Feliz 2013!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
luns, 31 de decembro de 2012
Un Ano que se vai....
luns, 24 de decembro de 2012
Bo Nadal!!!!!!!
Dende o Obradoiro de Artesania en Coiro da EMAO, queremos desexarlle ós nosos alumnos, mestres, persoal da Escola, amigos, proveedores e seguidores do blog, Un BO NADAL!!! e que o 2013 sexa un pouquiño mellor que este ano que marcha...
sábado, 22 de decembro de 2012
Xa chegaron as vacas e o mundo ainda non rematou...
venres, 14 de decembro de 2012
Sara e Carmen, Carmen e Sara...
Para una persoa especial
Partindo dun patrón de Martha Stewart, Lourdes de P1A rematou o lúns esta funda para o Ipad dunha persoa especial, este traballo colaborativo ten un resultado incríble, cunha sinxela costura e un rèpuxado perfecto, que vincula directamente a fnda co seu contido.
Noraboa!!!, para o Ipad que vai levar este abrigo protector...
Noraboa!!!, para o Ipad que vai levar este abrigo protector...
venres, 7 de decembro de 2012
Cuir Buill -Coiro Fervido
Así se chama a técnica que empregou Celia de P2B para facer esta cunca, o resultado, unha peza que ten apariencia de madeira, incluso as vetas, unha dureza incríble... Esta ténica é a que se empregaba para facer as antigas armaduras ou cascos para batalla, históricamente tamén se empregou para facer pezas coma as petacas para polvora ou xarras.
¡¡¡Bo traballo!!!
¡¡¡Bo traballo!!!
mércores, 5 de decembro de 2012
De Miercones o Vierles
Pois si, este é un dia que non sabemos como denominalo, xa que é un mercores con sabor a venres, así que para que desfrutedes dunha fin de semana pensando en coiro aquí vos deixo unhas pezas coa idea de transmitir que unha mesma costura pode ser un elemento constructivo ou soamente decorativo nunha peza. Espero que vos guste.
![]() |
Moedeiro. Celsa P2B |
![]() |
Brazalete.Evi P2a |
![]() |
Collares para Nero e Neska. Paula P2b |
venres, 23 de novembro de 2012
Homenaxe a unhas persoas Especiais
Sacabocados empregado por unha das alumnas de doña Andrea |
Tal dia como hoxe no ano 2009 comezou a miña andadura pola Escola, xa levo tres anos aquí cumplindo un soño e traballando no que máis me gusta, o coiro. Podo presumir de traballar nunha Institución de Vigo e de Galicia que leva máis de 125 anos traballando por manter unha idea de traballo e conservación. Concretamente hoxe me lembro de dúas persoas en concreto, dúas mulleres que adicaron toda a súa vida ó coiro e a esta Escola. Andrea Castro, doña Andrea adicou máis de cincuenta anos da súa vida á Escola como mestra de varias especialidades, estre elas Repujado en Cuero, que se comezou a impartir na nosa Escola a partires dos anos 50 do século XX.
![]() |
Virginia Gonzalez no centro da foto |
Sei que soamente levo tres anos por aquí, pero soamente espero que o listón está moi alto e que estou disposto a traballar para que siga onde está.
Aquí vos deixo unhas fotos de alguns dos traballos feitos na clase de Virginia, que me pasou María Jesus, do depósito da Biblioteca.
mércores, 21 de novembro de 2012
Como se fai un Sheridan
Como xa sabedes Sheridan e unha vila de Wyoming (USA) que lle da o seu nome a un estilo de labrado. A sua caracteristica pricipal é a súa temática floral que flue en espiral ou formando circulos, xa que deste xeito chama máis a atención do ollo. Ainda que non é unha espiral neste video podedes ver o paso a paso da elaboración dunha correa decorada neste estilo. Espero que vos guste.
mércores, 14 de novembro de 2012
Alumno de Portada
Dende aquí queremos felicitar a Marcos Faria de Perfeccionamento 2A, xa que unha fotografia súa ilustra a portada da revista sobre literaura en Esperanto Beletra Almanako. Queremos dende aquí recoñecer o traballo que Marcas fai tamen dende o seu blog, dende aquí Parabéns e nimo para seguir facendo cousas tan bonitas...
http://www.mffotografiaydiseno.blogspot.com.es/
http://www.mffotografiaydiseno.blogspot.com.es/
venres, 9 de novembro de 2012
A nosa veciña e a Amiga Americana

Marianm xunto a dúas encaixeiras de Europa , participaran nunha conferencia sobre o Encaixe contemporaneo no Século XXI invitadas pola experta en encaixe Laura Sundin.
