Amosando publicacións coa etiqueta tandy Leather factory. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta tandy Leather factory. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de febreiro de 2017

Jim Linnell na EMAO

ENCONTROS CON JIM LINNELL NA EMAO (ARTESANÍA EN COIRO)

Con motivo da Exposición #handmadenothomemade  (Coiro: cór e volume), que ten lugar no Espazo EMAO, na Escola realizaremos algunhas actividades complementarias como charlas, demostracións e presentacións.
Así o vindeiro venres 3 de marzo, grazas á colaboración de Tandy Leather Factory, recibiremos a visita no Mestre Artesán Jim Linnell procedente de Texas (Estados Unidos). Jim Linnell é gañador do Al Stohlman Award do ano 2002 e o elixido para o Wall of Apreciation do IILG no ano 2014. Na actualidade traballa no departamento e Marketing de Tandy Leather Factory en Fort Worth (Texas, Estados Unidos)

As actividades a desenvolver con Jim Linnell son as seguintes:

Venres día 3/03/2017
Hemeroteca da EMAO
18.00- 19.30
Entrevista Publica, co fin de coñecer máis de preto ó artesán e que nos achegue a cultura americana do traballo do coiro.
Entrada libre ata completar aforo

Lúns día 6/03/2017
Hemeroteca da EMAO
16.30- 20.30
Demostración de técnica
Alumnado da Escola
Público en xeral previa inscripción (40 persoas)(*)

Martes día 7/03/2017
Hemeroteca da EMAO
16.30-20.30
Clase maxistral
Só para alumnado da Escola matriculado no curso 2016-2017


(*) A inscripción do público interesado na actividade do día 6 de marzo farase por correo electrónico dirixido a emao@vigo.org, con data límite do 1/03/2017, indicando o seguinte:
Asunto: "Inscrición Demostración técnica Jim Linnell"
Corpo mensaxe: Nome, apelidos e email do/a solicitante.
A admisión, ata completar as 40 prazas reservadas farase por estricta orde de chegada do correo electrónico ao enderezo indicado.
A relación de persoas admitidas publicarase no taboleiro de anuncios da Escola e no Blog da especialidade da EMAO de Artesanía en coiro.
Enviándose aos admitidos un correo electrónico de confirmación.

luns, 4 de marzo de 2013

Unha semana movida

Ó longo da semana pasada  actividade da nosa Exposición e o noso Obradoiro foi intensa, se a semana anterior rematou coa visita do Gran Michael Nadeau, o pasado lúns recibíamos a visita de Noemí coa primeira peza fruto da demostración, unha mán que deu moito que falar.
O martes recibimos unha nova de interés, o venres día un estaría con nós Lien Deraedt.
Así foi pasando a semana con clases de costuras e trenzas... ata o xoves, día no que ás doce da mañán realizamos unha visita guiada á Exposición dos artesáns de Cuero Noutrora de Ourense e Señor Artesano de Caldelas de Tui, este último comezará este xoves o Master de Deseño en Pel da Fundación Loewe, así que dende aquí Isaac te desexamos moita sorte. Quen chegou un pouco máis tarde foi Ivan do centro San Rafael. Grazas pola vosa Visita.

E Así chegou o venres e co venres chegou e co día chegou a Vigo Lien Deraedt, a xerente da tenda de Tandy Leather Factory en Jerez de la Frontera. O motivo da visita de Lien foi ver a nosa exposición e xa de paso presentar as novidades en ferramentas e productos para o coiro que a súa empresa desenvolveu e introduciu no novo catalogo de 2013. Grazas dende aquí polo voso interese e a Lien e a Tandy pola súa colaboración.


Presentación e Demostración de ferramentas de TLF na EMAO on PhotoPeach

venres, 31 de agosto de 2012

De Visita...

