venres, 22 de xuño de 2012

Mini zapatos

Manuel PIA
Xa a piques de rematar o curso aquí tedes una par de pezas que se remataron esta semana, se trata de miniaturas de mocasins e sandalias, elaboradas como proba, as sandalias pertencen a Iniciación e os mocasíns a Perfeccionamento I. Esperamos que vos gusten... 
Raquel e Raquel Iniciación


Teresa PIA

Gaudencio PIA

Raquel PIA

venres, 15 de xuño de 2012

A EMAO conquistando Vigo

Vigo arde culturalmente polos catro costados, e a EMAO é quén está a provocar este lume.
Primeiro lume-Hoxe ás 20,30 H, terá lugar no Auditorio da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, un concerto a cargo do departamento deMúsica Antiga do Conservatorio "MANUEL QUIROGA" de Pontevedra.
Esta actuación forma parte das actividades de colaboración que desde hai anos mantén ese Centro de ensino coa EMAO, especialmente co obradoiro de Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (CAIM-Luthería antiga).
Unha estupenda oportunidade para escoitar, en vivo, música dos séculos XVI, XVII e XVIII, interpretada cos seus instrumentos orixinais: viola de gamba, teorba, guitarra barroca, frauta de bico…
A entrada é libre ata completar o aforo
Segundo lume-O alumnado dos distintos niveis da especialidade de Pintura da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, organizou unha mostra colectiva cos seus traballos pictóricos que, baixo o título "Abstracción Sine qua non", terá lugar na sala de Exposicións do BBVA entre os días 1 e 21 de xuño. A exposición está coordinada pola mestra de Pintura da EMAO, Paula Mariño.
Unha oportunidade de apreciar os resultados creativos da aprendizaxe na nosa Escola.

DATOS EXPOSICIÓN:
TÍTULO: Abstracción sine qua non
LUGAR: Sala de Exposicións do BBVA (r/ García Barbón,2 -2º andar)
DATAS: do 1 ao 21 de xuño
HORARIO: de 17 a 21 horas de luns a venres



Terceiro e cuarto lume- O mestre de Serigrafía Artistica da Escola inaugurou onte dúas exosicións na cidade, unha na Casa das Artes e a outra "Detrás do Marco" que estarán abertas ata o vindeiro 15 de Xullo.










Así pois, a traballar para segguir dando ¡LUME!

luns, 11 de xuño de 2012

Aula Aberta e abrindo aula...

Algunhas das pezas de Noemí.

O venres da semana pasada volveu de Genalguacil (Málaga)  Noemí, alumna de Aula Aberta, que estivo uns días realizando un curso co MESTRE José Luis Bazán, as pezas que troxo para amosarnos son incríbles, aquí podedes ver algunhas e vós me contaredes... A verdade é que polo que dixo Noemí aprendeu moitísimo do gran mestre, dende aquí e morrendo de envexa enviamoslle un forte abrazo.
http://www.artenazari.com/


Andrea Torneando un brazalete
Por outra banda está maña estivemos no obradoiro de CAIM. da Escola elaborando unha das pezas do traballo do proxecto de Andrea Piñeiro. A mañá pasou enseguida entre tornos, e o resultado xa vos adianto que foi incríble. O torneado do coiro está ainda en fase experimental pero cada peza supera as expectativas plantexadas...

venres, 8 de xuño de 2012

De ben nacidos é ser agradecido

Como comentou Anónimo na anterior entrada "de ben nacidos é ser agradecido" Así pois grazas a catro persoas especialmente, Tony, Charlie, Brian e Lien, estes catro nomes resumen  a un amplo équipo de traballo o de TLF. Grazas por apostar por nós e por axudarme a facer as máis das entradas de este ano, grazas personalmente polo trato recibido, polo interese no nóso traballo e por as continuas demostración de interese. Grazas ós fundadores da nosa Escola e a todos os que co seu traballo por ela fixeron que a nosa Escola esté onde está e seguirá estando. Nós dende aquí seguimos traballando, para non baixar o listón e seguir traballando para que os Oficios, no meu caso os do coiro, non se perdan e os artesáns do presente e os do futuro conservemos a tradición e non se perda nin unha soa técnica, ferramenta, peza ou calquera outra parte do oficio.
Así pois, GRAZAS...

As it commented Anonymous in the entered previous one "of well borne it is to be thanked" for So thanks to four people, especially Tony, Charlie, Brian and Lien, these four names summarize to a wide equipment of work that of TLF. Graces for betting for us and for helping me do the more of the entries of this year, graces personally for the received treatment, for the interest in our work and for the continuous ones demonstration of interest. Thanks to the founders of our School and to all those that with his work for it made our School be where it is and will continue being. We from here continue working, so that does not lower the lath and it continues working so that the Crafts, in my case those of the leather, are not lost and we, the craftsmen of the present and those of the future, preserve the tradition and itself does not waste even a single technique, tools, piece or any other part of the crafts.

So, THANK YOU A LOT...

xoves, 31 de maio de 2012

Menudo Agasallo

Como xa contei nas miñas viaxes a Jerez de la Frontera, tanto cando coñecín ó mestre Tony Laier coma cando coñecín a Charlie Davenport, levei como tarxeta de presentación  un dossier coa historia da nosa Escola e fotografías dos traballos dos nosos alumnos. Estas fotografías aparecían no dossier coa descripción da técnica, o material e o nome do autor ou autora. Pois ben, acaban de facernos un gran agasallo, Charlie Davenport, o Social Media Manager da compañía Texana acaba de publicar no blog da súa  empresa as fotos dos nosos traballos. Así que parabéns. Creou unha pestana no lateral do blog, o importante, para mín é que estamos aparte da chamada Guest Gallery (galería de invitados). Así pois grazas e parabens outra vez polo voso traballo.
http://blog.leathercraftlibrary.com/galleries/escola-municipal-de-artes-e-oficios-do-concello-de-vigo/
Moitisimas Grazas Charlie.

xoves, 24 de maio de 2012

O Coiro tamén chora

Peza de María Velilla PII, que ilustra as bágoas
que o coiro derrama hoxe.
Hoxe é un día moi triste para nós, xa que me acabo de enterar que hai un de vós que xa non está. Falta Luís, o nóso compañeiro de Iniciación A, xa non está...
Vamos a botar de menos a súa alegría, as súas prisas por rematar, as súas pulseiras, xa non teremos a quen chamar Ángel, xa ninguen dirá iso de "los que llevamos trenzas", as ensaimadas non nos van a saber igual...
Non teño moito máis que poder dicir porque as palabras non me saén. Só sei que o vamos a botar moitísimo de menos,  e que o lúns a clase non vai ser igual, porque vai haber unha cadeira valeira na clase, cada vez que chamen á porta esperaremos que sexa el, pero me temo que non  vai ser así aínda que de Luís se pode esperar todo, como a súa última visita en cadeira de rodas á clase, na que cando sorprendidos o vimos entrar pola porta mirando as nosas caras de de sorpresa dixo algo así como " se non veño eu quen lle vai a tocar as narices ó profe"
O coiro chora, as nosas ferramentas están tristes, pero máis tristes estamos nós...
Ata sempre Luis... unha aperta.


Carta publicada no Progreso de Lugo que fala sobre Luis

mércores, 23 de maio de 2012

Bolsos

Xa recuperado da gorxa e sen febre aquí estamos outra vez, con forzas para este último mes que nos queda de curso, así que para que vos inspiredes e entre todos tempregguemos as nosas forzas para dalo todo vos deixo un aperitivo do que se fai na clase. Espero que vos guste.
Ania PIB

Carmen PIA

Luisa PII