Dende aquí queremos mandarlle o noso apoio e desexarlle moita sorte, Noraboa Mestra e "que la Fuerza te Acompañe".
Neste enlace podedes ver os traballos que se fan na clase do lado.
http://encaixenaemao.blogspot.com.es/
mércores, 7 de novembro de 2012
Traballando coa Pasta
luns, 29 de outubro de 2012
Traballiños de Verán Capitulo 2
Bolso "Baguette |
Bolso tipo Kelly |
venres, 26 de outubro de 2012
Traballiños de Verán Capitulo 1
venres, 12 de outubro de 2012
Conexión Inexplicable
A inauguración contou coa colaboración do director da E-Trad Rodrigo Romaní e unha alumna que interpretaron unhas pezas musicais coas súas arpas. "Conexión Inexplicable é un proxecto común entre a fotografa finlandesa Maria Kärkkäinen e a artista galega Antía Sánchez.
No Espazo Emao ata o 8 de novembro de 19 a 21 horas de luns a venres
martes, 9 de outubro de 2012
Fin de seman de Festa
Entre o vindeiro día 18 e o 21 terá lugar en Nashville (Tennesse USA) a 46 edición do "International Federation of Leather Guilds Conference and Trade Show", a que na edición do ano pasado fora denominada Leather Fiesta, e esta pode ser a súa mellor traducción a Festa do Coiro.
Clases, pinchando aquí podes ver o calendario de clases e prezos dos cursos impartidos polos primeiras liñas do mundo do coiro como Akiko Okada, Bob Klenda, Chan Geer ou Robert Beard entre outros.
Este encontro trata de reunir a afeccionados e profesionais do mundo do Traballo do Coiro e darlles a oprtunidade de coñecerse, formarse participar en concursos ou mercar e coñecer ferramentas e materiais.
Aquí vos quedan algunhas fotos e se estedes interesados ainda estades atempo de mercar o billete de avión...
Clases, pinchando aquí podes ver o calendario de clases e prezos dos cursos impartidos polos primeiras liñas do mundo do coiro como Akiko Okada, Bob Klenda, Chan Geer ou Robert Beard entre outros.
![]() |
http://iilg.org/ifolg2011/index.html |
Aquí vos quedan algunhas fotos e se estedes interesados ainda estades atempo de mercar o billete de avión...
![]() |
http://iilg.org/ifolg2011/index.html |
![]() |
http://iilg.org/ifolg2011/index.html |
xoves, 4 de outubro de 2012
Despegando...
Xa comezou o curso, todas os grupos tuveron xa a súa primeira clase e o novo curso xa está en marcha, así que ¡¡¡¡DESPEGAMOS!!!
Así pois a traballar que é o que toca, que este curso promete.
Comeza o novo curso e seguimos esperando que nos botedes unha man para engadir direccións de interese para o blog.
Así pois a traballar que é o que toca, que este curso promete.
Comeza o novo curso e seguimos esperando que nos botedes unha man para engadir direccións de interese para o blog.
luns, 1 de outubro de 2012
Somos como Lavadoras...
Este curso vai ser un curso especial, novas pezas, novas técnicas, novas sorpresas e novos alumnos, neste caso 18 que comezarán as clases o xoves. Así que benvidos e abrochadevos os cinturóns que comeza a conta atrás para o despegue... 10,9,8,7,6...
Despegamos.
Espéramosvos na clase.
P.D. Para o primeiro día de clase non fai falla ningún material especial
domingo, 30 de setembro de 2012
Dia do Maestr@
![]() |
Cartel de hai uns anos para a celebración desta data. |
Para máis información: http://www.fad.es/Home
venres, 28 de setembro de 2012

Copio e pego o post que o Director da Escola colgou no blog da Biblioteca compartindo as súas verbas.
Nelson Villalobos, ¡ata sempre!
