Exposición: 100 x 100 coiro
A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
referente en España no traballo do coiro:
A finais dos anos corenta do século pasado, se comeza a impartir aquí a
especialidade de Repuxado en Metais e Coiro. Aquela tradición, continuada
no tempo, segue a ter hoxe no noso
Obradoiro de Artesanía en Coiro, un lugar de conservación e innovación
deste oficio.
Amósanse neste exposición traballos realizados, con distintas técnicas, por
destacados artesáns procedentes de Galicia, Castela, Catalunya, Madrid,
Baleares, Andalucía e Madrid, e a participación, tamén, de tres artesáns de
Portugal e Bulgaria.
Pasado, presente e futuro
O pasado. Andrea, Mercedes e Virginia, durante moitos anos
mantiveron como mestras nesta Escola, o repuxado en coiro, facendo do noso
Centro unha reserva desta técnica. Exhíbense pezas elaboradas por unha
das primeiras alumnas desta Escola e por ferramentas e documentación dese
momento inicial da formación.
O presente: exhíbense traballos de alumnado actual e xa egresado
e pezas elaboradas por obradoiros artesáns
xurdidos da formación impartida no vello edificio de García Barbón que
hoxe, co seu traballo profesional, danlle tamén proxección a esta, debedores
como son da formación e conservación das técnicas impartidas pola Escola
Municipal de Artes e Oficios viguesa.
O futuro está representado nesta mostra, no traballo de artesáns de primeira liña
que, mesturando a tradición e a innovación, fan do coiro un oficio de mañá.
Con esta exposición quérese facer partícipe ao público do labor de
conservación, formación e innovación na especialidade de Artesanía en Coiro da
xa centenaria Escola de Artes e Oficios de Vigo. Pretendemos que poida
recoñecer o coiro como un material que serve máis alá que de soporte dun moedeiro
ou dunha carteira: que o límite no traballo neste material está na imaxinación
da persoa que o traballa, no agarimo co que o trata e o respecto á súa nobreza.
Finesse,
delicadeza, ese era o consello que Al Stohlman lle daba a cada un dos
seus aprendices. Delicadeza, agarimo, repecto, son as ferramentas que cada día
centos de artesáns seguen empregando para que cada una das pezas que fan
realidade conteña estes sentimentos. Así o sentimos cando o cortamos, o cosemos
ou o transformamos con calquera das técnicas
do oficio.
Os
antigos oficios do coiro mantéñense, transfórmanse ou se modernizan, pero a
materia é a mesma e ofrécesenos con infinidade de posibilidades: o repuxado, o
labrado, o estampado, o modelado, o trenzado… técnicas milenarias nas mans dos
que hoxe as traballan e innovan.
Organiza: Escola Municipal de Artes e Oficios
Comisario: Pepe Pereira (mestre do Obradoiro de Artesanía en Coiro da EMAO)
Ningún comentario:
Publicar un comentario