xoves, 30 de abril de 2015

O Muro da Fama

Estou seguro que todos oimos falar do muro de Berlín, do muro da vergoña, ou do muro das Lamentacións, na nosa clase temos tamén un muro, o da Fama, que se vai construindo con fotografías e dedicatorias das Personalidades do mundo do Coiro coas que nos topamos ou que nos veñen a visitar.No que vai de ano aumentou, aqí vos deixamos unhas fotos a ver que vos parecen.





martes, 21 de abril de 2015

Os de Pintura toman o relevo

Exposición no Espazo EMAO. 
Inaugúrase o día 24 de abril ás 19 horas 
Da xeometría á desorde, da desorde á xeometría 
Obras do alumnado da especialidade de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo 
24 de abril - 22 de maio de 2015

Da xeometría á desorde, da desorde á xeometría 

A mostra participa de dous estilos pictóricos que foron dominantes a principios do século XX: a abstracción xeométrica e a abstracción expresiva, que parecen ser opostas e complementarias, mais na actualidade, estas dúas tendencias que no século XX, eran case antagonistas, confúndense, mestúranse, dilúense.

Na abstracción xeométrica, orientada segundo o cálculo, o rigor e a norma, priman o obxectivo e os valores universais, cunha planificación da obra sobre principios racionais, previos á creación, mentres que os elementos visuais carecen de expresividade debido ao emprego de elementos neutrais, xeralmente xométricos, de factura un tanto impersoal, onde impera a claridade, a precisión e a obxectividade, en composicóns sistemáticas e moi estruturadas.

Na abstracción expresiva, que fai a súa andaina polo camiño da expresión inmediata, espontánea e directa, as obras están abocadas a un certo “desorde”, mais esta desorde non é real, pois prima a composición, sempre necesaria, aínda que a obra sexa subxectiva e expontánea, a partir de métodos de creación impulsivos e improvisados. Por este motivo estas obras revelan unha grande expresividade, e a capacidade expansiva e expresiva dos materiais é fundamental. Estas composicións asistemáticas e aparentemente faltas de estrutura, que apuntan á ambigüidade e á suxestividade, levan unha racionalide que se basea na pulsión controlada, no imperio dos sentimentos que na arte contemporánea está moi presente.

Así, algunhas das pezas presentes nesta mostra fan que exista un entendemento común, pois parten dunha base xeométrica e racional, para abrirse, fuxindo dun sistema pechado e impositivo, ao pulo momentáneo e impensado de quen fai arte nun momento dado. De aí a singularidade desta mostra que amosa o traballo do alumnado que presenta tanto obras xeométricas e abstractas, como pezas que pendulan tamén nesa oscilación entre esa mirada ecléctica e o xogo que se realiza ante quen mira estas pezas que tras a dilución dos xéneros a finais do século XX, encaran este novo século con liberdade e paixón, fóra de todas as normas.

De feito, a peza de maior tamaño da mostra, parte dun xogo: a pintura automática, que desenvolve as formas e cores desde a expresión en pezas pequenas e bocetos, para rematar nunha obra de carácter marcadamente xeométrico, pero que contén na súa execución o paradigma da expresividade e dunha cor, liberada en certo modo da forma.

Algunhas das pezas desta mostra, realizadas en acrílico, óleo e pastel, xogan tamén co concepto de orixinalidade e autoría, pois as pezas libres de toda atadura funcionan como elemento lexitimador do obxecto en tanto que artístico e non como creación dun obxecto relacionado co manual, e racha co concepto e o presuposto de intervención física do suxeito na produción como base da constitución da noción de autoría, exercendo así un rol de autoridade intelectual e subordinando o procesual ao proceso mental que se afasta de modas e abrangue a liberdade total.

Lugar: Espazo EMAO. Edificio Anexo da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (entrada polas rúas Rosalía de Castro e Pontevedra).
Datas: do 24 de abril ao 22 de maio de 2015 Horario: de 19:00 a 21:00 horas, dias laborables
Comisaria: Paula Mariño, mestra da especialidade de Pintura da EMAO
Produción e montaxe: Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo/ Alumnado da especialidade de Pintura.

mércores, 8 de abril de 2015

Mil Gracias

Agora que xa rematou "Coiro... aínda que non o pareza" e que parece que todo está volvendo ó seu estado normal, agora que as pezas xa case estan todas no seu lugar de orixe quero, e que a vírica Semana Santa xa rematou quero aproveitar para dicir un par de cousiñas que non puiden dicir ata o de agora.
Mil grazas aínda que non chegaramos...
Grazas á comisión de Exposicións a Rafa, a Xosé e sobre todo ás sheriffs do Espazo Emao, Marián e Alba.
Grazas a todo o personal da EMAO, especialmente a Paco e Matu polas xestións administrativas, a Mercedes, María e Isa pola súa axuda. A Alberto e o persoal de limpeza pola sua inestimable axuda. E ós profes, sobre todo ós equipos de montaxe e demontaxe, Miguel, Emma, Freddy e Carlos. E como nón a María Jesús, a community manager da EMAO.
Grazas ós ex alumnos e  alumnos que nos botaron unha mán. Sobre todo ós alumnos que "sufriron" ás veces a miña ausencia da clase pola miña presenza na Exposición.
Grazas a Rafael Varo, a José Cuerótico, a Nelson Gomez Callejas, a Juan José Leiva, a Carmen Sanz Burgos, a Alejandro Casado, a Sara Montero, a Michael Nadeau, a Juan Ruiz, a Iván Rios, a Toni Reyes, a Nuria Clotet, a Rosa Simón, a Xavier Guillaumet, a Miguel Marcos, a Loli Alonso,a Ernesto Sánchez, a José María Ruiz, a Miriam Campomar, a Isaac Romero, a María Moares, a Cristina Valverde, a José Villar, a Julián Sañudo, a Mónica Vila, a Ana Mirou, a Verónica Duarte, a Patricia Perez, a Ania Pereira, a Carmen Mariño, a Sandra Rodríguez, a Isabel Villar, a Charlie Davenport, a Jim Linnell, a George Hurst, a Andrea Piñeiro, a Noemí Rodríguez e a Xavier Portela, porque sen as súas pezas esto sería outra cousa.
Grazas a René, a Lien, a Andrés e o persoal de Tandy Leather pola súa inestimable colaboración e polos esforzos que fixeron para achegarnos pezas de Lenda á EMAO.
Grazas a Enric Ferrer e a Sonia Seco pola súa colaboración nas actividades culturais complememtarias da Expo.
Grazas a Patri, a Noni, a Ania, a Carmen, a Vane, a Vilas, a Jaime, a Douglas, a Gonzalo e a Noemí pola súa colaboración nas demostracións e na clausura.
Grazas a todos aqueles que nos coñezamos ou non nos axudaron a difundir nas redes o noso traballo.
Grazas á familia, e os amigos por aturarme estos meses imposibles....
A María, a Pepe e a Fermín porque sí...
Grazas a Todos