Ainda que as vacacións non remataron hoxe recibimos na Escola a visita dos nosos amigos Brian e Sharon que aínda que non puideron visitar o interior coñeceron in situ a Historia da nosa Escola e mostraron un gran interese polo seu pasado, o presente e sobre todo polo futuro. Brian e Sharon traballan para Tandy Leather Factory e  pasaron estes dias pola nosa terra por motivos de traballo.

venres, 8 de xuño de 2012

De ben nacidos é ser agradecido

Como comentou Anónimo na anterior entrada "de ben nacidos é ser agradecido" Así pois grazas a catro persoas especialmente, Tony, Charlie, Brian e Lien, estes catro nomes resumen  a un amplo équipo de traballo o de TLF. Grazas por apostar por nós e por axudarme a facer as máis das entradas de este ano, grazas personalmente polo trato recibido, polo interese no nóso traballo e por as continuas demostración de interese. Grazas ós fundadores da nosa Escola e a todos os que co seu traballo por ela fixeron que a nosa Escola esté onde está e seguirá estando. Nós dende aquí seguimos traballando, para non baixar o listón e seguir traballando para que os Oficios, no meu caso os do coiro, non se perdan e os artesáns do presente e os do futuro conservemos a tradición e non se perda nin unha soa técnica, ferramenta, peza ou calquera outra parte do oficio.
Así pois, GRAZAS...

As it commented Anonymous in the entered previous one "of well borne it is to be thanked" for So thanks to four people, especially Tony, Charlie, Brian and Lien, these four names summarize to a wide equipment of work that of TLF. Graces for betting for us and for helping me do the more of the entries of this year, graces personally for the received treatment, for the interest in our work and for the continuous ones demonstration of interest. Thanks to the founders of our School and to all those that with his work for it made our School be where it is and will continue being. We from here continue working, so that does not lower the lath and it continues working so that the Crafts, in my case those of the leather, are not lost and we, the craftsmen of the present and those of the future, preserve the tradition and itself does not waste even a single technique, tools, piece or any other part of the crafts.

So, THANK YOU A LOT...

xoves, 31 de maio de 2012

Menudo Agasallo

Como xa contei nas miñas viaxes a Jerez de la Frontera, tanto cando coñecín ó mestre Tony Laier coma cando coñecín a Charlie Davenport, levei como tarxeta de presentación  un dossier coa historia da nosa Escola e fotografías dos traballos dos nosos alumnos. Estas fotografías aparecían no dossier coa descripción da técnica, o material e o nome do autor ou autora. Pois ben, acaban de facernos un gran agasallo, Charlie Davenport, o Social Media Manager da compañía Texana acaba de publicar no blog da súa  empresa as fotos dos nosos traballos. Así que parabéns. Creou unha pestana no lateral do blog, o importante, para mín é que estamos aparte da chamada Guest Gallery (galería de invitados). Así pois grazas e parabens outra vez polo voso traballo.
http://blog.leathercraftlibrary.com/galleries/escola-municipal-de-artes-e-oficios-do-concello-de-vigo/
Moitisimas Grazas Charlie.

luns, 7 de maio de 2012

Traballando cun Mestre

Como xa saberedes o pasado venres tiven a oportunidade de coñecer o artesán estadounidense Charlie Davenport, este artesán traballa para a empresa Tandy Leather Factory desenvolvendo novos produtos didácticos e ferramentas, ademais de ser o encargado de xestionar o blog da empresa e os perfís desta en Facebook.
 Charlie ademáis tuvo detalle de adicarlle unha foto dunha das súas pezas ós alumnos da Emao, con verbas cheas de sentimento e sabedoría.
"Todo artista do coiro debería divertirse co que fai... se ti o pasas ben, te divirtes, os teus proxectos mellorarán máis rápido"
1- O primeiro paso que seguimos foi recortando o debuxo proposto transferiu o debuxo do papel ó coiro. A cabeza do touro mediante o uso dun buril pasou dun folio  a un anaco de pel de vaca.


2- Empregando a coitela xiratoria fixounha incisión no coiro seguindo as liñas exteriores do debuxo.

3- O deseño incisado queda así. Se o repasaramos cun buril xa o poderíamos deixar así como un incisado simple.
4- A  continuación cun mateador de cuña repasamos o brde exterior do debuxo, así queda sobreposto ó fondo do deseño.

5- Unha vez que xa rematamos o labrado tradicional as liñas do debuxo se repasan con burís. Para darlle máis realidade tridimensional cun bisturí se fai un corte  en paralelo o plano por debaixo das orellas.