Vaise. Sempre o dixo: o meu paso pola Escola de Artes e Oficios é temporal; quero ensinar, comunicar o que sei, transmitir a miña experiencia, compartir co alumnado, durante un tempo, unha vivencia de coñecemento e creación en común. Correspóndeme devolver á sociedade, deste xeito, unha parte do que a sociedade me deu. Pero o seu tempo é para a creación libre (como él). Non quixemos crélo, non desexabamos crélo. Pero Nelson é dos que cumpren, e acaba de anunciarnos que deixa xa a docencia na EMAO para adicar todos os seus esforzos e tempo á creación artística, ao seu obradoiro, aos seus proxectos editoriais, a todo iso esencial que se volvera incompatible coas esixencias dun centro educativo. ¿Deixar un traballo seguro en plena crise?... pero ¿hai pior crise que a de non facer o que un desexa esencial e fondamente?... e iso sábeo ben este cubano vigués que encandilou ao alumnado do seu obradoiro na Escola nos últimos catro cursos cos segredos da súa paixón pola arte e o traballo ben feito, sen gardarse nada, como fan as persoas sabias. Botarei de menos a súa presencia na Escola, a súa aportación ao obxectivo de abrila ao que ocorre no mundo exterior. Pero non botarei de menos as longas e pausadas paroladas con el: esas continuarán, sen a pesada carga de exercer de director cando un o que desexa, neses momentos, é ser amigo. E queda agora no vello caserón de García Barbón o soave arrecendo que deixa o Caribe nas areas desa Cuba que amamos, e que ti tamén nos trouxeches sen a penas nomeala. Déixame rematar co poema de Alexandre O´Neill que me veu á cabeza cando me comunicaches a túa firme decisión que, con toda a mágoa da conciencia da perda que a túa marcha supoñía para a Escola, comprendín de inmediato:Perfilados de medo, agradecemos o medo que nos salva da loucura.
Decisão e coragem valem menos e a vida sem viver é mais segura.
Aventureiros já sem aventura,
perfilados de medo combatemos irónicos fantasmas à procura do que não fomos, do que não seremos. Perfilados de medo, sem mais voz, o coração nos dentes oprimido, os loucos, os fantasmas somos nós. Rebanho pelo medo perseguido, já vivemos tão juntos e tão sós que da vida perdemos o sentido…
Sorte Nelson! Grazas e ata sempre!
Rafael Ojea Pérez Director en funcións da EMAO Permíteme o atrevemento de encabezar esta despedida con ese retrato teu que fixemos onte no meu despacho (compartindo esa común afección á fotografía), aproveitando esa luz tenue que cada día entra polas ventás da rúa Pontevedra para lembrarnos o compromiso que temos de reencontranos con esta cidade.
mércores, 26 de setembro de 2012
Brindemos por 126 Máis!!!
Hoxe é un día especial para os que traballamos na Escola Municipal de Artes e Oficios do Concello de Vigo, tal día coma hoxe hai 126 anos se inaguraba o primeiro curso da nosa Escola. Así pois hoxe é un gran dia para os traballadores, alumnos, antigos alumnos e debemos celebralo, xa que en outras cidades as Escolas de artes e oficios foron desaparecendo, mentres en Vigo segue aberta e a pleno rendemento, así que dende aquí compartimos este video para alegrarvos o dia...
Celebradeo como se merece....
Celebradeo como se merece....
venres, 21 de setembro de 2012
Comeza a conta atrás!!!

Hoxe é o dia D, hoxe se abre o plazo de matrícla na EMAO tedes toda a información Neste enlace .
Se vos interesa ou coñecedes a alguén a quen lle interese reenviadelle o enlace ou que pase pola Escola para obter máis información.
Os que xa sodes alumnos xa sabedes que nos vemos a partir do dia 2 de Outubro.
xoves, 20 de setembro de 2012
Échame una mano prima!!!!!!
Pulsera "La Gamba". Pepe Pereira |
Por iso estamos a facer unha recompilación de webs, blogs, perfís de facebook ou calquera outro tipo de conexión virtual, por iso te pedimos que nos botes unha mán, seguro que coñeces ou tes algunha que queres compartir, así que podemos facer un macro listado de enlaces que podemos agrupar en :
- Museos ou Institucións vinculados ó coiro
-Asociacións de artesans do Coiro
-Proveedores
-Obradoiros.
Esperamos a vosa colaboración que para efectos practicos podedes engadir como comentario, así´podedes ir vendo os que vaian poñendo os demais e evitaremos que se repitan.
