venres, 7 de marzo de 2014

Expoñendo

Cartaz da Expo
Dende o pasado 14 de Febreiro e ata o 14 de Marzo en Madrid no Museo de Artes y Tradiciones Populares, se esta mostrando a Exposición "Antropología del Cuero"
Os artífices de esta exquisita selección son os nosos  amigos de Artcuero, Alex, Sara e Michael. Grazas a Angeles de Iniciación A, Lourdes de P2A e iria de PI podemos amosarvos algunhas das fotos das pezas que están a exhibir. Ademáis esta fin de semana Juan e Susana de Iniciación B van tamén a ser testemuñas.
 Así que xa sabedes, os que teñades a oportunidade de visitala xa sabedes ata o venres que ven... E proximamente máis fotos e videos en primeira Persoa... Na mostra se exhiben tamén pezas pirograbadas de Carmen Sanz, (Signatus). Como Podedes ver a exposión foi a seguinte parada da viaxe de Louis Landwehr a traves do coiro por España.
Noraboa ó Equipo de ArtCuero, Especialmente ó Maestro Michael Nadeau polo bo traballo realizado.
E moitísimas grazas a Iría de PI, a Angeles de Iniciación A, e a Lourdes de P2a polas fotos que compartiron con nós

Arte Guadamecí, Alex, Sara, Louis, Michael e Tony Cueros




























Esta tarde na sala de Exposicións do BBVA, enfrente da Escola, se Inaugura a exposición da Mestra de Pintura da Escola, Paula Mariño, baixo o nome de "Low Cost" .
Dende aqúi unha aperta para Paula e moitísima Sorte.

domingo, 23 de febreiro de 2014

Estampando....

Agora que xa todo está máis tranquilo podemos amosarvos o que entre os obradoiros de Serigrafía Artística e Artesanía en Coiro, as probas finais coincidiron a mesma semana que recibimos a visita de Louis Landwehr, así que aquí podedes ver o que fixemos empregando o tórculo, a prensa de grabado e unha prensa mecánica. Estampando on PhotoPeach

luns, 17 de febreiro de 2014

A visita da Semana

O pasado martes 11 ó mediodia chegou á Escola o Mestre Artesán Louis Landwehr. Louis, representa a unha xeración de traballadores do coiro que non só o traballan, senon que o aman e o sinten... O Movemento
Louis está de vacacións en España, e comezou o seu tour o pasado sábado dende a súa casa en Hombrechtikon e o domingo pola noite chegou a Oviedo, Louise vai recorrer España coñecendo ós seus amigos de Facebook, e a nos nos visitou grazas a que o noso amigo Julian Sañudo lle falou moi ben de nós.
Luis estivo con nós ata o xoves e a pesar de estar de vacacións non parou de traballar nin un so momento, os alumnos de Perfeccionamento 1 aprenderon a coser con fío de xeito reforzado empregando un pony de costura o martes pola tarde. 
O mercores pola mañan visitou as cadeiras de coiro labrado e os guadamecís do Museo de Pontevedra, e a primeira hora da tarde me deu unhas clases particulares de afiado de ferramentas de corte, e ás 17.30, se enfrentou a unha clase maxistral con máis de 60 alumnos ós que lles ensinou u tipo de nudo de cabeza de turco. 
O Xoves pola mañán compartiu a clase de iniciación de mañán, ós que puideron aprender a realizar un nudo de cabeza de turco. Pola tarde ós alumnos de Perfeccionamento 1 lles deu tempo a preguntarlle dubidas sobre a elaboración do nudo que nos explicou na Master Class, e nos amosou como se emprega unha máquina para a elaboración e preparación de tireta chamada Lace Master.
O máis importante de todo é o interese que Louis demostrou pola nosa Escola e polo noso traballo. Unha das ensinanzas que nos transmitiu é o cariño, incluso Amor, que se lle pode ter ó oficio e sobre todo ó Coiro, algo que pode facer que un home viaxe so máis de 2000 kilometros, coa maleta cha de ferramentas, coiro, queixo e chocolate... o que isto baixo o meu punto de vista representa é que o que facemos na Escola  e coñecido e valorado así que o que nos queda é seguir traballando e esforzandonos por facelo mellor, para que os grandes mestres acrecenten o seu interés por nós.
No plano personal esta visita  me axudou moito a comprender a historia  presente do traballo do coiro, me achegou a un número un a nivel mundial, e puiden aprender moito, máis ben moitísimo... aprendín que adicarlle tempo ó oficio non sirve de nada se non o fas con cariño, e como dixo él hai que facer as cousas mal tres veces antes de facela ben, porque así aprenderemos a facela mellor. Xa sei oque quero ser de maior, eu quero ser como Louis...
Por último Louis deixou un consello para o noso Muro da Fama, que a partir de esta tarde poderedes ler.

