xoves, 31 de maio de 2012

Menudo Agasallo

Como xa contei nas miñas viaxes a Jerez de la Frontera, tanto cando coñecín ó mestre Tony Laier coma cando coñecín a Charlie Davenport, levei como tarxeta de presentación  un dossier coa historia da nosa Escola e fotografías dos traballos dos nosos alumnos. Estas fotografías aparecían no dossier coa descripción da técnica, o material e o nome do autor ou autora. Pois ben, acaban de facernos un gran agasallo, Charlie Davenport, o Social Media Manager da compañía Texana acaba de publicar no blog da súa  empresa as fotos dos nosos traballos. Así que parabéns. Creou unha pestana no lateral do blog, o importante, para mín é que estamos aparte da chamada Guest Gallery (galería de invitados). Así pois grazas e parabens outra vez polo voso traballo.
http://blog.leathercraftlibrary.com/galleries/escola-municipal-de-artes-e-oficios-do-concello-de-vigo/
Moitisimas Grazas Charlie.

2 comentarios:

  1. Dicen que "de bien nacido es ser agradecido" y en este caso espero ceñirme a tal dicho aunque sea un poco tarde. Tambien se dice que "el que no sabe es como el que no ve" y esto es justamente lo que me ha pasado a mi, pido perdón por no valorar lo que esta publicación supone para la escuela y para los que en ella nos vemos reflejados, ahora una vez que sé de esta importancia creo que es justo agradecer el trabajo que hace nuestro Maestro por ensalzar el trabajo que se hace en la EMAO y más en concreto en la parte de cuero, de una manera altruista... Este regalo que nos han hecho es el primer fruto que hemos recogido gracias al trabajo sembrado por este Monstruo (en el mejor de los significados ya sé que es alto, guapo, rubio y de ojos azules). Por mi parte decir que me siento orgulloso de ese trabajo y espero que ese entusiasmo que intentas inculcarnos no se venga nunca abajo. Muchas Gracias Mestre.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas polas túas palabras, Anónimo, non se merecen. Simplemente cumpro co meu traballo e trato de facelo o mellor posible. Cando estás namorado de alguén tratas de aproveitar o tempo que estás con esa persoa e de que a relación funcione e creza á vez que se fai máis forte, pois iso é o que lle pasa á túa profe co coiro, gústame demasiado e trato de que a xente o coñeza e poida chegar a sentir o que eu sinto, non son celoso. Ademais teño a sorte de traballar en algo tan bonito como a Escola, e levo un tempo tratando de que esta sexa valorado e se da coñecer, xa que de nada vale ter un tesouro se ninguén o pode coñecer. Grazas outra vez e quédanos moito por facer.
    Moitas Grazas

    ResponderEliminar