Grazas por Adiantado.
luns, 17 de setembro de 2012
Para quedar coa boca aberta....
![]() |
"Sin Título" Narciso Galán Hernandez. Fotográfía COARTE |
Como aperitivo do novo curso vos deixo unha peza incríble, o seu autor é Narciso Galán Hernandez do obradoiro "Un nido de culebras", o nome da peza é "Sin título"e a verdade é que non se me ocurre un mellor, porque sen palabras é como me quedei...
Pois ben, esta peza é a gañadora do XVII Concurso de Artesanía Pieza Única de Burgos e podedes atopar máis información no último número da revista Oficio y Arte que podedes atopar na Biblioteca da Escola.
Queda polo tanto demostrado que o trenzado non soamente serve para facer pulseiras...
Grazas dende aquí a Pilar Prieto de Coarte Burgos por facilitarme a foto.
luns, 3 de setembro de 2012
De volta ó traballo
Chegou setembro, sube o Ive, suben as temperaturas e volvemos o traballo, xa queda pouco para volver ás clases... e volver á rutina. Con moitas ganas comezamos o novo curso ainda que os tempos parecen revoltos seguiremos amando o que facemos e esforzandonos día a día por facelo o mellor posible.
Un saúdo e xa sabedes onde estamos....
Un saúdo e xa sabedes onde estamos....
venres, 31 de agosto de 2012
De Visita...
Ainda que as vacacións non remataron hoxe recibimos na Escola a visita dos nosos amigos Brian e Sharon que aínda que non puideron visitar o interior coñeceron in situ a Historia da nosa Escola e mostraron un gran interese polo seu pasado, o presente e sobre todo polo futuro. Brian e Sharon traballan para Tandy Leather Factory e pasaron estes dias pola nosa terra por motivos de traballo.
luns, 30 de xullo de 2012
Por se queredes tarea para o verán...
Por se algún de vos lle quere botar un ollo vou poñer un par de enlaces para que vexades algúns traballos interesantes....
Máscaras:http://www.etsy.com/shop/Merimask?ref=shop_sugg
Patrones sencillos (Templates): http://www.marthastewart.com/904573/leather-ipad-sleeve
Diferentes técnicas:http://www.csmeja.com/index.html
Emil Gatev:http://www.emilgatev.com/
Franklyn Pereira:http://www.frankleather.com/site/
Son soamente algúns, se queredes compartir algún xa sabedes que facer....
Máscaras:http://www.etsy.com/shop/Merimask?ref=shop_sugg
Patrones sencillos (Templates): http://www.marthastewart.com/904573/leather-ipad-sleeve
Diferentes técnicas:http://www.csmeja.com/index.html
Emil Gatev:http://www.emilgatev.com/
Franklyn Pereira:http://www.frankleather.com/site/
Son soamente algúns, se queredes compartir algún xa sabedes que facer....
¡¡¡Chegaron as vacacións!!!

O blog sigue aquí, e tentarei facer algunha entrada, ainda que non o prometo. Un saudo a todos e Feliz Agosto!!!!
luns, 23 de xullo de 2012
Interesante proxecto...
Está a punto de nacer en Pontevedra un novo espazoadicado á arte e a artesanía, o seu nome "A Formiga no Carreiro", se trata de un espazo diferente, unha tenda colaborativa, é dicir, un espacio compartido por autores corto e pego a información que me envian por si vos interesa... Moito ánimo e sorte para que este proxecto saia adiante.
Para máis info: aformigatenda@gmail.com
TENDA COLABORATIVA, QUE É
A idea de tenda colaborativa é un concepto innovador con moitas ventaxas para os
artistas e artesáns que queren vivir da súa arte. O/ a autor/a ten a oportunidade de
vender os seus productos co prezo real, que o/a artista elixe, pagando tan só un aluguer
mensual por ocupar o espazo que elixa da tenda,. Todas as vendas das pezas de cada
artista serán directamente para eles/as a tenda que ofrece o seu espazo non recibe
ningumha porcentaxe das vendas.
Este tipo de tendas atópanse con frecuencia en varios países de Europa e incluso no Brasil
onde tenhen tanto éxito que até contan con listas de espera para os artesáns que queren
ocupar os seus espazos nestas tendas,.
ONDE E CANDO?
da Facultade de Belas Artes,.
A apertura está prevista para a primeira semana de agosto.
