Mércores, Xoves e Venres Juan J. García Olmedo impartíu un curso de Guadamecil tradicional ó que asistíu Sandra Morales de Perfeccionamento 2, que pronto nos amosará o traballo realizado.
Con motivo do Mercado que ía ter lugar na fin de semana Andrés e Angel, de Tandy Leather chegaron o mercores para montar o seu stand, e así o xoves pola tarde, Andrés se desplazou ata a EMAO, para facernos unha presentación das novidades do seu catalogo e a amosarnos como empregar os seus tintes.
O xoves tamén recibimos avisita da nosa amiga Cristina(Yuna) que veu con Hugo dende Asturias, ela é amiga da nosa especialidade dende hai tempo e tiñ ganas de coñecer a Escola, e a sorpresa foi Hugo, gran coñecedor da Historia da nosa Escola, gaiteiro que ademáis puido coñecer a Carlos Corral.
O sábado foi o día grande, e foron moitos os alumnos que se desplazaron ata Allariz para participar das diferentes actividades, as actividades foron variadas, tres Obradoiros impartidos por Mestres, Unha Interveción Colectiva dirixida por Nelson Gómez Callejas, un de Caperuzas para cetrería impartido Jose Luis Fernandez Teijeiro e en tres quendas un de Modelado en Húmido impartido por Michael Nadeau.
Algúns dos nosos alumnos participaron tamen como asisitentes, e colaboraron na elaboración da Peza Colectiva, unha Mandala formada por 15 Mandalas de pequeno formato que diferentes artesáns e colectivos como a EMAO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario