Como xa contei nas miñas viaxes a Jerez de la Frontera, tanto cando coñecín ó mestre Tony Laier coma cando coñecín a Charlie Davenport, levei como tarxeta de presentación un dossier coa historia da nosa Escola e fotografías dos traballos dos nosos alumnos. Estas fotografías aparecían no dossier coa descripción da técnica, o material e o nome do autor ou autora. Pois ben, acaban de facernos un gran agasallo, Charlie Davenport, o Social Media Manager da compañía Texana acaba de publicar no blog da súa empresa as fotos dos nosos traballos. Así que parabéns. Creou unha pestana no lateral do blog, o importante, para mín é que estamos aparte da chamada Guest Gallery (galería de invitados). Así pois grazas e parabens outra vez polo voso traballo.
http://blog.leathercraftlibrary.com/galleries/escola-municipal-de-artes-e-oficios-do-concello-de-vigo/
Moitisimas Grazas Charlie.
Amosando publicacións coa etiqueta Charlie Davenport b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Charlie Davenport b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 31 de maio de 2012
luns, 7 de maio de 2012
Traballando cun Mestre
Como xa saberedes o pasado venres tiven a
oportunidade de coñecer o artesán estadounidense Charlie
Davenport, este artesán traballa para a empresa Tandy
Leather Factory desenvolvendo novos produtos didácticos e ferramentas,
ademais de ser o encargado de xestionar o blog da empresa e os perfís desta en
Facebook.
Charlie ademáis tuvo detalle de adicarlle unha foto dunha das súas pezas ós alumnos da Emao, con verbas cheas de sentimento e sabedoría.
"Todo artista do coiro debería divertirse co que fai... se ti o pasas ben, te divirtes, os teus proxectos mellorarán máis rápido"
1- O primeiro paso que seguimos foi recortando o debuxo proposto transferiu o debuxo do papel ó coiro. A cabeza do touro mediante o uso dun buril pasou dun folio a un anaco de pel de vaca.
2- Empregando a coitela xiratoria fixounha incisión no coiro seguindo as liñas exteriores do debuxo.
3- O deseño incisado queda así. Se o repasaramos cun buril xa o poderíamos deixar así como un incisado simple.
4- A continuación cun mateador de cuña repasamos o brde exterior do debuxo, así queda sobreposto ó fondo do deseño.
5- Unha vez que xa rematamos o labrado tradicional as liñas do debuxo se repasan con burís. Para darlle máis realidade tridimensional cun bisturí se fai un corte en paralelo o plano por debaixo das orellas.
6- Co buríl repasamos os bordes coa idea de redondear os bordes para darlle máis realismo e darlle textura ás diferentes partes da cabeza.
7- Este sería o último paso para rematar a técnica coñecida como "figure carving", é dicir, labrado figurativo.
Mañá.: ¿Queres máis?
Charlie ademáis tuvo detalle de adicarlle unha foto dunha das súas pezas ós alumnos da Emao, con verbas cheas de sentimento e sabedoría.
"Todo artista do coiro debería divertirse co que fai... se ti o pasas ben, te divirtes, os teus proxectos mellorarán máis rápido"
3- O deseño incisado queda así. Se o repasaramos cun buril xa o poderíamos deixar así como un incisado simple.
6- Co buríl repasamos os bordes coa idea de redondear os bordes para darlle máis realismo e darlle textura ás diferentes partes da cabeza.
Mañá.: ¿Queres máis?
sábado, 5 de maio de 2012
Sempre merece a pena...
Soamente como adianto, ¿poden merecer a pena 26 horas de autobus, dúas de tren e tres taxis para pasar unha mañán en Jerez de la Frontera? Resposta SI, tiven a sorte de poder desplazarme e coñecer ó mestre Charlie Davenport, pasei con el toda a mañán de onte, venres, e falamos moito, aprendín moitisimo máis e veño cargado de regalos, así que me repito, Sempre merece a pena unha paliza de viaxe para xogar co coiro...
Coincidencias da vida realizou un labrado da cabeza dun touro, Tony Laier a cabeza dun cervo, cando lle preguntamos que porqué sempre animais con cornos, non soubo responder, pero o acabado final merece a pena
| Primeiros pasos no incisado |
| Charlie mateando cun mazo feito polos mestres da Escola Carlos Corral e Pepe Pereira |
| Touro rematado |
Coincidencias da vida realizou un labrado da cabeza dun touro, Tony Laier a cabeza dun cervo, cando lle preguntamos que porqué sempre animais con cornos, non soubo responder, pero o acabado final merece a pena
xoves, 3 de maio de 2012
Non queda nada
Soamente quedan unhas horas para a clase maxistral de Charlie Davenport en Jerez de la Frontera, aquí vos deixo para que vos fagades unha idea de quén é este compañeiro de oficio.
venres, 27 de abril de 2012
O outro amigo Americano
![]() |
| Traballo que realizará no curso.Tandy Leather en Facebook. |
Ultimo traballo de Charlie Davenport para o blog de tandy
Tutorial dun debuxo realizado por Charlie davenport
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




