mércores, 27 de marzo de 2013

Rematando...

Como xa sabedes todos o pasado venres coa conferencia de Franklin Pereira clausuramos a Exposición "100x100 Coiro". Franklin ilustrounos sobre a Historia dos nosos oficios do Coiro, e as vangardas artísticas do coiro na actualidade...
Franklin veu acompañado pola súa muller Ana Caldas, que tamén participou na exposición.
Podedes ver alguna fotos da clausura en:
 http://bibliotecadaemao.blogspot.com.es/2013/03/clase-maxistral-de-franklin-pereira.html
E agora que xa todo rematou, a exposición xa está desmontada, as pezas xa están camiño ós seus autores... Queremos agradecervos a todos a vosa colaboración, as vosas visitas e o voso interés pola exposición, en breve comezaremos a traballar para a exposición de fin de curso de alumnos e quizais empecemos a pensar en outra exposición de coiro, nunca se sabe....
Agradecer tamén o traballo ben feito de un equipo, o de Syncro, Mónica e Fran, que fixeron uns traballos incríbles dunha calidade máis que profesional. GRACIAS
Aquí vos deixamos una ligazón para que vexades o último que fixeron, un video sobre a exposición que merece un Oscar... http://www.syncro-estudio.es/reportaje-industrial.html
A desfrutar das vacacións, para vir coas pilas ben cargadas......

Ningún comentario:

Publicar un comentario