venres, 3 de febreiro de 2017

Para Vigo me voy!!

Sen lugar a dúbidas esta canción e debe andar a dar voltas na cabeza do noso amigo Jim Linnell, alá por Venus, Texas(USA). E é que o premio Al Stohlman do ano 2002 vai visitar Vigo, para máis señas a EMAO, dentro de xusto un mes estaremos aprendendo de un dos grandes Maestros na nosa Escola.
O programa de actividades ainda non está pechado, pero xa sabemos que o lúns día 6 de marzo teremos unha demostración aberta ó público, con inscrición previa, e o martes día 7 teremos unha Master Class só para os alumnos da nosa especialidade.
Estade atentos a este blog para máis información. Para saber algo máis sobre Jim aquí vos deixo a súa paxina web http://www.elktracks.net/

Como adianto tamén tedes que saber que o vindeiro xoves 23 de marzo inauguraremos no Espazo EMAO unha nova exposición de Coiro.








Ningún comentario:

Publicar un comentario