Sacabocados empregado por unha das alumnas de doña Andrea |
Tal dia como hoxe no ano 2009 comezou a miña andadura pola Escola, xa levo tres anos aquí cumplindo un soño e traballando no que máis me gusta, o coiro. Podo presumir de traballar nunha Institución de Vigo e de Galicia que leva máis de 125 anos traballando por manter unha idea de traballo e conservación. Concretamente hoxe me lembro de dúas persoas en concreto, dúas mulleres que adicaron toda a súa vida ó coiro e a esta Escola. Andrea Castro, doña Andrea adicou máis de cincuenta anos da súa vida á Escola como mestra de varias especialidades, estre elas Repujado en Cuero, que se comezou a impartir na nosa Escola a partires dos anos 50 do século XX.
![]() |
Virginia Gonzalez no centro da foto |
Sei que soamente levo tres anos por aquí, pero soamente espero que o listón está moi alto e que estou disposto a traballar para que siga onde está.
Aquí vos deixo unhas fotos de alguns dos traballos feitos na clase de Virginia, que me pasou María Jesus, do depósito da Biblioteca.