 6- Co buríl repasamos os bordes coa idea de redondear os bordes para darlle máis realismo e darlle textura ás diferentes partes da cabeza.

7- Este sería o último paso para rematar a técnica coñecida como "figure carving", é dicir, labrado figurativo.












Mañá.: ¿Queres máis?

sábado, 5 de maio de 2012

Sempre merece a pena...


Primeiros pasos no incisado
Soamente como adianto, ¿poden merecer a pena 26 horas de autobus, dúas de tren e tres taxis para pasar unha mañán en Jerez de la Frontera? Resposta  SI, tiven a sorte de poder desplazarme e coñecer ó mestre Charlie Davenport, pasei con el toda a mañán de onte, venres, e falamos moito, aprendín moitisimo máis e veño cargado de regalos, así que me repito, Sempre merece a pena unha paliza de viaxe para xogar co coiro...

Charlie mateando cun mazo feito polos mestres da
Escola Carlos Corral e Pepe Pereira


Touro rematado

















Coincidencias da vida realizou un labrado da cabeza dun touro, Tony Laier a cabeza dun cervo, cando lle preguntamos que porqué sempre animais con cornos, non soubo responder, pero o acabado final merece a pena

xoves, 3 de maio de 2012

Non queda nada

Soamente quedan unhas horas para a clase maxistral de Charlie Davenport en Jerez de la Frontera, aquí vos deixo para que vos fagades unha idea de quén é este compañeiro de oficio.





venres, 27 de abril de 2012

O outro amigo Americano

Traballo que realizará no curso.Tandy Leather en Facebook.
O vindeiro xoves dia 3 a tenda de Tandy Leather Factory en España (Jerez de la Frontera) contará cunha visita especial, o artesan Cahrlie Davenport impartirá unha clase maxistral de 16:00 a 20:00 sobre o labrado do coiro. Charlie Davenport é un artesán que xunto con Tony Laier e Jim Linnell forman parte do equipo de Innovación e Desenrolo da empresa americana. Queda pouco para a súa chegada e dende aquí podo asegurar dunha maneira ou outra a Escola estará alí representada...
Ultimo traballo de Charlie Davenport para o blog de tandy
Tutorial dun debuxo realizado por Charlie davenport

venres, 9 de marzo de 2012

Conclusións

Sei que ese mañán tardou un pouco máis do debido, pero xa chegou...
Tony Laier posando coas "lezna" que lle regalamos
 e o dossier sobra a historia da Escola
A viaxe de hai unha semana foi incrible, mereceu a pena totalmente, o comentaba o outro dia na clase, moitas veces cando xurde un curso ou unha actividade coma esta na que o desplazamento e o aloxamento poden representar unha dificultade a miña actitude sempre é a mesma, ainda que so aprendamos a enfiar unha agulla merece a pena, os nervios e o medos son normais, pero debemos acudir seguros.
Tony Laier é o director do departamento de Investigación e Desenvolvemento da compañía Tandy Leather Factory, o que supón que se pasa o dia pensando no que nos gusta, o coiro, na sua casa de Colorado xunto coa súa muller Kay traballan en equipo desenrolando material didáctico, ferramentas e productos para facilitar o noso traballo. Así dito parece normal, pero ten un aliciente, rebosa o espiritú de Stohlman. Me contaba que cando Al intentou empezar a traballaro coiro nos Estados Unidos os atresáns non lle querían ensinar,  o que o frustrou un pouco, pero o motivou a investigar e acabar plublicando 32 libros para que ninguén tivera os mesmos problemas, e ensinando o oficio a moita xente, Tony Laier é un deles, que cumple co dito, ensinar, compartir, aprender...
Para mostra un exemplo, en todas as fotos que fun colgando, incluso nas das probas, se ve un marco branco o redor do coiro, cartón, xa que o traballo que fai Tony é fotografiado sempre porque lle pode servir para moito, pero el ademais explica que o fai seguindo un "mandamento" do obradoiro de Al e Ann, "Finesse in everything you do", delicadeza, finura en todo o que fagas.
Cando me despedín o volvín a invitar a Galicia, falandolle da Escola, das paisaxes Galegas e da nosa gastronomía, a sua resposta foi clara, algo así como deixame falalo coa miña muller.... así dende aquí seguiremoslle pregando ós Deuses do Coiro que un dia o Gran Tony Laier coas súa muller Kay se deixen caer por García Barbón 5.
Thank you Master an Friend.
Quero tamén agradecer o traballo a pasada fin de semana de outra persoa que sempre veredes o lado de Tony, o outro Tony ou PepeTony, de Florida, un empregado da compañía en este estado que fixo as veces de tradutor, e que en máis dunha ocasión nos aclarou moito ....