“A FORMIGA NO CARREIRO”
Pretende ser un espazo onde destaque a artesanía e a arte en xeral, un lugar onde cada
persoa que entre poida atopar pezas únicas e orixinais. Dar umha oportunidade a novos
artistas que intentan vivir da súa arte. A tenda componse de estanterias divididas en
módulos de diferentes tamanhos onde cada colaborador/a elixe o espazo que desexa
ocupar coas suas pezas,, tamén se ofrece a posibilidade de ocupar o escaparate,, un
percheiro ideal para desenhadores de moda, ou umha parede que vai estar dedicada a
exposicións temporais.
Os artistas son os responsabeis de levar as suas pezas persoalmente á tenda ou de facer
os envios por correo. A tenda será un escaparate das obras e difundirá estas a través de
internet, facebook, blog, e publicidade por distintos puntos da cidade.
O 100% das vendas será beneficio dos/as artistas, e só terán que pagar o aluguer de
espazo na primeira semana de cada mes en persoa ou por transferencia bancaria.
O contrato celebrado entre as duas partes ten duración de dous meses, permitindo que as
obras tenhan un tempo razoábel para ter a oportunidade de vender,. Polo tanto cada
dous meses os/as artistas deciden se queren continuar colaborando na tenda ou non, ou
se por outra banda prefiren deixar o aluguer por un tempo e continuar máis adiante.
Outra idea que se pretende levar a cabo na tenda é a de organizar distintos obradoiros
impartidos pol@s artistas que o desexen sobre os diferentes tipos de artesanía que eles
elixan. Cada autor pode programar os seus obradoiros cumha duración de dous meses ao
igual que o aluguer dos espazos. Umha vez que se concrete como vai ser o obradoiro a
impartir, terá a máxima difusión para intentar crear un grupo amplio de alumn@s
Neste caso a persoa que imparte o obradoiro é responsábel de incluir o material necesario
para as clases. A tenda cobra un porcentaxe do 40% sobre os ingresos de cada obradoiro
e a persoa que imparte as clases terá un beneficio do 60%.
Esta actividade non é obrigatoria para as persoas que deciden alugar o espazo, é
simplemente umha proposta máis co fin de aproveitar o espazo da tenda e de ter umha
oportunidade máis de divulgar o traballo de cada artista.
EXPOSICIÓNS
A tenda terá un espazo dedicado ás exposicións que queiran realizar @s artistas.
Serán exposicións temporais con duración dun mes, e intentarase dar a máxima
difusión para que sexan visitadas polo máximo posíbel de xente.
O espazo para exponher é umha parede da tenda con tanza e ganchos para
pendurar as obras de pintura, ilustración, fotografía, etc ainda que tamén hai espazo
suficiente para realizar outro tipo de exposicións por exemplo de escultura.
A tenda non cobra nada por deixar o espazo, o único que se pide é que @s artistas
corran cos gastos da inauguración (pinchos, bebidas, etc) e tamén que asuman os
gastos de cartazes, folletos etc. que farán a publicidade da exposición.
ESPAZOS DISPONHIBEIS
-Duas estanterias divididas en módulos de diferentes tamanhos.
-Umha parede para exponher ilustración, fotografía, pintura...etc con ganchos pendurados
por tanza
-Percheiro ideal para desenhadores/as de moda
-Dous espazos no escaparate
-Espazo para realizar obradoiros.
xoves, 19 de xullo de 2012
Dando luz
Lembremos alguns traballos feitos neste curso e nos pasados... hoxe tocan Lampadas
Noemí 2012. Cerámica, tireta de coiro de potro e pergamino |
Elisa 2012. Filigrana ou calado en coiro de potro |
Patricia 2011- Coiro trenzado, moldeado e modelado |
Noni 2011- Coiro repuxado e policromado |
Fiti 2011 Coiro cosido e repuxado |
luns, 16 de xullo de 2012
Novidades 3
Aquí vos quedan algunhas das pezas realizadas por Andrea Piñeiro no seu proxecto de Aula Aberta durante o pasado curso. Un 10.
Pulseira de coiro de vaca moldeado e con puntilla feita en arame de latón |
Pulseira feita en coiro de vaca |
Pulseira en coiro de vaca "torneado por capas" |
Pulseira decoiro de vaca e arame. |
Broche en coiro modelado e prata envellecida. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)