Como xa saberedes o pasado venres tiven a
oportunidade de coñecer o artesán estadounidense Charlie
Davenport, este artesán traballa para a empresa Tandy
Leather Factory desenvolvendo novos produtos didácticos e ferramentas,
ademais de ser o encargado de xestionar o blog da empresa e os perfís desta en
Facebook.
Charlie ademáis tuvo detalle de adicarlle unha foto dunha das súas pezas ós alumnos da Emao, con verbas cheas de sentimento e sabedoría.
"Todo artista do coiro debería divertirse co que fai... se ti o pasas ben, te divirtes, os teus proxectos mellorarán máis rápido"

1- O primeiro paso que seguimos foi recortando o debuxo proposto transferiu o debuxo do papel ó coiro. A cabeza do touro mediante o uso dun buril pasou dun folio a un anaco de pel de vaca.

2- Empregando a coitela xiratoria fixounha incisión no coiro seguindo as liñas exteriores do debuxo.
3- O deseño incisado queda así. Se o repasaramos cun buril xa o poderíamos deixar así como un incisado simple.

4- A continuación cun mateador de cuña repasamos o brde exterior do debuxo, así queda sobreposto ó fondo do deseño.

5- Unha vez que xa rematamos o labrado tradicional as liñas do debuxo se repasan con burís. Para darlle máis realidade tridimensional cun bisturí se fai un corte en paralelo o plano por debaixo das orellas.
6- Co buríl repasamos os bordes coa idea de redondear os bordes para darlle máis realismo e darlle textura ás diferentes partes da cabeza.

7- Este sería o último paso para rematar a técnica coñecida como "figure carving", é dicir, labrado figurativo.
Mañá.: ¿Queres máis?
Ningún comentario:
Publicar un comentario