Fachada lateral da Fábrica de Curtidos. |
Nas últimas semanas e grazas a unha alumna de Iniciación, descubrimos unha Fábrica de Curtidos no Concello de Ponte Caldelas. A Fábrica de Curtidos Arruty empezou a traballar hai uns 150 anos e xunto con outras dúas foi un motor importante para a economia do municipio. Esta curtidoira debeu ter unha gran importancia xa que conta cuns 30 caleiros de gran tamaño, un gran muiño para a cortiza, do que se extraerían as substancias curtintes, e unha prensa para escurrir os coiros totalmente feita de madeira. Na segunda planta conta co secadoiro un balcón para secar os coiros ó sol.
Muiño da Cortiza. |
Quero dende aquí darlle as grazas á familia propietaria da curtidoira pola visita guiada que me fixeron e as facilidades que me deron para visitala.
Retrato do Señor Arruty. |
O venres 18, pola tarde os alumnos de Perfeccionamento II fixemos unha visita á cidade de Pontevedra, non para ir as festas de Campolongo, senon para visitar o Museo de Pontevedra.

Alí pudemos ver o in situ o que é un guadamecí é diferenciar os diferentes tipos de labrado do coiro. Dende aquí queremos agradecer tamén o Museo de Pontevedra e a nosa guia as atencións prestadas.