía en Coiro da Escola Municipal de Arte e Oficios do Concello de Vigo.
-O terceiro premio de 200€ á peza “Os Curtidores” de Miriam Campomar

Por outra banda ante a calidade das pezas presentadas decidiu por unanimidade concederun accésit de 100 € a peza que leva por título “Boi” de Michael Nadeau.



Peza de Michael Nadeau

Peza de Miriam Campomar

Peza dosAlumnos da EMAO 
Peza de José Villar




Gracias ó Concello de Allariz por ter organizado esta actividade e a Ernesto e Miriam pola súa labor no Museo do Coiro e á cabeza das Xornadas dos Oficios do Coiro.

mércores, 15 de febreiro de 2017

En La palma tamen están de Expo

Así é, a nosa Escola irmá de Madrid, Escuela de arte la Palma, inaugura mañán xoves 16 de Febreiro unha exposición do noso amigo José María Bernardo Sappia, para moitos Jose Bernardo.
Sen lugar a dubidas será una exposición que dará moito que falar, xa que o xeito que José ten de traballar o noso material  nos seus diferentes estados, físico, polvo e reciclado.... "Reflejos", que así se chama a exposición non vai deixar a ninguen indiferente.
Moita sorte dende aquí a José Bernando e a Aurora e o seu equipo neste evento.


Lugar: Escuela de Arte la Palma
Calle de la Palma 46 Madrid
Horario: de Luns a Viernes de 11 a 14 e de 18 a 20 horas
Jose Bernardo e José Villar no Patio de Gaitas da EMAO 2015

venres, 3 de febreiro de 2017

Para Vigo me voy!!

Sen lugar a dúbidas esta canción e debe andar a dar voltas na cabeza do noso amigo Jim Linnell, alá por Venus, Texas(USA). E é que o premio Al Stohlman do ano 2002 vai visitar Vigo, para máis señas a EMAO, dentro de xusto un mes estaremos aprendendo de un dos grandes Maestros na nosa Escola.
O programa de actividades ainda non está pechado, pero xa sabemos que o lúns día 6 de marzo teremos unha demostración aberta ó público, con inscrición previa, e o martes día 7 teremos unha Master Class só para os alumnos da nosa especialidade.
Estade atentos a este blog para máis información. Para saber algo máis sobre Jim aquí vos deixo a súa paxina web http://www.elktracks.net/

Como adianto tamén tedes que saber que o vindeiro xoves 23 de marzo inauguraremos no Espazo EMAO unha nova exposición de Coiro.








mércores, 30 de decembro de 2015

Moito Coiro 2016



Este ano que hoxe remata foi sen lugar a dúbidas un ano moi intenso na EMAO, e máis para a especialidade de Artesanía en Coiro.
En Febreiro inauguramos unha gran Exposición 

Con un título moir suxestivo 

O acto foi presidido polo Alcalde de Vigo Abel Caballero e varios concelleiros 

Os nosos amigos de Tandy Leather colaboraron cunha presentación  e demostración dos seus produtos

Recibimos a visita de Enric Ferrer 

O público foi numeroso

Recibimos a visita dos noso amigos de Alento

Nunha conferencia Sonia Seco nos introduciu na Restauración de obxevtos de Coiro

Recibimos a visita de Tim Swainson (NZ)

Asisitiron moitos amigos, de preto e de lonxe

Fomos de excursión ó Museo do Coiro de Allariz

E fomos todos, gandes e pequenos



Tivemos a gran oportunidade de ter entre nós a José Bernardo dende México
Ó seu encontro acudiron amigos como Franklin Pereira  e Ana Caldas dende Portugal ou José Villar

   
O peche do ano correu a cargo de  Toni Reyes


Pois si que foi intenso.............. así que a rematar ben o 2015 e

MOITO COIRO 2016

mércores, 30 de setembro de 2015

Le cuir, mon amour

Esta pasada fin de semana tivo lugar na vila francesa de Firminy o ELWATS 2015 (European Leather Workers and Artists Trade Show), o primeiro encontro europeo de Artistas e Artesáns do Coiro. Os leather trade shows son un evento que se celebra cunha periodicidade anual normalmente,e estan organizados polos coñecidos como Leather Guilds e se distribuen durante o ano en datas concretas nas diferentes zonas xeográficas dos Leather Guilds, é ben coñecido o de Sheridan Wyoming no mes de maio, tamén coñecido coma o Rocky Mountain Leather Show.
 En estes eventos se combinan actividades formativas, coa actividade comercial e as divulgativas. Neste caso, en Firminy, as parte formativa con obradoiros impartidos por artesáns da talla de Chris Slickbald Andre, Michael Dale, Chan Geer, Kathy Flanagan, Yves Lesire, Lisa Sorrel, Serge Volken ou Bob Beard entre outros. foi unha oportunidade moi interesante para aprender ténicas e métodos de traballo dos mestres. Cada un de eles compartíu o seu coñecemento e as súas destrezas nas diversas técnicas, procesos de elaboración o incluso do deseño.
A parte comercial reultou moi interesante, xa que o visitante pode tratar directamente con distribuidores e incluso fabricantes, comprar, coñecer os produtos e incluso aclarar dubidas ou pedir consellos, cousa que no caso dos fabricantes ás veces e moi produtivo. Tandy Leather, Fiebing, Barry King, Bob Beard, Leather Crafteres & Saddlers Journal, Jeremiah Watt, Ron Tools, Osborne, Curtisur, Logis de Cords.....
Na parte divulgativa, te podías cruzar cos Mestres dos obradoiros, e tamén cos alumnos, que sempre estaban dispostos a intercambiar impresións, orientar, aconsellar o para tomar un cafe e falar, este quizais é un dos puntos fortes de este evento pola miña experiencia en concreto, xa que tiven a oportunidade de coñecer a moita xente á que admiro e das que segues o seu traballo, que sempre estaban dispostos a pararse un rato a charlar ou o que xurda....
Penso que os eventos de este tipo sempre son enriquecedores, temos unha referencia cercana que son as Xornadas dos oficios do Coiro de Allariz, que non lle teñen nada que envexar en calidade, traballo ou organización. E que sen dubida, co tempo iran crecendo e superandose....
Aquí vos deixo algunhas fotos, e xa sabedes, para o ano que ven apuntadevos......
Barry King e a súa esposa no seu posto

O Stand de Fiebings

Con Yves Lesire

O noso Amigo Leder Louis co seu Stiching Pony

Lien Deradaet no stand de Tandy Leather

Peza de Jim Linnell Exposta

Detalle da peza de Linnell

Stand de C.S. Osborne

Peza exposta de Bob Beard

Peza Histórica exposta de Serge Volken

Stand de Logis de Cord

Parte do Stand de Herman Oak


Parte do Stand de Ledermarcher

Parte do Stand de Leather Machine Company

Alf acudiu a Firminy dende Suecia

Con Serge Volken

Le Firmament, o lugar onde se celebrou o evento

Con Chris Slickbald

Coleen Watt

Panorámica do interior

Panorámica do interior