Tony Laier, Pepe Pereira e Pepe Tony de Florida
Amplia a imaxe e mira ben o Cinto de Tony Laier
Como non parou de repetir un dos asistentes á demostración do sábado: "Ozú que arte"

martes, 6 de marzo de 2012

Resumo da viaxe II

Sábado:
Anaco de coiro de mostra de técnicas.
O dia comezou ben, como deberían comezar todos, café con leite e molete de xamón con tomate. A iso das nove e cuarto xa estaba na tenda para facer as últimas compras, troqueis, tintes, conchos... de todo un pouco. Cando remetei a compra Tony xa levaba un bo rato por alí e se me achegou, empezamos a falar e así estuvemos ata as dez e media que empezou a demostración, unha sorte incríble, falamos de todo, pero sobre todo de coiro contoume anécdotas de Paul Burnett, que se lembrades faleceu a semana pasada, tamén de Al e Ann Stohlman, os seus mentores neste oficio, dixo que Al, a pesar de ser un gran decorador do coiro non aceptaba unha peza como boa e puña o seguinte exemplo, si facía unha sela de montar moi ben decorada, con moitos detalles, pero que lle resultaba incomoda o xinete ou o cabalo non a daba por boa, é dicir que a decoración non era que iso, decoración, o máis importante era a funcionalidade e comodidade das pezas. O final da nosa conversa lle preguntei que consello vos daría, e dixo: "Un mestre cando que ensina unha materia di pratica, pratica, pratica, pratica, que quere dicir traballa, e o traballo se pode entender como unha obriga, eu digo, divírtete, e divertindote aprenderás"
Eu lle contestei que na clase ás veces vos digo xoga co coiro, ó que él contestou : "pois o meu consello para os teu alumno é ese, dilles que xoguen".
Mostra de estampado xeométrico
A demostración comezou ás dez e media, tocaba estampado, explicou os seus orixes históricos, que xa os exipcios o empregaban, e que ata a época dos Guadamecís españois se empregou, pero que estes xa comozarón a empregar pranchas para reducir o tempo de traballo, pero que co tempo se foi recuperando. O Estampado era segun él unha solución decorativa rapida para decorar unha superficie grande pero que últimamente se estaba traballando para sacarlle o máximo partido os troqueis, é dicir buscarlle novos usos. A este respecto dixo unha frase moi boa, "buscarlle novos usos a unha ferramenta é o que nos axuda a aforrar cartos", e penso que ten toda a razón.
Os estampados que explicou foron o xeométrico, o basketweave e o meander, nas fotos os podedes ver, primeiro facendo o estampado tradicional e a continuación co mesmo troquel ia facendo variacións. Incribles alguns resultados.
Mañán a despedida
Mostra dos troqueis individuais e algunha composición

Mostra de estampado xeométrico. Clásico der. Variacións esq


Aplicación evariacións do Meander

Aplicación do basketweave en Punta de frecha e Diamante

Aplicación tradicional do BasketWeave

luns, 5 de marzo de 2012

Resumo da viaxe...

