luns, 17 de febreiro de 2014

A visita da Semana

O pasado martes 11 ó mediodia chegou á Escola o Mestre Artesán Louis Landwehr. Louis, representa a unha xeración de traballadores do coiro que non só o traballan, senon que o aman e o sinten... O Movemento
Louis está de vacacións en España, e comezou o seu tour o pasado sábado dende a súa casa en Hombrechtikon e o domingo pola noite chegou a Oviedo, Louise vai recorrer España coñecendo ós seus amigos de Facebook, e a nos nos visitou grazas a que o noso amigo Julian Sañudo lle falou moi ben de nós.
Luis estivo con nós ata o xoves e a pesar de estar de vacacións non parou de traballar nin un so momento, os alumnos de Perfeccionamento 1 aprenderon a coser con fío de xeito reforzado empregando un pony de costura o martes pola tarde. 
O mercores pola mañan visitou as cadeiras de coiro labrado e os guadamecís do Museo de Pontevedra, e a primeira hora da tarde me deu unhas clases particulares de afiado de ferramentas de corte, e ás 17.30, se enfrentou a unha clase maxistral con máis de 60 alumnos ós que lles ensinou u tipo de nudo de cabeza de turco. 
O Xoves pola mañán compartiu a clase de iniciación de mañán, ós que puideron aprender a realizar un nudo de cabeza de turco. Pola tarde ós alumnos de Perfeccionamento 1 lles deu tempo a preguntarlle dubidas sobre a elaboración do nudo que nos explicou na Master Class, e nos amosou como se emprega unha máquina para a elaboración e preparación de tireta chamada Lace Master.
O máis importante de todo é o interese que Louis demostrou pola nosa Escola e polo noso traballo. Unha das ensinanzas que nos transmitiu é o cariño, incluso Amor, que se lle pode ter ó oficio e sobre todo ó Coiro, algo que pode facer que un home viaxe so máis de 2000 kilometros, coa maleta cha de ferramentas, coiro, queixo e chocolate... o que isto baixo o meu punto de vista representa é que o que facemos na Escola  e coñecido e valorado así que o que nos queda é seguir traballando e esforzandonos por facelo mellor, para que os grandes mestres acrecenten o seu interés por nós.
No plano personal esta visita  me axudou moito a comprender a historia  presente do traballo do coiro, me achegou a un número un a nivel mundial, e puiden aprender moito, máis ben moitísimo... aprendín que adicarlle tempo ó oficio non sirve de nada se non o fas con cariño, e como dixo él hai que facer as cousas mal tres veces antes de facela ben, porque así aprenderemos a facela mellor. Xa sei oque quero ser de maior, eu quero ser como Louis...
Por último Louis deixou un consello para o noso Muro da Fama, que a partir de esta tarde poderedes ler.

Louis con un grupo de alumnos durante a Master Class

Louis Facendo unha trenza de media caña de oito cabos

Louis Cortando un  anaco de coiro

Louis cosendo no stitchin clamp que inventou

Alumnos esperando na biblioteca a que comezase a Master Class 

A Master Class
 
Louis explicando a cabeza de turco, axudado por Edith(P1) que fixo de traductora


Louis transferindo un debuxo cunha ferramenta de invencion propia

Afilando unha Medialúa

Explicandolle a Carlos Corral a imporatancia do pulido no afiado


Coa clase de Iniciación A facendo unha Cabeza de Turco

Durante a Master Class

Trenzando na Clase

Ningún comentario:

Publicar un comentario