Como xa contei nas miñas viaxes a Jerez de la Frontera, tanto cando coñecín ó mestre Tony Laier coma cando coñecín a Charlie Davenport, levei como tarxeta de presentación un dossier coa historia da nosa Escola e fotografías dos traballos dos nosos alumnos. Estas fotografías aparecían no dossier coa descripción da técnica, o material e o nome do autor ou autora. Pois ben, acaban de facernos un gran agasallo, Charlie Davenport, o Social Media Manager da compañía Texana acaba de publicar no blog da súa empresa as fotos dos nosos traballos. Así que parabéns. Creou unha pestana no lateral do blog, o importante, para mín é que estamos aparte da chamada Guest Gallery (galería de invitados). Así pois grazas e parabens outra vez polo voso traballo.
http://blog.leathercraftlibrary.com/galleries/escola-municipal-de-artes-e-oficios-do-concello-de-vigo/
Moitisimas Grazas Charlie.
xoves, 31 de maio de 2012
xoves, 24 de maio de 2012
O Coiro tamén chora
Peza de María Velilla PII, que ilustra as bágoas que o coiro derrama hoxe. |
Vamos a botar de menos a súa alegría, as súas prisas por rematar, as súas pulseiras, xa non teremos a quen chamar Ángel, xa ninguen dirá iso de "los que llevamos trenzas", as ensaimadas non nos van a saber igual...
Non teño moito máis que poder dicir porque as palabras non me saén. Só sei que o vamos a botar moitísimo de menos, e que o lúns a clase non vai ser igual, porque vai haber unha cadeira valeira na clase, cada vez que chamen á porta esperaremos que sexa el, pero me temo que non vai ser así aínda que de Luís se pode esperar todo, como a súa última visita en cadeira de rodas á clase, na que cando sorprendidos o vimos entrar pola porta mirando as nosas caras de de sorpresa dixo algo así como " se non veño eu quen lle vai a tocar as narices ó profe"
O coiro chora, as nosas ferramentas están tristes, pero máis tristes estamos nós...
Ata sempre Luis... unha aperta.
Carta publicada no Progreso de Lugo que fala sobre Luis
mércores, 23 de maio de 2012
Bolsos
Xa recuperado da gorxa e sen febre aquí estamos outra vez, con forzas para este último mes que nos queda de curso, así que para que vos inspiredes e entre todos tempregguemos as nosas forzas para dalo todo vos deixo un aperitivo do que se fai na clase. Espero que vos guste.
Ania PIB |
Carmen PIA |
Luisa PII |
venres, 18 de maio de 2012
Novas Follas
Ainda que xa pasou, onte foi o Día das Letras Galegas, e como esta está a ser unha semana un pouco complicada por diferentes razóns, me gustaría adicarlle unha entrada.
Como non sei de ningún libro sobre o coiro en Galego, imos facer unha derivación, o Día das letras galegas se celebra este día xa que foi o dia que se publicou Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no ano 1863. E como Rosalía tamén escribiu un libro chamado Follas Novas o podemos vincular coas Novas Follas que estamos a elaborar na clase. Baseandonos en dúas técnicas.
O modelado en repuxado con recheo.
A transferencia de Texturas

Celsa P1B |
O modelado en repuxado con recheo.
Mónica P1B |
Kelly P1b |
Raquel P1A |
A transferencia de Texturas
luns, 7 de maio de 2012
Traballando cun Mestre
Como xa saberedes o pasado venres tiven a
oportunidade de coñecer o artesán estadounidense Charlie
Davenport, este artesán traballa para a empresa Tandy
Leather Factory desenvolvendo novos produtos didácticos e ferramentas,
ademais de ser o encargado de xestionar o blog da empresa e os perfís desta en
Facebook.
Charlie ademáis tuvo detalle de adicarlle unha foto dunha das súas pezas ós alumnos da Emao, con verbas cheas de sentimento e sabedoría.
"Todo artista do coiro debería divertirse co que fai... se ti o pasas ben, te divirtes, os teus proxectos mellorarán máis rápido"
1- O primeiro paso que seguimos foi recortando o debuxo proposto transferiu o debuxo do papel ó coiro. A cabeza do touro mediante o uso dun buril pasou dun folio a un anaco de pel de vaca.
2- Empregando a coitela xiratoria fixounha incisión no coiro seguindo as liñas exteriores do debuxo.
3- O deseño incisado queda así. Se o repasaramos cun buril xa o poderíamos deixar así como un incisado simple.
4- A continuación cun mateador de cuña repasamos o brde exterior do debuxo, así queda sobreposto ó fondo do deseño.
5- Unha vez que xa rematamos o labrado tradicional as liñas do debuxo se repasan con burís. Para darlle máis realidade tridimensional cun bisturí se fai un corte en paralelo o plano por debaixo das orellas.
6- Co buríl repasamos os bordes coa idea de redondear os bordes para darlle máis realismo e darlle textura ás diferentes partes da cabeza.
7- Este sería o último paso para rematar a técnica coñecida como "figure carving", é dicir, labrado figurativo.
Mañá.: ¿Queres máis?
Charlie ademáis tuvo detalle de adicarlle unha foto dunha das súas pezas ós alumnos da Emao, con verbas cheas de sentimento e sabedoría.
"Todo artista do coiro debería divertirse co que fai... se ti o pasas ben, te divirtes, os teus proxectos mellorarán máis rápido"
3- O deseño incisado queda así. Se o repasaramos cun buril xa o poderíamos deixar así como un incisado simple.
6- Co buríl repasamos os bordes coa idea de redondear os bordes para darlle máis realismo e darlle textura ás diferentes partes da cabeza.
Mañá.: ¿Queres máis?
sábado, 5 de maio de 2012
Sempre merece a pena...
Soamente como adianto, ¿poden merecer a pena 26 horas de autobus, dúas de tren e tres taxis para pasar unha mañán en Jerez de la Frontera? Resposta SI, tiven a sorte de poder desplazarme e coñecer ó mestre Charlie Davenport, pasei con el toda a mañán de onte, venres, e falamos moito, aprendín moitisimo máis e veño cargado de regalos, así que me repito, Sempre merece a pena unha paliza de viaxe para xogar co coiro...
Coincidencias da vida realizou un labrado da cabeza dun touro, Tony Laier a cabeza dun cervo, cando lle preguntamos que porqué sempre animais con cornos, non soubo responder, pero o acabado final merece a pena
Primeiros pasos no incisado |
Charlie mateando cun mazo feito polos mestres da Escola Carlos Corral e Pepe Pereira |
Touro rematado |
Coincidencias da vida realizou un labrado da cabeza dun touro, Tony Laier a cabeza dun cervo, cando lle preguntamos que porqué sempre animais con cornos, non soubo responder, pero o acabado final merece a pena
xoves, 3 de maio de 2012
Non queda nada
Soamente quedan unhas horas para a clase maxistral de Charlie Davenport en Jerez de la Frontera, aquí vos deixo para que vos fagades unha idea de quén é este compañeiro de oficio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)