Venres:
Cervo labrado sen pintar. Tony Laier
Despois dunha viaxe moi longa e un madrugón dos que xa non lembraba a media mañá cheguei á nova tenda situada nun polígono industrial nos arredores de Jerez de la Frontera. A tenda que é unha nave industrial, cousa á que non estamos moi habituados, xa que as florarías, ou tendas do ramo soen ser tendas pequenas, o que máis impresiona sons a cantidade de estantes, cheos de mercadoría moi variada, despois de presentarme a Lien, a xerente da tenda, ela me levou a onde estaban facendo as demostracións, e me presentou a Tony Laier, ¿que quén é Tony Laier? pois é un dos discípulos de Al Stohlman, o pai da recuperación do traballo do Coiro en Estados Unidos, polo tanto podemos dicir que mamou directamente da fonte do saber do oficio. Agora traballa como director de Desenrolo e Investigación de Tandy Leather Factory, a sualabor consiste en desenrolar novas ferramentas e productos para a marca a traves de material didáctico, xa sexan tutoriais, libros, videos... O que nos amosou o venres foi o "figure carving", é dicir o labrado de figuras para ist escolleu a imaxe dun cervo vermello español, durante a mañá elaborou o labrado e pola tarde lle deu color, un dia intenso e moi constructivo. 
Traballo xa rematado. Tony Laier

O que pasou o mediodia foi o personalmente o que máis me impactou, como xa sabedes no nome da Escola le entreguei unha Lezna Tradicional española, é dicir, unha lezana con mango plano e espada de sección de rombo, o que nos chamamos "lezna de guarnicionero",ademáis de entregarlle un pequeno dossier sobre a historia da Escola e unha selección de pezas da nosa especialidade. O que máis me sorprendeu foi o interese pola Escola, xa que a nosa especialidade se imparte dende os anos 40, é a súa resposta foi que él nacera nesa década. Sobre a lezna quedou sorprendido, xa que nos Estados Unidos as que empregan son de mango redondo, e a él lle resultaban incomodas para coser e que as tiña que aplanar na sua casa, ademáis de que non sabía que nós as empregabamos así.
Ó final da demostración do pintado da tarde explicou que o día seguinte íamos a ver aplicacións de estampado no coiro.


Mañá Máis

T.L. Pintando o seu traballo.



sábado, 3 de marzo de 2012

Finesse

O titulo é o consello que Al Stohlman lle daba a Tony Laier, delicadeza, finura. Aprendín moitisimo dun Mestre.Hoxe tocou stamping, como sacarlle partido ós troqueis de estampado. Unha clase maxistral divertida. Sei que parece un telegrama, pero estou un pouco canso e intentando asimilar todo o que falamos, e agora xa na casa co pequeno Pepe vexo todo dende outa perspectiva. prometo unha entrada resumo destes dous dias o lúns. Adiantovos que teño unha mensaxe para vós de Tony Laier.
Aquí deixo algunhas imaxes para que non vos sepa a pouco.
Mostra dun labrado Floral. Tony Laier

Tony Laier estampando

Mostra dun estampado Tipo BasketWeaveTony Laier
.

Mostra dun estampado xeométrico con diferentes variacións dende unha mesma base
Tony Laier

Primeiro Kit de Tandy para o pequeno Pepe

venres, 2 de marzo de 2012

Americanos... Os Saludamos con Alegría!!!!!

Despois dunha larga viaxe, xa en Jerez, os medos quedaron polo camiño, e ás doce da mañá entrei pola porta da nova Tenda de Tandy Leather Factory, a segunda en Europa. Para esta ocasión tan especial trouxeron o gran Tony Laier, que levou todo dia facendo unha demostración práctica dun "figure carving" (labrado figurativo para nos), escolleu a imaxe dun cervo vermello español. Aquí vos deixo o resultado.

Dende Galicia ademáis da chuvia lle trouxemos un regalo, non so pola admairación que lle temos a este artista, senon porque me ensinaron dende pequeno que cando che fan unha invitación a unha casa hai que levarlle algo ó que che invita.
Por un lado coa colaboración do meu mestre jedi do torneado en madeira, e mestre de CAIM de Gaita da nosa Escola fixemos unha "lezna" plana tradicional española co mango torneado en buxo e anelado en latón.
Por outra banda e coa colaboración de María Jesús, a nosa compañeira da bibioteca, no texto e Luu na correción da traducción ó inglés, elaboramos un dossier sobre a historia da Escola e os traballos en coiro que fan os nosos alumnos. En honor a eles máñán variará a súa demostracíón e se adicará a explicar a aplicación dos tintes ecolóxicos sobre traballos artísticos como os que facemos, xa que é "o que máis me gusta e divirte", en palabras textuais. O Día de mañán promete...