Sei que ese mañán tardou un pouco máis do debido, pero xa chegou...
 |
Tony Laier posando coas "lezna" que lle regalamos
e o dossier sobra a historia da Escola |
A viaxe de hai unha semana foi incrible, mereceu a pena totalmente, o comentaba o outro dia na clase, moitas veces cando xurde un curso ou unha actividade coma esta na que o desplazamento e o aloxamento poden representar unha dificultade a miña actitude sempre é a mesma, ainda que so aprendamos a
enfiar unha agulla merece a pena, os nervios e o medos son normais, pero debemos acudir seguros.
Tony Laier é o director do departamento de Investigación e Desenvolvemento da compañía Tandy Leather Factory, o que supón que se pasa o dia pensando no que nos gusta, o coiro, na sua casa de Colorado xunto coa súa muller Kay traballan en equipo desenrolando material didáctico, ferramentas e productos para facilitar o noso traballo. Así dito parece normal, pero ten un aliciente, rebosa o espiritú de Stohlman. Me contaba que cando Al intentou empezar a traballaro coiro nos Estados Unidos os atresáns non lle querían ensinar, o que o frustrou un pouco, pero o motivou a investigar e acabar plublicando 32 libros para que ninguén tivera os mesmos problemas, e ensinando o oficio a moita xente, Tony Laier é un deles, que cumple co dito, ensinar, compartir, aprender...
Para mostra un exemplo, en todas as fotos que fun colgando, incluso nas das probas, se ve un marco branco o redor do coiro, cartón, xa que o traballo que fai Tony é fotografiado sempre porque lle pode servir para moito, pero el ademais explica que o fai seguindo un "mandamento" do obradoiro de Al e Ann, "Finesse in everything you do", delicadeza, finura en todo o que fagas.
Cando me despedín o volvín a invitar a Galicia, falandolle da Escola, das paisaxes Galegas e da nosa gastronomía, a sua resposta foi clara, algo así como deixame falalo coa miña muller.... así dende aquí seguiremoslle pregando ós Deuses do Coiro que un dia o Gran Tony Laier coas súa muller Kay se deixen caer por García Barbón 5.
Thank you Master an Friend.
Quero tamén agradecer o traballo a pasada fin de semana de outra persoa que sempre veredes o lado de Tony, o outro Tony ou PepeTony, de Florida, un empregado da compañía en este estado que fixo as veces de tradutor, e que en máis dunha ocasión nos aclarou moito ....
 |
Tony Laier, Pepe Pereira e Pepe Tony de Florida
Amplia a imaxe e mira ben o Cinto de Tony Laier |
Como non parou de repetir un dos asistentes á demostración do sábado: "Ozú que arte"