Louis con un grupo de alumnos durante a Master Class

Louis Facendo unha trenza de media caña de oito cabos

Louis Cortando un  anaco de coiro

Louis cosendo no stitchin clamp que inventou

Alumnos esperando na biblioteca a que comezase a Master Class 

A Master Class
 
Louis explicando a cabeza de turco, axudado por Edith(P1) que fixo de traductora


Louis transferindo un debuxo cunha ferramenta de invencion propia

Afilando unha Medialúa

Explicandolle a Carlos Corral a imporatancia do pulido no afiado


Coa clase de Iniciación A facendo unha Cabeza de Turco

Durante a Master Class

Trenzando na Clase

mércores, 12 de febreiro de 2014

O Maestro suizo

Dende terras suizas chegou hoxe á Emao o Mestro Artesán Louise Landwehr, e tras compartir a tarde con Perfeccionamento 2 b  e Perfeccionamento 1 se está a preparar para mañán ensinarnos dun xeito moi divertido... Benvido e moitísimas Grazas

xoves, 6 de febreiro de 2014

Seguimos Estampando

Estes son os estampados que fixemos esta semana, esperamos que vos gusten
Rafa P2b
Rafa P2b


Pepe

Pepe

Vane P2a

Vane P2a

Vane P2a

Pepe

Pepe

Pepe

Pepe

Pepe

Pepe

Pepe

Pepe

venres, 31 de xaneiro de 2014

Estampando...

Os alumnos de Perfeccionamento 2 B foron os primeiros en facelo , e o lúns empezarán os de Perfeccionameto 2A, a xogar cos troqueis e os mateadores para tratar de conseguir novas formas.
O primeiro que fixemos foi sentar as bases da diferencia entre un troquel e un mateador e despois coñecer os diferentes tipos de mateadores. Cada un dos alumnos xogou cos mateadores que o profesor lles adxudicou, e aprenderon o uso máis corrente de cada tipo e por último xogaron na busqueda de novas combinacións.
Alex

Añadir leyenda

Ania

Ania
David
Mariña


 
Raquel G

Mariña






David


venres, 17 de xaneiro de 2014

Entrevista a Rafael Varo Atalaya

 Para Romper a parentese das vacacións volvemos á normalidade da mán dun dos Maestros  que conservan e manteñen unha parte do oficio que sen dubida representa un fito na Historia da Arte en Coiro os guadamecíes, tradicionais da cultura da súa cidade, Córdoba. Rafael Varo Atalaya a quen dende Vigo lle envíamos unha aperta e unha Mensaxe, "Esperamoste"

-¿Como empezaches no coiro?
O meu comezo no coiro foi un pouco casual, estaba a estudar "deseño publicitario" pero dedicarme á publicidade non me seducía.
-¿Como descubriches o nobre material?
Me pasaron uns retallos de coiro e empecei a facer cousiñas e engánchoume... logo metinme na especialidade de "Coiros Artísticos" e dende entón non parei case 30 anos e fixen de todo.
-¿Que ten o coiro que non teña outro material?
 Isto é difícil de explicar... algo ten que engancha.
                                                   -¿Dentro das técnicas que coñeces cal é a túa favorita?
Coraza Romana Anatómica
Hai moitas técnicas que me gustan, das tradicionais os guadamecíes, o que pasa é que estou continuamente inventando novas técnicas máis orixinais e persoais que englobo en "pintura sobre coiro" e son estás novas técnicas as miñas favoritas.
-¿Que peza tes ganas de facer e aínda non fixeches?
Pintura sobre Coiro
Un mural tridimensional de grandes dimensións.
-¿Que consello lle darías a alguén que está a empezar?
Que hai que investigar e aprender de todo canto vexas pero sendo orixinal.
-¿Tes algunha ferramenta "especial"?
 As mellores ferramentas son aquelas que un se fabrica dependendo das necesidades do momento, burís, mateadores, recanteadores...
Máis info sobre Rafael e o seu Traballo en (http://www.cuerosghadames.com/)





















Cordoban Tridimensional