luns, 24 de novembro de 2014

Nelson, de volta á EMAO

Este vindeiro mércores pola tarde na Hemeroteca da EMAO os alumnos da nosa Especialidade poderan participar nunha Conversa con Nelson Gómez Callejas.
Manuel Gonzalez Arias, director da Revista Oficio y Arte, no ano 2000 en Allariz, nos IV Encuentros del Cuero é o que describe o traballo de Nelson como "Guadamecí Contemporaneo". O Guadamecí supuxo para os Oficios do Coiro, e para España en particular un fito destacado, esta técnica  consiste na combinación de metalizado (aplicación de pan de ouro ou prata), policromado, ferreteado e repuxado. Supuxo durante séculos para moitas cidades de España un producto extraordinario e cotizado quese consumía en España, pero que se chegou a exportar a America , os paises europeos ou Xapón. e hoxe en día aínda segue sendo unha seña de identidade para o noso oficio, cunha relevancia destacada na cidade de Cordoba.
Na miña opinión o traballo de Nelson revisa a técnica tradicional, baixo dúas visións, a do Oficio e a da Arte. Por unha banda o oficio representa a tradición que Nelson  vive como terceira xeración de guarnicioneros. coñecendo o oficio, as ferramentas e o sentimento ou amor polo coiro. A Arte a Nelson lle sae polos poros da súa pel, e como alumno podo dicir que trata de que o alumno sinta o que el sinta co coiro e que cada un dos seus alumnos fagan o que a cada un lle saia, que cada ún leve a Arte á súa mesa de traballo e que cada peza sexa única.



 




























Máis Info sobre Nelson Gómez Callejas

http://webdelprofesor.ula.ve/arte/callejas/

https://es-la.facebook.com/nelsongomezcallejas

No Noso Blog:

http://artesaniadocoiro.blogspot.com.es/search/label/Nelson%20Gomez%20Callejas










xoves, 13 de novembro de 2014

Pulido por Capas

Peza de Sara
Para  uns "Xoiería en Coiro", para outros  "Laminado en Coiro" e para os alumnos de Michael Nadeau "Pulido por Capas", a Lágrima é unha das pezas básicas que forman parte do programa da nosa Especialidade para Perfeccionamento 2, pero este ano podo dicir que foi especial, xa que a experimentación tivo moito peso, e aquí podedes ver os resultados. Esperamos que vos gusten

Vieira de Xavier

Luna de Clara

X de Clara

Lágrima Engastada de Raquel

Estrela de Sara

Lágrima engastada de Edith

Peza de Elisa

Lágrima engastada de Raquel

Corazón de Marisa

Corazón de Marisa

Flor de Edith

Ollos de Nieves

Lágrima de Edith



Semiesfera de Edith

Engendro

luns, 10 de novembro de 2014

Proxectos 2014

Cartel da Exposición
O pasado venres tivo lugar no Espazo Emao a inauguración da Exposición Proxectos 2014. O Acto estivo presidido polo Alcalde Abel Caballero e a concelleira de Educación e presidenta do Organismo Autónomo Olga Alonso e Rafael Ojea, director da Escola, acompañados polas dúas comisarias da Exposición Alba Pardo (mestra de Serigrafía Artística) e Marian Nuñez (mestra de Deseño e Encaixe de Palillos).  O Acto comezou e renmatou coa actuación de Su Garrido Pombo, alumna de Serigrafía Artística.
A presente exposición recolle os proxectos que durante o pasado curso se realizaron nas diferentes especialidades, por parte da nosa os traballos expostos corresponden a Cris, Ana, Mariana e Gaudencio, que foron seleccionados de entre todos os proxectos da nosa Especialidade.

Temos que Felicitar o traballo realizado polas comisarias.

Aquí podedes ver algunhas fotos dos traballos que podedes ver.

"El 17" Peza de Cris

Detalle de "El 17"

Puff de Mariana, parte do seu proxecto, non esta completo na Exposición


Acto de Inauguración

O Coiro na Cabeza, peza de Gaudencio

Cris e Pepe xunto a "El 17"

Ana xunto a dúas das súas cadeiras

luns, 3 de novembro de 2014

Proxectos 2

Este vindeiro venres se non hai contratempos no Espazo Emao inauguraremos unha nova exposición na que poderedes ver os traballos dos alumnos que participaron durante o pasado curso en Proxectos.
Aquí vos deixo un adianto...