Amosando publicacións coa etiqueta Espazo Emao. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Espazo Emao. Amosar todas as publicacións

venres, 10 de novembro de 2017

Imaxes da Inauguración de Proxectos 2017

Hai un par de horas que inauguramos no Espazo EMAO a Exposición Proxectos 2017, unha gran proposta de Artesanía, Arte, Oficio e Innovación dos nosos alumnos, un gran traballo feito por eles e guiados polos Mestres, que hoxe nos sentimos Felices e Orgullos dos nosos alumnos e do noso traballo.
Noraboa a todos os alumnos polo esforzo realizado e a Sandra e Emma, mestras que comisarían a Exposición pola gran tarefa de coordinación e montaxe. Parabéns.
E como xa dixen, como Mestre de Sandra, Elisa, Antonina, Loli, Sara e Iria, me sinto orgullos das "Chicas de Coiro". Noraboa rapazas, e que este sexa só o comezo.


































luns, 6 de novembro de 2017

Exposición "EMAO Proxectos 2017"

Título: EMAO, Proxectos 2017
Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 10 de novembro de 20107 ao 15 de xaneiro de 2018
Horario: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables
Inauguración: venres, 10 de novembro ás 19:00 h

Plan de Estudos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), aprobado polo Concello no ano 2015, implementou un novo e derradeiro cursodentro do currículum de cada especialidade, o nivel  Avanzado, destinado a completar a formación técnica e artística do alumnado mediante a redacción, selección e posterior desenvolvemento dun proxecto titorizado polo mestre de cada especialidade.

A Mostra que se abre nestes días no Espazo EMAO (sala de exposicións da Escola) recolle o producto final do desenvolvemento dos proxectos correspondentes á convocatoria do curso 2016-2017, nesta ocasión das especialidades de Cerámica artística, Serigrafía artística, Ourivaría, Talla e escultura en madeira, Pintura, Debuxo artístico, Artesanía en coiro, Encadernación e Moda e confección

Un total de 40 obras de grande calidade, que supoñen a plasmación material da formación recibida na Escola e, en concreto, dun ano de traballo no Curso Avanzado; refléxanse nelas procesos de investigación, formación, conceptualización e fabricación baixo as premisas dos dous eixes principais sobre os que pivota a actividade educativa e cultural da EMAO: a excelencia técnica e a creatividade.

Comisariado: Sandra de Jesús e Emma Pintos, mestras das especialidades de Ourivaría e de Modada EMAO
Produción e montaxe: Profesorado e alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Cartel: Federico Fernández, mestre de Debuxo artístico da EMAO
Coordinación: Rafael Ojea
Axudante de montaxe: Alberto Couñago

martes, 11 de abril de 2017

Fotos da Clausura de #handmadenothomemade

Como xa sabedes, o pasado venres clausuramos a Exposición #handmadenothomemade cunha Demostración realizada polos Alumnos e Antigos Alumnos da Especialidade de Artesanía en Coiro (e a súa denominación Repuxado en Coiro)
Sara

Valeria

Carmen

Loli

Marta

Antonina

Serxio

Noni

Patri

Elisa

Iria

Sandra