mércores, 29 de xuño de 2016

PFI(1)

Como parte do plan de Estudos da Emao durante o curso Superior se desenvolve o PFI( Produto Final Integrado), aquí nvos deixamos algunhas dos Produtos de este ano.
Iria, Perfeccionamento 2

Eugenia, Superior A

Nieves, Superior A

Viki, Superior A

Alejandro, Superior B

Maria, Superior B

Rosa Pérez, Superior B

Lito, Superior B

venres, 17 de xuño de 2016

Convocatorias

O curso xa está a rematar, e nos estamos a mil por hora traballando para aproveitar ata o último alento do curso.
Hoxe se publican as convocatorias do curso que ven, para todas as especialidades da EMAO, e por primeira vez da convocatoria dos cursos monográficos que terán lugar durante a primeira quincena de Xullo, aquí vos deixo as ligazóns para que teñades máis información.
Cursos de Veran.- http://hoxe.vigo.org/pdf/educacion/emao/Cursos_veran_2016_EMAO.pdf
Curso 2016-17- http://hoxe.vigo.org/movemonos/emao17.php?lang=cas


mércores, 11 de maio de 2016

Xornadas dos Oficios do Coiro 2016

Un ano máis, e xa van catro, Allariz convertíuse na capital Ibérica do Coiro.
Mércores, Xoves e Venres Juan J. García Olmedo impartíu un curso de Guadamecil tradicional ó que asistíu Sandra Morales de Perfeccionamento 2, que pronto nos amosará o traballo realizado.
Con motivo do Mercado que ía ter lugar na fin de semana Andrés e Angel, de Tandy Leather chegaron o mercores para montar o seu stand, e así o xoves pola tarde, Andrés se desplazou ata a EMAO, para facernos unha presentación das novidades do seu catalogo e a amosarnos como empregar os seus tintes.
O xoves tamén recibimos avisita da nosa amiga Cristina(Yuna) que veu con Hugo dende Asturias, ela é amiga da nosa especialidade dende hai tempo e tiñ ganas de coñecer a Escola, e a sorpresa foi Hugo, gran coñecedor da Historia da nosa Escola, gaiteiro que ademáis puido coñecer a Carlos Corral.














O sábado foi o día grande, e foron moitos os alumnos que se desplazaron ata Allariz para participar das diferentes actividades, as actividades foron variadas, tres Obradoiros impartidos por Mestres, Unha Interveción Colectiva dirixida por Nelson Gómez Callejas, un de Caperuzas para cetrería impartido  Jose Luis Fernandez Teijeiro e en tres quendas un de Modelado en Húmido impartido por Michael Nadeau.
Algúns dos nosos alumnos participaron tamen como asisitentes, e colaboraron na elaboración da  Peza Colectiva, unha Mandala formada por 15 Mandalas de pequeno formato que diferentes artesáns e colectivos como a EMAO.